Practica el examen de FOL de Galicia con la solución oficial
Exámenes FOL Galicia › Práctica › 2025 · Opción 1
Examen práctico oficial de FOL de la oposición de Galicia 2025, Opción 1 (10 puntos). Escribe tu respuesta en cada apartado, pulsa «Ver solución oficial» y puntúate.
Texto oficial, sin cambios: enunciado y soluciones publicados por el tribunal (en gallego). No son preguntas elaboradas por unrepasito.
I. Orientación · Exercicio 1 (1 p.)
Vostede, como docente de FOL, forma parte do Departamento de Orientación dun centro educativo no que se propón incorporar o Eneagrama como ferramenta complementaria nos procesos de orientación académica e profesional do alumnado de FP.
1) Explique en que consiste a técnica do Eneagrama e cales son os seus fundamentos principais. (0,5 p.)
Solución oficial
O eneagrama é unha ferramenta de autocoñecemento e desenvolvemento persoal que clasifica a personalidade humana en nove tipos básicos, coñecidos como eneatipos. Represéntase graficamente como un círculo con nove puntos conectados por liñas, onde cada punto corresponde a un tipo de personalidade con características, motivacións, medos e desexos específicos. O obxectivo principal do eneagrama é axudar ás persoas para identificar os seus patróns automáticos de pensamento, emoción e comportamento, facilitando así o crecemento persoal e a mellora das relacións interpersoais.
Entre os seus fundamentos principais destacan:
- A idea de que cada persoa tende a funcionar predominantemente dende un dos nove tipos, aínda que todos compartimos trazos de varios.
- Cada eneatipo está asociado a unha motivación básica e a unha “paixón” ou tendencia emocional dominante.
- O eneagrama promove o autocoñecemento profundo, a comprensión das propias limitacións e potencialidades, e o traballo sobre os automatismos para lograr unha maior autenticidade e benestar.
Tu puntuación: / 0,5
2) Enumere os eneatipos e indique brevemente unha característica de cada un. (0,5 p.)
Solución oficial
- Perfeccionista (Eneatipo 1): Busca a perfección e a mellora continua; orientado á ética e a corrección moral.
- Axudador (Eneatipo 2): Necesidade de ser útil e querido; destaca pola súa empatía e tendencia a coidar dos demais.
- Triunfador (Eneatipo 3): Orientado ao éxito e ao recoñecemento; destaca pola súa eficiencia e competitividade.
- Individualista (Eneatipo 4): Busca a autenticidade e a expresión da propia identidade; sensible e creativo.
- Investigador (Eneatipo 5): Valora o coñecemento e a autonomía; analítico, reservado e observador.
- Leal (Eneatipo 6): Busca seguridade e pertenza; responsable, comprometido e a miúdo cauteloso.
- Entusiasta (Eneatipo 7): Busca experiencias novas e gratificantes; optimista, espontáneo e versátil.
- Desafiador (Eneatipo 8): Orientado ao poder e ao control; decidido, protector e directo.
- Pacificador (Eneatipo 9): Busca a harmonía e a paz; conciliador, adaptable e evita o conflito.
Tu puntuación: / 0,5
I. Orientación · Exercicio 2 (1 p.)
1) Que son os obxectivos SMART? (0,3 p.)
Solución oficial
Un obxectivo SMART é unha metodoloxía amplamente utilizada para establecer metas claras, alcanzables e medibles tanto no ámbito persoal como profesional. Aplicar este enfoque permite organizar os teus esforzos, manter a motivación e aumentar as probabilidades de éxito á hora de buscar traballo.
Tu puntuación: / 0,3
2) Quen definiu os obxectivos SMART? En que ano? (0,4 p.)
Solución oficial
George T. Doran en 1981.
Tu puntuación: / 0,4
3) Cales son os obxectivos SMART? Explíqueos. (0,3 p.)
Solución oficial
S – Específico: O obxectivo debe estar claramente definido, respostando a preguntas como: que quero lograr? quen está involucrado? onde se levará a cabo? por que é importante?
M – Medible: Debe ser posible cuantificar o progreso e determinar cando se logrou a meta. Isto implica establecer indicadores concretos que permitan avaliar o avance.
A – Alcanzable: A meta debe ser realista e factible, tendo en conta os recursos dispoñibles, as capacidades e as limitacións existentes.
R – Relevante: O obxectivo debe estar aliñado cos teus valores, intereses e prioridades, asegurando que sexa significativo e que contribúa ás túas metas a longo prazo.
T – Temporal: Debe establecerse un prazo claro para a consecución do obxectivo, o que axuda a manter o enfoque e a motivación.
Tu puntuación: / 0,3
II. Prevención de riscos laborais · Exercicio único (2 p.)
Unha persoa, titulada no Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas no curso pasado, é contratada por unha asesoría. As súas funcións son realizar a xestión contable e fiscal de empresas e tramitar a xestión administrativa na presentación de documentos diante dos organismos e administracións públicas.
