Examen Auxiliar administrativo SERGAS 2019: preguntas y respuestas oficiales

Exámenes Auxiliar administrativo SERGAS › Examen 2019

Todas las preguntas del examen oficial de Auxiliar administrativo del SERGAS de 2019 (OPE 2017), en gallego tal como se publicó, con la respuesta correcta de la plantilla oficial. Las explicaciones de cada pregunta están en la práctica.

Respuestas según la plantilla provisional: la definitiva no está publicada en la web del SERGAS.

¿Quieres saber por qué es esa la respuesta? Practica este examen con cronómetro, tu nota y la explicación de cada pregunta. Practicar gratis

Parte específica · preguntas teóricas

  1. En que prazo deberán comunicar os centros sanitarios á Comisión Periférica de Seguimento do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia os cesamentos que se produzan pola non superación do período de proba da persoa aspirante?

    1. 15 días.
    2. 5 días.
    3. 30 días.
    4. 10 días.

    Respuesta correcta: d)

  2. Cal das seguintes características non se atopa no concepto de comunicación?

    1. A relación establecida entre un emisor e un receptor de forma interpersoal.
    2. É simple transmisión de contidos unidireccionais.
    3. Lévanos a compartir un mesmo código.
    4. Dáse no diálogo grazas ao feedback ou retroalimentación.

    Respuesta correcta: b)

  3. Segundo o Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, é persoal estatutario de xestión e servizos:

    1. Quen ostenta tal condición en virtude de nomeamento expedido para o desempeño de funcións de xestión ou para o desenvolvemento de profesións ou oficios que non teñan carácter sanitario.
    2. Quen ostenta esta condición en virtude de nomeamento expedido para o exercicio dunha profesión ou especialidade sanitaria.
    3. Quen ostenta tal condición en virtude de nomeamenoto expedido para o desempeño de funcións de xestión ou para o desenvolvemento de profesións ou oficios no ámbito sanitario.
    4. Ningunha resposta é correcta.

    Respuesta correcta: a)

  4. Cal das seguintes non é unha función do Consello da Xunta, segundo o artigo 6 da Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia:

    1. A determinación das directrices básicas de política económica e financeira, de acordo co Estatuto de Autonomía de Galicia.
    2. A autorización dos gastos que segundo as Leis requiran a súa aprobación.
    3. A aprobación dos Regulamentos para a súa aplicación.
    4. A elaboración do anteproxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma.

    Respuesta correcta: d)

  5. Cal dos seguintes non integra o Sistema Único de Rexistro?

    1. Rexistro xeral.
    2. Rexistro telefónico.
    3. Rexistro electrónico.
    4. Rexistro auxiliar.

    Respuesta correcta: b)

  6. De acordo co artigo 28 do Real Decreto 521/1987, do 15 de abril, no relativo a todo ingreso ou consulta no hospital, sinale a opción incorrecta:

    1. Os pacientes non beneficiarios da Seguridade Social terán idénticos sistemas de acceso aos hospitais que os beneficiarios.
    2. A lista de espera será única.
    3. Todo ingreso ou consulta realizarase sempre a través do Servizo ou Unidade de Admisión.
    4. O persoal do hospital poderá recibir directamente honorarios ou ingresos por servizos prestados no hospital aos pacientes.

    Respuesta correcta: d)

  7. Conforme o artigo 4 do Real Decreto 183/2004, do 30 de xaneiro, polo que se regula a tarxeta sanitaria individual, o CIP:

    1. Actuará como clave de vinculación dos diferentes códigos de identificación persoal autonómicos que cada persoa poida ter asignada ao longo da súa vida.
    2. Terá carácter irrepetible.
    3. Facilitará a búsqueda de información sanitaria dun paciente do Sistema Nacional de Saúde.
    4. Todas as respostas anteriores son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  8. Indique cal das seguintes é función da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma como centro directivo:

    1. Coñecer o movemento e situación da Tesourería.
    2. Inspeccionar a contabilidade de toda clase de organismos públicos da Comunidade Autónoma.
    3. Facilitar os datos e outros antecedentes necesarios para a confección das contas económicas do sector público estatal.
    4. Rexistrar a execución dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma nas súas distintas fases.

    Respuesta correcta: b)

  9. De acordo coa Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia, a débeda e demais operacións de crédito concertadas pola Comunidade ou polos seus organismos autónomos por prazo superior a un ano destinaranse exclusivamente:

    1. A gastos correntes.
    2. A investimentos reais.
    3. A gastos de capital.
    4. A gastos financeiros.

    Respuesta correcta: c)

  10. Non é unha función de Admisión de Ingresos, dentro do Servizo de Admisión:

    1. Solicitude e programación de ingresos.
    2. Xestión de camas.
    3. Rexistro de episodio de hospitalización.
    4. Canalización de reclamacións e queixas.

    Respuesta correcta: d)

  11. De acordo co establecido no artigo 9 do Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, o Sistema de Seguridade Social vén integrado por réximes. Indique a resposta correcta:

    1. Réxime xeral e réximes específicos.
    2. Un réxime xeral e o réxime dos traballadores do mar.
    3. Un réxime xeral e réximes especiais.
    4. Réxime xeral e réximes singulares de autónomos e funcionarios públicos.

    Respuesta correcta: c)

  12. Á parte lóxica da informática coñéceselle como:

    1. Hardware.
    2. Byte.
    3. Palabra.
    4. Software.

    Respuesta correcta: d)

  13. A declaración de nulidade dos actos preparatorios do contrato ou da adxudicación, cando sexa firme, levará consigo:

    1. A nulidade do contrato, que entrará en fase de liquidación.
    2. A anulabilidade do contrato, e poderase solicitar a súa liquidación.
    3. A nulidade do contrato, que entrará en fase de liquidación, salvo resolución expresa en contrario.
    4. A anulabilidade do contrato, que entrará en fase de liquidación, salvo resolución expresa en contrario.

    Respuesta correcta: a)

  14. Segundo a información recollida no Manual de Calidade e Seguridade do Paciente de maio de 2018, a tarxeta sanitaria única do SERGAS poderá solicitarse por primeira vez:

    1. Na intranet da páxina web do SERGAS, sen necesidade de dispoñer de certificado dixital ou de DNI electrónico.
    2. Presencialmente no mostrador de Atención ao Paciente dun Centro de Saúde próximo.
    3. Presencialmente no Servizo de Admisión dun Hospital próximo.
    4. Por teléfono na Consellería de Sanidade.

