Curso CELGA 3 en liña
GRATIS · SEN REXISTRO As dúas primeiras unidades son de balde. Empeza agora
⚠️ Ollo ao prazo. A próxima proba Celga 3 é o 21 de novembro de 2026 (inscrición xa pechada). Se non te inscribiches, a seguinte convocatoria adoita publicarse no DOG cara a marzo. Para que conte nunha oposición, o certificado ten que estar aprobado antes de que remate o prazo de solicitude, e as notas do Celga tardan unhas semanas en saír.
Prepara a proba oficial de lingua galega Celga 3 cun curso interactivo: as dúas tarefas da proba escrita, a proba oral e a lingua que máis se penaliza (pronomes, acentos, castelanismos e conectores), con exercicios que se corrixen ao momento e un informe final coa túa nota de preparación e conclusións persoais.
- 8 unidades
- 355 exercicios autocorrixibles
- 6 simulacros completos (escrita e oral)
- 2 unidades de balde
Cargando o curso…
Como é o exame Celga 3
A proba escrita dura como máximo dúas horas e media e ten dúas tarefas: a partir dun texto ou dun vídeo, escribes un texto duns 300 palabras (un artigo, unha mensaxe electrónica, unha carta, un informe…) que debe tratar os catro puntos que indica a consigna. A proba oral dura uns 15 minutos: resumes un texto que liches antes, fas unha exposición de 2–3 minutos sobre un tema que escolles entre catro e conversas co tribunal.
Cada tarefa valórase con catro parámetros (adecuación, cohesión e coherencia, gramática e léxico) de 1 a 4. Por iso o curso non é un test: adestra exactamente o que puntúa.
Que inclúe o curso
- Teoría clara de cada parámetro, con táboas e exemplos.
- Exercicios de ortografía, morfoloxía, léxico e conectores que se corrixen ao momento e explican o porqué.
- Obradoiro de escritura con contador de palabras, cronómetro, lista dos catro puntos e autoavaliación coa regra de APTO.
- Proba oral co cronómetro de cada fase e gravación no navegador para te escoitar.
- Seis simulacros orixinais co modelo de resposta comentado.
- Informe final persoal: nota de preparación sobre 10, estimación de APTO, puntuación en cada parámetro do tribunal e conclusións con que repasar, tamén por correo.
Lé de balde as primeiras unidades
Prezo
1,90 €, pagamento único, con acceso durante 60 días. As unidades 0 e 1 son de balde e non precisan conta. É un produto aparte do Pase opositor.
unrepasito.com non está vinculado á Secretaría Xeral da Lingua. Os simulacros e textos son orixinais; os exames oficiais publícanse en lingua.gal.