    Respuesta correcta: b)

  15. De acordo co artigo 50 da Lei de Contratos do Sector Público, o procedemento de recurso especial en materia de contratación iniciarase mediante escrito que deberá presentarse no prazo de:

    1. Quince días hábiles.
    2. Vinte días hábiles.
    3. Trinta días hábiles.
    4. Dez días hábiles.

    Respuesta correcta: a)

  16. Segundo o artigo 57.1 da Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade no Sistema Nacional de Saúde, a tarxeta sanitaria individual é:

    1. Un documento clínico.
    2. Un documento administrativo.
    3. Un documento xurídico.
    4. Un documento privado.

    Respuesta correcta: b)

  17. Segundo o Real Decreto 521/1987, do 15 de abril, e de forma xeral, o Servizo de Atención ao Paciente está adscrito a:

    1. Xerencia.
    2. División Médica.
    3. Comisión de Benestar Social.
    4. División de Xestión e Servizos Centrais.

    Respuesta correcta: a)

  18. Conforme ao indicado no artigo 13.2 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, o responsable do tratamento indicará ao interesado a existencia do dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais e a súa rectificación ou supresión ou a limitación do seu tratamento ou a opoñerse ao tratamento, asi como o dereito á portabilidade dos datos. En que momento debe facilitar esa información?:

    1. No momento en que se obteñan os datos.
    2. No instante en que o solicite o interesado.
    3. No prazo máximo de 10 días desde que se teña acceso aos datos.
    4. Só se facilitarán se o interesado presenta unha reclamación.

    Respuesta correcta: a)

  19. O sistema de rexistro deberá garantir a constancia, en cada asento que se practique, de todos os elementos seguintes agás un:

    1. Un número de rexistro.
    2. Data do documento e hora da redacción.
    3. Identificación do/a interesado/a.
    4. Referencia ao contido do escrito ou comunicación que se rexistra.

    Respuesta correcta: b)

  20. No caso de que se produzan empates de puntuación á hora de establecer a orde de prelación das persoas aspirantes na lista, obtendo ademais a mesma puntuación na fase de oposición, de acordo co Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, resolveranse:

    1. En aplicación do criterio de maior idade, a continuación a favor da persoa que acredite maior puntuación no apartado de experiencia profesional e en último lugar, a data interna de alta da inscrición en Fides, priorizando a máis nova.
    2. A favor da persoa que acredite maior puntuación no apartado de experiencia profesional, a continuación aplicarase o criterio de maior idade e en último lugar, a data interna de alta da inscrición en Fides, priorizando a máis antiga.
    3. En aplicación do criterio de maior idade, a continuación a favor da persoa que acredite maior puntuación no apartado de experiencia profesional e en último lugar, a data interna de alta da inscrición en Fides, priorizando a máis antiga.
    4. En aplicación da data interna de alta da inscrición en Fides, priorizando a máis antiga, a continuación a favor da persoa que acredite maior puntuación no apartado de experiencia profesional e, en último lugar en aplicación do criterio de maior idade.

    Respuesta correcta: b)

  21. En relación co acceso ás historias clínicas dos pacientes (artigo 19 da Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, modificada pola Lei 3/2005, do 7 de marzo), sinale a resposta INCORRECTA:

    1. O dereito ao acceso do paciente á documentación da historia clínica non pode exercitarse en prexuízo do dereito de terceiras persoas á confidencialidade dos datos que constan nela recolleitos en interese terapéutico do paciente.
    2. Os profesionais participantes na elaboración da documentación da historia clínica non poden opoñerse ao dereito de acceso ás anotacións subxectivas que figuren na mesma.
    3. O acceso por outras persoas distintas ao paciente á información contida na historia clínica deberá estar xustificado pola atención sanitaria do mesmo.
    4. Os centros sanitarios e os facultativos de exercicio individual só facilitarán o acceso á historia clínica dos pacientes falecidos ás persoas vinculadas a el por razóns familiares ou de feito, salvo que o falecido o prohibise expresamente e así se acredite.

    Respuesta correcta: b)

  22. De acordo coa Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia, nos contratos de obra de carácter plurianual, con excepción dos realizados baixo a modalidade de abono total do prezo, efectuarase unha retención adicional de crédito:

    1. Do 5 % do importe de adxudicación que se aplicará ao exercicio en que finalice o prazo fixado no contrato para a terminación da obra ou ao seguinte, segundo o momento en que finalice o prazo fixado no contrato para a terminación da obra.
    2. Do 10 % do importe de adxudicación que se aplicará ao exercicio en que finalice o prazo fixado no contrato para a terminación da obra ou ao seguinte, segundo o momento en que se prevexa realizar o pago da certificación final.
    3. Do 10 % do importe de adxudicación que se aplicará ao exercicio en que finalice o prazo fixado no contrato para a terminación da obra ou ao seguinte, segundo o momento en que finalice o prazo fixado no contrato para a terminación da obra.
    4. Do 5 % do importe de adxudicación que se aplicará ao exercicio en que finalice o prazo fixado no contrato para a terminación da obra ou ao seguinte, segundo o momento en que se prevexa realizar o pago da certificación final.

    Respuesta correcta: b)

  23. Para que calquera dispositivo ou periférico funcione correctamente, fai falla incluírlle ao sistema operativo uns ficheiros ou programas que se denominan:

    1. Rutinas.
    2. Controladores ou drivers.
    3. Programas de aplicación.
    4. Runtimes.

    Respuesta correcta: b)

  24. En relación co recurso potestativo de reposición, sinale de conformidade co establecido no artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resposta correcta:

    1. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso será de tres meses.
    2. Contra a resolución dun recurso de reposición procede interpoñer, se o desexa o interesado, un novo recurso de reposición ante o órgano superior.
    3. Unha vez interposto o recurso de reposición non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se teña producido a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
    4. O recurso de reposición debe presentarse ante o órgano superior da administracion que corresponda.

    Respuesta correcta: c)

  25. En relación co cómputo de prazos regulado no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, indique a resposta INCORRECTA:

    1. Son hábiles todas as horas do día se forman parte dun día hábil.
    2. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro dia hábil seguinte.
    3. A Administración xeral do Estado e as administracións das comunidades autónomas, con suxeición ao calendario laboral oficial, fixarán, nos seus respectivos ámbitos, o calendario de días hábiles e inhábiles a efectos de cómputos de prazos.
    4. Os prazos expresados por horas contaranse de hora en hora e de minuto en minuto desde a hora e minuto en que teña lugar a notificación ou publicación do acto de que se trate e non poderán ter unha duración superior a vinte e catro horas, nese caso expresaranse en días.

    Respuesta correcta: c)

  26. De que maneira se establece o dereito á intimidade no artigo 7 da Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e deberes en materia de información e documentación clínica?

    1. O dereito de toda persoa a que se respecte o carácter confidencial dos datos referidos á súa saúde e a que ninguén poida acceder a eles sen previa autorización amparada pola lei.
    2. O dereito a non ser gravada mediante fotografias ou vídeos nin ser obxecto de exposición en páxinas web sen autorización expresa.
    3. O dereito a que se reduza a presenza de profesionais, estudantes e investigadores que non colaboren directamente na atención sanitaria.
    4. As respostas a) e b) son correctas.

    Respuesta correcta: a)

  27. Un sitio web privado, ao que só se pode acceder desde a rede interna dunha empresa ou compañía, denomínase:

    1. Internet.
    2. Compartición en Rede.
    3. Extranet.
    4. Intranet.

    Respuesta correcta: d)

  28. Un sistema operativo, está formado por módulos. Cantos módulos forman a estrutura básica do sistema operativo?

    1. 1.
    2. 0.
    3. 4.
    4. 8.

    Respuesta correcta: c)

  29. O dereito para reclamar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial está suxeito a prescrición. Podería indicar de acordo co establecido no artigo 67.1, cal é o prazo de prescrición da reclamación?:

    1. Un ano desde que se produciu o feito ou o acto que motive a indemnización ou se manifeste o seu efecto lesivo.
    2. Cinco anos desde que se coñeza o resultado definitivo do dano ou a cuantificación económica do mesmo.
    3. Seis meses desde que se produciu o acto que motiva o dano.
    4. Dous anos desde que se produza o feito.

    Respuesta correcta: a)

  30. Dacordo co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, indique a resposta INCORRECTA:

    1. O prazo para interpoñer o recurso de alzada será de un mes, en todo caso.
    2. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de alzada é de tres meses.
    3. Contra a resolución dun recurso de alzada non caberá ningún outro recurso administrativo, agás o extraordinario de revisión.
    4. Transcorrido o prazo de tres meses para resolver e notificar a resolución do recurso de alzada, poderase entender desestimado o recurso.

    Respuesta correcta: a)

  31. O ruído na comunicación refírese a:

    1. A interferencia dos electrodomésticos.
    2. O ruído da rúa e do ambiente.
    3. O ruído de fondo das conversas alleas.
    4. O que impide de calquera forma unha comunicación correcta.

    Respuesta correcta: d)

  32. As siglas "www" que forman parte dos enderezos das páxinas web, que queren dicir?

    1. World Wide Web.
    2. Wide World Web.
    3. Winding Web World.
    4. Web World Winding.

    Respuesta correcta: a)

  33. Que xurisdición coñecerá dos efectos e a extinción dos contratos que celebren as entidades do sector público que non teñan o carácter de poderes adxudicadores a teor da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público?

    1. A xurisdición contencioso-administrativa.
    2. A xurisdición civil.
    3. Pode coñecer tanto a xurisdición contencioso-administrativa, como a xurisdición civil.
    4. Ningunha das respostas anteriores é correcta.

    Respuesta correcta: b)

  34. Que é Windows?

    1. Un examinador Web.
    2. Un motor de busca.
    3. Un sistema operativo.
    4. Un procesador de textos.

    Respuesta correcta: c)

  35. En relación co prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, indique de conformidade co artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a resposta correcta:

    1. Tres meses, para os actos producidos de forma presunta.
    2. Un mes desde a declaración de lesividade.
    3. Dous meses, se o acto que se impugna fora expreso.
    4. Quince días hábiles.

    Respuesta correcta: c)

  36. En cantas clases ordea os artigos almacenados a clasificación de Pareto?

    1. Catro: A, B, C e D.
    2. Tres: A, B e C.
    3. Cinco: A, B, C, D e E.
    4. Dous: A e B.

    Respuesta correcta: b)

  37. Jakobson estableceu diferentes funcións en relación aos elementos que interveñen na comunicación. Cal das seguintes non é unha función?

    1. Poética.
    2. Fáctica.
    3. Conativa ou apelativa.
    4. Metalingüística.

    Respuesta correcta: b)

  38. Teñen a consideración de accidentes de traballo os indicados no artigo 156 do Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social. Indique cal dos seguintes NON reúne esa consideración:

    1. Os que sofre o traballador ao ir ou ao volver ao lugar de traballo.
    2. Os que sofre o traballador con ocasión ou como consecuencia do desempeño de cargos electivos de carácter sindical.
    3. Os que sexan debidos a forza maior estraña ao traballo.
    4. As enfermidades ou defectos, padecidos con anterioridade polo traballador que se agraven como consecuencia da lesión constitutiva do accidente.

    Respuesta correcta: c)

  39. A definición de documento administrativo na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas é a seguinte:

    1. Enténdese por documentos públicos administrativos os validamente emitidos polos órganos das Administracións públicas.
    2. Son toda expresión testimonial en calquera linguaxe, forma ou soporte, xeralmente en exemplar único.
    3. Escritos en que constan datos fidedignos ou susceptibles de ser empregados como tales para probar algo.
    4. As solicitudes, escritos ou comunicacións que os cidadáns dirixan aos órganos das Administracións públicas en xeral.

    Respuesta correcta: a)

  40. Conforme ao establecido na Orde da Consellería de Sanidade que regula a tarxeta sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia, indique a resposta correcta:

    1. A difusión da Tarxeta Sanitaria será realizada pola Consellería de Sanidade.
    2. Designarase un responsable de implantación do sistema de tarxeta sanitaria en cada centro de atención primaria ou especializada que se determine.
    3. Os xerentes de atención primaria ou de atención especializada velarán pola implantación do sistema de tarxeta sanitaria nos seus respectivos ámbitos.
    4. Todas al respostas anteriores son correctas.

    Respuesta correcta: a)

¿Quieres saber por qué es esa la respuesta? Practica este examen con cronómetro, tu nota y la explicación de cada pregunta. Practicar gratis
  1. Cal dos seguintes é un documento administrativo das institucións sanitarias?

    1. Folla de interconsulta.
    2. Parte de lesións emitido polo Xulgado de Garda.
    3. Consentimento informado.
    4. Informe de alta.

    Respuesta correcta: b)

  2. Todas as persoas teñen dereito a acceder aos documentos que forman parte de procedementos rematados que se custodien no Sistema de Arquivos de Galicia:

    1. Si, sempre.
    2. Non, nunca.
    3. Si, agás naqueles casos en que concorran as excepcións ou límites previstos na Constitución e nas leis.
    4. Ningunha resposta é correcta.

    Respuesta correcta: c)

  3. A Lei 9/2017 establece que están suxeitos a regulación harmonizada os contratos de obras, de concesión de obras e de concesión de servizos cuxo valor estimado sexa igual ou superior a:

    1. 7.548.000 euros.
    2. 8.548.000 euros.
    3. 5.548.000 euros.
    4. 6.548.000 euros.

    Respuesta correcta: c)

  4. En relación coa afiliación á Seguridade Social, indique conforme ao establecido no artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, a resposta INCORRECTA:

    1. A afiliación á Seguridade Social só practicarase, en todo caso, polas persoas ou as entidades obrigadas a elo.
    2. As persoas interesadas poderán instar directamente a súa afiliación, baixa ou variación de datos no caso de que a quen incumbe esa obrigación non o faga.
    3. As empresas e os traballadores terán dereito a ser informados pola Administración da Seguridade Social acerca dos datos a eles referidos que obren nos mesmos.
    4. A afiliación pode practicarse de oficio pola Administración da Seguridade Social.

    Respuesta correcta: a)

  5. Dacordo co indicado no artigo 24 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos procedementos iniciados a solicitude do interesado ou interesada, sen prexuízo da resolución que a administración debe ditar, o vencemento do prazo máximo sen notificarse resolución expresa produce un dos seguintes efectos:

    1. Faculta ao interesado para considerar estimada a solicitude por silencio administrativo, en todo caso.
    2. O interesado pode considerar desestimada a solicitude a efectos de poder presentar o recurso potestativo de reposición.
    3. Os actos administrativos producidos por silencio administrativo poderanse facer valer tanto ante a administración como ante calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada.
    4. O certificado acreditativo do silencio producido expedirase de oficio polo órgano superior ao competente para resolver no prazo de trinta días desde que expire o prazo máximo para resolver o procedemento.

    Respuesta correcta: c)

  6. O artigo 12 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á transparencia da información establece diversas condicións para o responsable do tratamento. Das que se sinalan indique a que NON é correcta:

    1. A información non poderá facilitarse verbalmente, en ningún caso.
    2. A información será facilitada por escrito ou por outros medios incluídos os medios electrónicos.
    3. A información será facilitada polo responsable do tratamento de forma concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso.
    4. A información, en particular a dirixida especificamente a un neno, deberá facilitarse cunha linguaxe clara e sinxela.

    Respuesta correcta: a)

  7. O emisor, dentro do proceso de comunicación, é:

    1. O que reconstrúe a mensaxe.
    2. O que descodifica a mensaxe.
    3. O obxecto de que se fala.
    4. O que elabora e codifica a mensaxe.

    Respuesta correcta: d)

  8. O artigo 35 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, indica unha relación de actos que serán motivados con sucinta referencia de feitos e fundamentos de dereito. Indique cal dos seguintes NON se atopa nesa relación:

    1. Os actos que acepten probas propostas polos interesados.
    2. Os actos que se diten no exercicio de potestades discrecionais.
    3. Os actos que se diten en virtude de competencias delegadas.
    4. Os actos que se separen do criterio seguido en actuacións precedentes ou do ditame de órganos consultivos.

    Respuesta correcta: c)

  9. Cal dos seguintes non é un dos niveis do catálogo de produtos do Servizo Galego de Saúde?

    1. Grupo.
    2. Subgrupo.
    3. Familia.
    4. Concepto.

    Respuesta correcta: d)

  10. O Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia sinala que as reposicións en lista derivadas das solicitudes presentadas entre o día 16 e último de cada mes faranse efectivas:

    1. O día 1 do mes seguinte.
    2. O día 16 do mes seguinte.
    3. O día 15 do mes seguinte.
    4. O último día do mes seguinte.

    Respuesta correcta: c)

Parte específica · preguntas teóricas de reserva

  1. Con que antelación mínima deberá solicitarse a suspensión de chamamentos por asuntos propios sen xustificación regulada no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia?

    1. Cunha antelación mínima de 5 días á data da súa efectividade, quedando condicionada a súa autorización á existencia de suficientes aspirantes dispoñibles na lista e podendo abarcar o período estival, Nadal e Semana Santa.
    2. Cunha antelación mínima de 15 días á data da súa efectividade, quedando condicionada a súa autorización á existencia de suficientes aspirantes dispoñibles na lista e en ningún caso poderá abarcar o período estival, Nadal e Semana Santa.
    3. Cunha antelación mínima de 3 días á data da súa efectividade, quedando condicionada a súa autorización á existencia de suficientes aspirantes dispoñibles na lista e podendo abarcar o período estival, Nadal e Semana Santa.
    4. Cunha antelación mínima de 10 días á data da súa efectividade, quedando condicionada a súa autorización á existencia de suficientes aspirantes dispoñibles na lista e en ningún caso poderá abarcar o período estival, Nadal e Semana Santa.

    Respuesta correcta: b)

  2. O Servizo de Admisión e Documentación Clínica, para atender os obxectivos e funcións establecidas en relación coa xestión da historia clínica, non require:

    1. Dispoñer de recursos humanos con formación.
    2. Dispoñer de medios técnicos que faciliten o traballo de identificación da documentación.
    3. Dispoñer dun ficheiro índice de pacientes mecanografiado.
    4. Elaborar o manual de uso da historia clínica.

    Respuesta correcta: c)

  3. O escáner é un periférico de:

    1. Apuntador.
    2. Sinalador.
    3. Entrada.
    4. Saída.

    Respuesta correcta: c)

  4. Conforme ao establecido no artigo 24 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o certificado acreditativo do silencio producido nos procedementos iniciados a solicitude do interesado deben expedirse no prazo de?:

    1. 10 días desde que o solicite o interesado.
    2. 30 días desde que expire o tempo máximo para resolver o procedemento.
    3. 15 días desde que expire o prazo máximo para resolver o procedemento.
    4. 20 días desde que teña entrada no órgano competente.

    Respuesta correcta: c)

  5. Que tipo de información non proporcionará o Servizo de Atención ao Paciente?

    1. Sobre a organización do hospital, servizos dispoñibles, horario de funcionamento e de visitas.
    2. Sobre a tramitación de reclamacións por escrito.
    3. Sobre as actividades que poidan contribuír a axudar, facilitar e mellorar a estadía no hospital a pacientes e familiares.
    4. Sobre o diagnóstico e tratamento que deben recibir os pacientes unha vez dados de alta.

    Respuesta correcta: d)

Parte específica · supuestos prácticos

  1. De acordo co artigo 84 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o procedemento administrativo pode rematar de diversas formas. Unha das formas que se indican de seguido non está incluída no referido artigo. Indique cal:

    1. A declaración de caducidade.
    2. A resolución.
    3. A renuncia ao dereito no que fundaba o interesado a súa solicitude, en todo caso.
    4. O desestimento do interesado ou interesada.

    Respuesta correcta: c)

  2. O tratamento de datos será lícito se se cumpre polo menos unha das condicións que se establecen no artigo 6.1 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016. Das condicións que se sinalan a continuación sinale a que NON permite que o tratamento sexa lícito:

    1. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.
    2. O tratamento é necesario para protexer intereses vitais do interesado ou doutra persoa física.
    3. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público.
    4. O tratamento é necesario para a execución dun contrato aínda cando o interesado non sexa parte do mesmo.

    Respuesta correcta: d)

  3. De acordo co Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia polo falecemento dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, unha persoa aspirante pode solicitar unha suspensión de chamamentos sen penalización e de reactivación automática:

    1. Ata un máximo de 3 días naturais contados desde o feito causante, este incluído.
    2. Ata un máximo de 3 días hábiles contados desde o feito causante, este incluído.
    3. Ata un máximo de 3 días naturais contados desde o día seguinte ao feito causante.
    4. Ata un máximo de 3 días hábiles contados desde o día seguinte ao feito causante.

    Respuesta correcta: a)

  4. No caso de suspensión da iniciación do contrato de servizos por causa imputable ao órgano de contratación por tempo superior a catro meses, o contratista só terá dereito a percibir unha indemnización do:

    1. 2% do prezo do contrato.
    2. 3% do prezo de adxudicación do contrato.
    3. 5% do prezo do contrato.
    4. 10% do prezo de adxudicación do contrato.

    Respuesta correcta: b)

  5. De acordo co establecido no artigo 5 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo aos “Principios relativos ao tratamento”, os datos persoais serán... Indique a resposta INCORRECTA:

    1. Tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación co interesado.
    2. Adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.
    3. Recollidos con fins xenéricos, indeterminados e lexítimos e poderán ser tratados ulteriormente de maneira aínda incompatible cos devanditos fins.
    4. Tratados de tal maneira que se garanta unha seguridade absoluta dos datos persoais, incluída a protección contra o tratamento non autorizado ou ilícito e contra a súa perda, destrución ou dano accidental.

    Respuesta correcta: c)

  6. Nun documento de LibreOffice Writer, o recheo dunha tabulación, ponse con respecto a:

    1. A tabulación onde comeza o recheo.
    2. A tabulación onde remata o recheo.
    3. Depende do recheo a poñer.
    4. É indistinto fixar con respecto á tabulación onde comeza ou remata.

    Respuesta correcta: b)

  7. Considérase unha situación asimilada á de alta, de acordo co establecido no artigo 166 do Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social:

    1. A situación legal de desemprego total aínda cando o traballador non perciba prestación pola devandita continxencia.
    2. A situación do traballador durante o período correspondente a vacacións anuais retribuídas que non fosen gozadas polo mesmo con anterioridade á finalización do contrato, con cotización, salvo no que respecta aos subsidios por risco durante o embarazo e por risco durante a lactación natural.
    3. Os casos de excedencia forzosa, en todo caso.
    4. As respostas a) e b) son correctas.

    Respuesta correcta: b)

  8. [Imaxe: pantalla de arranque do ordenador coa mensaxe «Detecting Primary Master ... QUANTUM / Detecting Primary Slave ... Maxtor / Detecting Secondary Master ... LG CD-RW / Detecting Secondary Slave ... Maxtor — Keyboard error or no keyboard present — Press F1 to continue, DEL to enter SETUP — 08/07/1999-i440BX-<P3B-F>»] Ao acender o ordenador, aparécenos a imaxe que vemos por enriba do texto da pregunta. Que conexión é a que temos que revisar?

    1. A do rato.
    2. A do monitor.
    3. A da impresora.
    4. A do teclado.

    Respuesta correcta: d)

  9. Vaise licitar un contrato por un orzamento de 1.000.000 € e o órgano de contratación acorda a esixencia de garantía provisional. Cal será a cantidade máxima que en forma de garantía provisional poderá esixirse ás empresas licitadoras de acordo co disposto na Lei de Contratos do Sector Público?

    1. 50.000 €.
    2. 20.000 €.
    3. 30.000 €.
    4. 100.000 €.

    Respuesta correcta: c)

  10. No almacén de subministracións dun Hospital, atópanse nun andel, produtos de distintos países. Se vostede ten que agrupalos por países, que prefixo terían no código de barras EAN-13 ( GTIN 13) os españois?:

    1. 83
    2. 97
    3. 84
    4. 88

    Respuesta correcta: c)

  11. Utilizando o sistema operativo Windows, cando temos seleccionado unha icona dun ficheiro ou dun cartafol, se prememos no teclado a tecla das maíusculas e ademais a de "suprimir" ou "supr", que é o que conseguimos?

    1. Borrar a icona seleccionada, de xeito que non poderá recuperarse o borrado, xa que non pasa a papeleira de reciclaxe.
    2. Cambiar o nome da icona.
    3. Mover a icona á papeleira de reciclaxe.
    4. Cambiar o símbolo da icona.

    Respuesta correcta: a)

  12. En LibreOffice Calc, das seguintes funcións que se mostran, cal non pertence ao grupo de funcións de data e hora?

    1. DATA.
    2. SUMA.
    3. AGORA.
    4. DOMINGOPASCUA.

    Respuesta correcta: b)

  13. Se un enderezo dunha páxina web de internet comeza con "https://", é porque esa páxina:

    1. É unha sede electrónica.
    2. Indica que o servidor que a aloxa utiliza o porto 80.
    3. Utiliza cifrado.
    4. É unha páxina de intercambio de ficheiros.

    Respuesta correcta: c)

  14. De conformidade co establecido no artigo 54 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os procedementos administrativos poderán iniciarse:

    1. Só de oficio.
    2. Sempre a solicitude de parte interesada.
    3. Sempre de oficio por orde do órgano superior administrativo.
    4. De oficio ou a solicitude do interesado ou interesada.

    Respuesta correcta: d)

  15. A usuaria LAC presenta unha solicitude de excedencia por garda legal, por segunda vez no ano, na mesma Unidade de Rexistro Auxiliar. Como documentación complementaria, requíreselle unha copia compulsada do libro de familia.

    1. A usuaria aporta a copia compulsada xa que é de obrigado cumprimento.
    2. A usuaria non presenta copia compulsada xa que a entregou na anterior solicitude polo mesmo motivo.
    3. A usuaria debe espeficiar a data en que presentou a solicitude previa, así como o órgano ao que a dirixiu.
    4. As respostas B e C son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  16. Necesitamos enviar un correo electrónico a unha persoa implicada directamente e a súa vez, a outras tres persoas non implicadas directamente, pero teñen que estar ao tanto dese mail e os seguintes que se produzan. En que campo debemos poñer os enderezos desas tres persoas que queremos que estean ao tanto do mail, pero non son implicados directos?.

    1. No campo "CCO".
    2. No campo "A".
    3. No campo "CC".
    4. No campo "PARA".

    Respuesta correcta: c)

  17. Respecto do dereito á información asistencial establecido no artigo 4 e seguintes da Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e deberes en materia de información e documentación clínica, sinale a resposta INCORRECTA:

    1. O titular do dereito á información é o paciente.
    2. Os familiares serán informados na medida que o paciente o permita de maneira expresa ou tácita.
    3. No suposto de incapacidade deberá ser informado tamén o seu representante legal.
    4. O dereito á información non pode limitarse en ningún caso

    Respuesta correcta: d)

  18. Os actos administrativos que teñan un contido imposible, de acordo co disposto no artigo 47 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, son:

    1. Nulos de pleno dereito.
    2. Anulables.
    3. Convalidables.
    4. Poden ser nulos de pleno dereito e/ou anulables, segundo o contido.

    Respuesta correcta: a)

  19. A vostede, como persoal do Servizo Galego de Saúde, indícaselle a necesidade de realizar o expurgo daquelas historias clínicas que aínda estivesen en papel. Para levar a cabo esa tarefa indique a resposta correcta:

    1. Non se poderá iniciar a destrución cando non pasasen 10 anos desde a última asistencia prestada ao/a paciente ou desde o seu falecemento.
    2. Só os informes de alta teñen que conservarse indefinidamente.
    3. As follas de consentimento informado conservaranse 15 anos desde que este se prestase.
    4. A Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, modificada pola Lei 3/2005, do 7 de marzo, establece os documentos que se conservarán indefinidamente e o resto dos informes conservaranse, como mínimo, ata que transcorran cinco anos desde a última asistencia prestada ao paciente ou desde o seu falecemento.

    Respuesta correcta: d)

  20. O usuario JMD presentou de forma presencial unha solicitude de información que, debido á súa complexidade, non foi atendida no momento. Vinte días despois, o usuario aínda non ten resposta ao respecto.

    1. O silencio administrativo é negativo polo que o usuario non pode facer nada.
    2. O usuario debe presentar unha nova solicitude e agardar a que lle resposten.
    3. O usuario poderá presentar unha queixa xa que o prazo máximo de resposta é de quince días.
    4. O prazo de resposta é de trinta días, de conformidade co previsto no Decreto 129/2016.

    Respuesta correcta: c)

  21. Utilizando o visor de impresión do sistema operativo Windows, se se detén a impresión porque se acabaron os folios da bandexa da impresora, e unha vez cargada de folios novamente, a impresión non se restablece, que opción debe elixir no dito visor de impresión?

    1. Reiniciar a impresión.
    2. Cancelar a impresión.
    3. Retomar a impresión.
    4. Ningunha é correcta.

    Respuesta correcta: c)

  22. Se vostede está a realizar un inventario e considera que a existencia que sae é a máis nova. Que método está a utilizar?

    1. Simple e Ponderado.
    2. Estándar.
    3. FIFO.
    4. LIFO.

    Respuesta correcta: d)

  23. A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade necesita para realizar as súas funcións contratar un programa de computador desenvolvido a medida por valor estimado de 120.000 euros. Segundo o seu obxecto, en que tipo contractual debe encadrarse?:

    1. Contrato de concesión de servizos.
    2. Contrato de servizos.
    3. Contrato de subministración.
    4. Contrato de colaboración sector público e sector privado.

    Respuesta correcta: b)

  24. As usuarias AVF e NGB queren presentar por rexistro electrónico un escrito sobre compensación por exceso de xornada.

    1. Accederán a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
    2. O rexistro é gratuíto na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    3. Poderán realizar a presentación do escrito todos os días do ano, durante as vintecatro horas.
    4. Todas as respostas anteriores son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  25. O usuario Manuel R. G. solicitou unha consulta telefónica co seu médico de Atención Primaria. Colle o teléfono cando oe a chamada e escoita: "Boas tardes, Manuel. Son o doutor P., vostede pediu unha consulta telefónica, dígame, en que podo axudalo?". Analiza a presentación do médico.

    1. Non ten nada de particular.
    2. É anticipativa e molesta.
    3. É adecuada, o ton é correcto e cordial.
    4. É demasiado lenta.

    Respuesta correcta: c)

¿Quieres saber por qué es esa la respuesta? Practica este examen con cronómetro, tu nota y la explicación de cada pregunta. Practicar gratis
  1. Conforme ao establecido no artigo 4 da Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e deberes en materia de información e documentación clínica, relativo ao dereito á información asistencial, indique a resposta correcta:

    1. Os pacientes teñen dereito a coñecer toda a información dispoñible só nos casos de intervencións con risco vital.
    2. Toda persoa ten dereito a que se respecte a súa vontade de non ser informada.
    3. A información facilitarase como regra xeral de forma verbal, sen que sexa necesaria a súa constancia na historia clínica.
    4. A información asistencial será responsabilidade única do médico responsable do paciente.

    Respuesta correcta: b)

  2. Das seguintes opcións que se dan a continuación, cal se corresponde cun enderezo URL válido?

    1. antonioperez@gmail.com.
    2. https://www.manoloycia.gal.
    3. d:\descargas\carpeta.
    4. antonioperez$gmail.com.

    Respuesta correcta: b)

  3. O usuario CPL perdeu a súa tarxeta sanitaria e desexa solicitar unha nova. Ten que aboar unha taxa?

    1. Non, nunca.
    2. Si, pero soamente de forma telemática.
    3. Si, pero soamente previo pago no seu Centro de Saúde.
    4. Si, tanto de forma telemática como nunha entidade bancaria colaboradora.

    Respuesta correcta: d)

  4. Todo o persoal do Servizo de Pediatría presenta unha solicitude conxunta e por escrito a través da Unidade de Rexistro do Hospital:

    1. Respostarase a cada unha das persoas relacionadas.
    2. Respostarase unicamente ao Xefe de Servizo de Pediatría.
    3. Respostarase á persoa interesada ou representante que expresamente se sinalou. Na súa falta, respostarase á primeira persoa relacionada.
    4. Ese tipo de solicitudes son improcedentes e non esixen resposta.

    Respuesta correcta: c)

  5. Se unha impresora nos indica que temos que cambiarlle o tóner, a que tipo de impresora nos estamos a referir?

    1. Ás de inxección de chorro de tinta.
    2. Ás de agullas ou impacto.
    3. Ás láser.
    4. Ás matriciais.

    Respuesta correcta: c)

  6. O usuario EGC, que ten prevista a realización dunha ecografía de carácter preferente con data para dentro de dous meses, estima que a lista de espera é desproporcinada, polo que decide poñer unha reclamación. Onde a tramitará?

    1. En Cita Previa.
    2. No Servizo de Admisión.
    3. Na consulta do seu médico de Atención Primaria, xa que foi quen lla solicitou.
    4. No Servizo de Atención ao Paciente.

    Respuesta correcta: d)

  7. Utilizando o explorador de arquivos do Windows, se prememos a tecla "F2" do teclado do ordenador cando a icona dun ficheiro ou cartafol está seleccionada, que é o que conseguimos?

    1. Movelo.
    2. Copialo.
    3. Borralo.
    4. Renomealo.

    Respuesta correcta: d)

  8. [Imaxe: na área de notificacións aparece unha icona de rede cun círculo cunha aspa sobreposta e, ao lado, a icona do son.] Na imaxe anterior obsérvase un círculo cunha aspa no medio sobre unha icona. Se nos atopamos con esta imaxe na área de notificacións do noso ordenador, que debemos comprobar?

    1. A conexión entre o ordenador e a impresora.
    2. A conexión entre o ordenador e o monitor.
    3. A conexión entre o ordenador e os altofalantes.
    4. A conexión entre o ordenador e a toma de rede.

    Respuesta correcta: d)

  9. Nunha fórmula de LibreOffice Calc, temos unha referencia a unha cela do tipo $F$6. Que tipo de referencia sería?

    1. Relativa.
    2. Cambiable.
    3. Absoluta.
    4. D6.

    Respuesta correcta: c)

  10. Cando estamos usando o explorador de arquivos de Windows. Que tecla ou teclas poden utilizarse para seleccionar un gran número de arquivos que non sexan completamente correlativos, axudándose do rato?

    1. As teclas "Maiús" e "Ctrl".
    2. As teclas "Alt" e "Maiús".
    3. Só a tecla "Maiús".
    4. As teclas "Alt" e "Ctrl".

    Respuesta correcta: a)

  11. [Imaxe: barra de ferramentas de LibreOffice Writer co tipo de letra "Liberation Serif", tamaño 12 e os botóns de grosa (B), cursiva (I), subliñado (U), riscado, superíndice e subíndice sen activar.] Nun documento de LibreOffice Writer e segundo a barra de ferramentas que se visualiza na parte superior desta pregunta, en relación ao formato de carácter, é certo que:

    1. O tamaño da letra é 12 e non ten activado ningún estilo de letra.
    2. O tamaño da letra é 12 e o estilo activo é Liberation Serif.
    3. O tamaño da letra é 12 e está activada a opción de subliñado.
    4. O tamaño da tetra é 12 e está activada a cursiva e a grosa.

    Respuesta correcta: a)

  12. De acordo coa Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia, se vostede demostra que existiu no seu prexuízo erro material ou aritmético na determinación dunha débeda tributaria que se lle esixa:

    1. Suspenderase o procedemento de prema, sen necesidade de prestar garantía.
    2. Suspenderase o procedemento de prema se realiza o pago do débito, consigna o seu importe ou o garante na forma regulamentariamente establecida.
    3. Proseguirá o procedemento de prema a non ser que da execución poidan derivarse prexuízos de imposible ou difícil reparación.
    4. Suspenderase o procedemento só na parte na que resulte controvertida.

    Respuesta correcta: a)

  13. Necesitamos dixitalizar un traballo que nos pasan impreso en papel. O dispositivo que debemos utilizar para proceder á dixitalización do devandito traballo, denomínase:

    1. Módem.
    2. Escáner.
    3. Joystick.
    4. Pantalla táctil.

    Respuesta correcta: b)

  14. A usuaria ALL acude ao Rexistro Auxiliar do seu hospital de referencia para presentar un escrito achegando un paquete pechado dirixido ao Xerente.

    1. Rexistrarase o escrito únicamente.
    2. Rexistraranse ámbolos dous, escrito e paquete achegado.
    3. Só se rexistrará o paquete achegado.
    4. Todas as respostas anteriores con incorrectas.

    Respuesta correcta: a)

  15. O usuario MAGP, de Ourense, vai comezar a estudar na Universidade de A Coruña. Cales son os trámites que debe seguir para recibir asistencia sanitaria mentres está desprazado?

    1. Debe solicitar unha nova tarxeta sanitaria na páxina web do SERGAS.
    2. Debe solicitar unha nova tarxeta sanitaria no Centro de Saúde máis próximo ao seu enderezo en A Coruña.
    3. Non é preciso que realice ningún trámite, xa que segue na Comunidade Autónoma de Galicia.
    4. Debe acudir ao Centro de Saúde máis próximo ao seu novo enderezo aportando a súa tarxeta sanitaria así coma o seu DNI ou pasaporte e algún documento que xustifique a situación de desprazado por motivos de estudos.

    Respuesta correcta: d)

  16. O usuario RRC presentou unha reclamación por escrito no seu hospital de referencia. Como lle será respostada?

    1. As reclamacións non se respostan.
    2. Por vía telefónica polo Director Xerente.
    3. Por escrito, asinada polo Director Xerente ou persoa en quen delegue.
    4. Por escrito, asinada únicamente polo Director Xerente.

    Respuesta correcta: c)

  17. A "Random Access Memory" do ordenador, usámola cando estamos traballando para almacenar:

    1. De xeito temporal datos e instrucións.
    2. A información que necesitamos almacenar por moito tempo.
    3. O programa que se encarga de realizar os diagnósticos do ordenador no momento de acendelo.
    4. Todas as respostas son correctas.

    Respuesta correcta: a)

  18. Conforme ao artigo 36 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos produciranse dunha determinada forma. Indique a resposta correcta:

    1. De forma escrita a través de medios electrónicos, se a lei correspondente ao procedemento así o establece.
    2. De forma escrita a través de medios electrónicos se o estado da tecnoloxía o permite.
    3. Só de forma escrita sempre a través de medios electrónicos.
    4. De forma escrita a través de medios electrónicos, a menos que a súa natureza esixa outra forma máis adecuada de expresión e constancia.

    Respuesta correcta: d)

  19. No SERGAS exponse a necesidade de contratar un servizo de transporte cun custo aproximado de 30.000 euros e cunha duración de dous anos. Quen é o órgano competente para a aprobación do gasto derivado do devandito contrato?:

    1. O Conselleiro de Facenda.
    2. O Consello da Xunta.
    3. O Presidente do SERGAS.
    4. O titular da Consellería de Sanidade.

    Respuesta correcta: c)

  20. En relación coa acción protectora da Seguridade Social (artigo 42 e seguintes do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social), sinale a resposta correcta:

    1. A asistencia sanitaria nos casos de coidados que sexan de traballo non está comprendida dentro da acción protectora.
    2. As prestacións familiares da Seguridade Social só están comprendidas as referidas á modalidade contributiva.
    3. A recuperación profesional en caso de asistencia sanitaria por enfermidade profesional.
    4. As prestacións económicas na situación de incapacidade permanente contributiva e invalidez non contributiva.

    Respuesta correcta: d)

  21. Se vostede quere solicitar unha suspensión de chamamentos por asuntos propios, que é o que non podería facer?

    1. Solicitala cunha duración inferior a 30 días naturais.
    2. Solicitala varias veces sen que acumulado poida superar os 30 días naturais.
    3. Pódese solicitar sen xustificación.
    4. Solicitala con 15 días de antelación á data en que se faga efectiva.

    Respuesta correcta: b)

  22. Que fai o Administrador de arquivos do sistema operativo Windows?

    1. Permite engadir unha descrición de 255 carácteres, asociada como unha nota, a un arquivo.
    2. Ofrece vistas das unidades, os arquivos e cartafois do ordenador.
    3. Permite asignar códigos de cor aos arquivos.
    4. Comproba a existencia de virus nos arquivos.

    Respuesta correcta: b)

  23. Utilizando o sistema operativo Windows, necesitamos crear no Escritorio, unha icona de acceso directo a un arquivo. Desde o explorador de arquivos, deberemos realizar o seguinte:

    1. Premendo co botón dereito sobre a icona do arquivo e elixindo "Crear acceso directo". Isto creará o acceso directo no mesmo lugar que o arquivo e despois arrastraríamos o acceso directo ao Escritorio.
    2. Non se pode, só se permiten os creados automaticamente por WINDOWS: O meu Pc, a Papelera de Reciclaxe, Internet Explorer.
    3. Premendo co botón esquerdo sobre a icona do arquivo e elixindo a opción "Crear acceso directo".
    4. Selecciónase a icona do arquivo, despois prémense as teclas "ALT"+"CTL"+"F5", e o acceso directo do mesmo aparece xa no Escritorio.

    Respuesta correcta: a)

  24. [Imaxe: folla de cálculo con A1=2, A2=4, A3=6; B1=20, B2=22, B3=24; columnas C e D baleiras.] Nunha folla de LibreOffice Calc, atopámonos coa situación que aparece na imaxe que temos enriba da pregunta. Que aparecerá na casilla D1, se engadimos a seguinte fórmula: =SE(MEDIA(A$1:$A3)<4;"POUCO";"MOITO")

    1. Nada, queda en branco.
    2. MOITO.
    3. POUCO.
    4. ERR.

    Respuesta correcta: b)

  25. Que comando, dos que se relacionan, utilizarías para coñecer o enderezo IP do ordenador?

    1. Ipconfig.
    2. Netstat.
    3. Netconfig.
    4. Ningún dos anteriores.

    Respuesta correcta: a)

Parte específica · supuestos prácticos de reserva

  1. Segundo o artigo 9 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, quedan prohibidos o tratamento de datos persoais que revelen a orixe étnica ou racial, as opinións políticas, as conviccións relixiosas ou filosóficas ou a afiliación sindical e o tratamento de datos xenéticos, datos biométricos dirixidos a identificar de maneira unívoca a unha persoa física, datos relativos á vida sexual ou as orientacións sexuais dunha persoa física. O apartado 2 deste artigo indica as excepcións do principio xeral establecido no apartado 1. Indique das que se sinalan a continuación a circunstancia que NON figura no devandito apartado:

    1. O tratamento é necesario para o cumprimento de obrigacións e o exercicio de dereitos específicos do responsable do tratamento ou do interesado no ámbito do dereito laboral e da seguridade e protección social na medida que o autorice o Dereito da Unión.
    2. O tratamento refírese a datos persoais que o interesado fixo manifestamente públicos.
    3. O tratamento é necesario para protexer aspectos do interesado ou doutra persoa física ou xurídica no caso de que o interesado non estea capacitado, física ou xuridicamente para dar o seu consentimento.
    4. O tratamento é necesario por razóns de interese público no ámbito da saúde pública, como a protección fronte a ameazas transfronteirizas graves para a saúde ou para garantir elevados niveis de calidade e seguridade da asistencia sanitaria e dos medicamentos ou produtos sanitarios.

    Respuesta correcta: c)

  2. No almacén dun hospital, a data 1 de xaneiro teñen 10 unidades do produto A dun valor de 100 € cada unha. O 15 de febreiro compran 20 unidades máis a 80 € cada unha e o 21 de marzo adquiren 5 unidades máis a 90 € cada unha. Se o 1 de abril teñen unhas existencias de 15 unidades, cal será a súa valoración?.

    1. 1400 € polo método FIFO e 1250 € polo método LIFO.
    2. 1500 € polo método FIFO e 1350 € polo método LIFO.
    3. 1250 € polo método FIFO e 1400 € polo método LIFO.
    4. 1350 € polo método FIFO e 1500 € polo método LIFO.

    Respuesta correcta: c)

  3. O noso ordenador vai lento, tarda en abrir as aplicacións e en executar as tarefas. Que teremos que ampliar para que o ordenador execute as tarefas dun xeito máis áxil?

    1. Memoria RAM.
    2. Memoria ROM.
    3. Disco duro.
    4. Placa nai máis grande.

    Respuesta correcta: a)

  4. A usuaria EDM decátase de que no seu informe de alta hospitalaria, hai un erro no seu Documento Nacional de Identidade.

    1. Non ten obrigación de emendar o erro, xa que o DNI non é información clínica.
    2. Poderá rectificalo no teléfono 012.
    3. Poderá rectificalo no Servizo de Admisión no prazo dun ano dende que detectou o erro.
    4. É dereito e obrigación da usuaria ter os seus datos correctos. Solicitará unha rectificación no Servizo de Atención ao Paciente aportando unha copia do DNI.

    Respuesta correcta: d)

  5. O usuario EGP, que reside temporalmente en Chicago por motivos de estudos, quere presentar unha solicitude de excedencia por motivo particular. Onde non poderá presentala?

    1. Na Universidade estadounidense na que está a estudar.
    2. No rexistro electrónico a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
    3. Por fax á atención da Dirección de Recursos Humanos da Xerencia correspondente.
    4. Na representación diplomática ou oficina consular de España en Chicago.

    Respuesta correcta: a)

Lengua gallega

  1. Sinale a palabra que está escrita de forma correcta:

    1. Extender
    2. Excavadora
    3. Extraño
    4. Extensivo

    Respuesta correcta: d)

  2. Que recurso está presente na expresión “A miña chegada foi tan soada que aínda segue na casa a algarabía”?

    1. Hipérbole
    2. Anáfora
    3. Paradoxo
    4. Personificación

    Respuesta correcta: a)

  3. Indique cal dos seguintes non é sinónimo de "póla":

    1. Galla
    2. Rama
    3. Pita
    4. Varelo

    Respuesta correcta: c)

  4. Sinale cál das seguintes acepcións non é sinónimo de "vagalume":

    1. Bicho de lume
    2. Coco de luz
    3. Vella do caldo
    4. Vagada

    Respuesta correcta: d)

  5. Os vocábulos "vello" e "novo" son entre si:

    1. Sinónimos
    2. Antónimos
    3. Homónimos
    4. Pertencen á mesma familia léxica

    Respuesta correcta: b)

  6. Sinale o significado correcto da palabra "cambadela":

    1. Conxunto de cousas insertadas nun cambo
    2. Acción de moverse de un lado a outro de xeito irregular, coma se fose caer
    3. Volta que se dá pondo a cabeza ou as mans no chan virando o corpo
    4. Xentilicio feminino de Cambados

    Respuesta correcta: c)

  7. Sinale cal das seguintes palabras non está escrita correctamente:

    1. Bilingüe
    2. Mingüides
    3. Argüían
    4. Antigüidade

    Respuesta correcta: b)

  8. Sinale cal das seguintes é unha asociación errada do froito e a árbore que o produce:

    1. Ameixa-Ameixeira
    2. Mazá-Maceira
    3. Pera-Peral
    4. Amorodo-Amorodeira

    Respuesta correcta: c)

  9. Xentilicio de Fisterra:

    1. Fisteirrá
    2. Fisterrá
    3. Fisteirreiro/a
    4. Fisterriense

    Respuesta correcta: b)

  10. "Coñecemento" é un substantivo:

    1. Propio
    2. Concreto
    3. Abstracto
    4. Colectivo

    Respuesta correcta: c)

Lengua gallega · reserva

  1. A palabra "vén" posúe acento gráfico porque:

    1. é unha palabra monosílaba e todas as palabras monosílabas levan acento gráfico en galego
    2. é unha palabra que acaba en -n
    3. pertence ao presente de indicativo do verbo ver
    4. é un caso de acentuación diacrítica

    Respuesta correcta: d)

  2. "Caia" é unha forma verbal que pertence ao:

    1. presente de indicativo
    2. presente de subxuntivo
    3. pospretérito ou condicional
    4. imperativo

    Respuesta correcta: b)

¿Quieres saber por qué es esa la respuesta? Practica este examen con cronómetro, tu nota y la explicación de cada pregunta. Practicar gratis

Preguntas y respuestas de la plantilla publicadas por el Servizo Galego de Saúde. unrepasito.com no está vinculado al SERGAS.