No seu posto de traballo permanece sentada nunha cadeira, fronte a unha mesa, e manexando un equipo informático de sobremesa con pantalla para realizar as súas tarefas administrativas.
O servizo de prevención leva a cabo unha avaliación do posto de traballo en oficina mediante o método ROSA (Rapid Office Strain Assessment).
Tras a observación in situ do posto de traballo mentres a persoa traballadora desenvolve as súas tarefas, obtéñense os seguintes datos:
- As características da cadeira empregada no posto son:
◦ Os pés non tocan o chan e a altura da cadeira non é regulable.
◦ O espazo entre o bordo da cadeira e o xeonllo é de 8 cm. e a profundidade do asento non é regulable.
◦ Os repousabrazos son altos, polo que os ombreiros están encollidos, e non son regulables.
◦ A inclinación do respaldo é de 120º. O respaldo non é regulable.
- O tempo que a persoa traballadora permanece sentada na cadeira ao longo da súa xornada laboral é de máis de 4 horas diarias.
- A distancia ata o teléfono, sen opción de mans libres, é de 50 cm. Emprega o teléfono durante menos dunha hora de traballo diario.
- Respecto da pantalla do computador, o bordo superior está situado á altura dos ollos e, aínda que o traballo require o uso de documentos en formato físico, non se dispón de portadocumentos nin de atril. O uso diario da pantalla é superior a 4 horas.
- Respecto ao uso do rato, atópase aliñado en relación co ombreiro e o pulso. O rato é pequeno e causa un agarre en pinza durante máis de 4 horas de uso diario deste dispositivo.
- Doutra banda, ao utilizar o teclado os pulsos están rectos e os ombreiros relaxados. O soporte do teclado non é axustable. O tempo de uso continuo do teclado é inferior a 30 minutos.
Relación de táboas do método ROSA coas puntuacións necesarias no exercicio:
| A | ||||||||
| A1 A2 \ A3 A4 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 2 | 2 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 3 | 2 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 4 | 3 | 3 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 5 | 4 | 4 | 4 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 6 | 5 | 5 | 5 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 7 | 6 | 6 | 6 | 7 | 7 | 8 | 8 | 9 |
| 8 | 7 | 7 | 7 | 8 | 8 | 9 | 9 | 9 |
| B | |||||||||
| B1 \ B2 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 0 | 1 | 1 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 6 |
| 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 6 |
| 2 | 1 | 2 | 2 | 3 | 3 | 4 | 6 | 7 | 7 |
| 3 | 2 | 2 | 3 | 3 | 4 | 5 | 6 | 8 | 8 |
| 4 | 3 | 3 | 4 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 8 |
| 5 | 4 | 4 | 5 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 9 |
| 6 | 5 | 5 | 6 | 7 | 8 | 8 | 9 | 9 | 9 |
| 7 | 6 | 7 | 7 | 8 | 8 | 9 | 9 | 9 | 9 |
| C | ||||||||
| C1 \ C2 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 0 | 1 | 1 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 |
| 1 | 1 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 2 | 1 | 2 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 3 | 2 | 3 | 3 | 3 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 4 | 3 | 4 | 4 | 5 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 5 | 4 | 5 | 5 | 6 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 6 | 5 | 6 | 6 | 7 | 7 | 8 | 8 | 9 |
| 7 | 6 | 7 | 7 | 8 | 8 | 9 | 9 | 9 |
| D | |||||||||
| B \ C | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 1 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 2 | 2 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 3 | 3 | 3 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 4 | 4 | 4 | 4 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 5 | 5 | 5 | 5 | 5 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 6 | 6 | 6 | 6 | 6 | 6 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 7 | 7 | 7 | 7 | 7 | 7 | 7 | 7 | 8 | 9 |
| 8 | 8 | 8 | 8 | 8 | 8 | 8 | 8 | 8 | 9 |
| 9 | 9 | 9 | 9 | 9 | 9 | 9 | 9 | 9 | 9 |
| E | ||||||||||
| A \ D | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 1 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 2 | 2 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 3 | 3 | 3 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 4 | 4 | 4 | 4 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 5 | 5 | 5 | 5 | 5 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 6 | 6 | 6 | 6 | 6 | 6 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 7 | 7 | 7 | 7 | 7 | 7 | 7 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 8 | 8 | 8 | 8 | 8 | 8 | 8 | 8 | 8 | 9 | 10 |
| 9 | 9 | 9 | 9 | 9 | 9 | 9 | 9 | 9 | 9 | 10 |
| 10 | 10 | 10 | 10 | 10 | 10 | 10 | 10 | 10 | 10 | 10 |
Responda ás seguintes cuestións indicando os cálculos realizados e xustificando as puntuacións:
1) Cal é a puntuación relativa á cadeira de traballo? (0,3 p.)
Solución oficial
Puntuación da cadeira de traballo (táboa A)
| Puntuación inicial | Criterios adicionais | |
| Descrición | Postura con desviación: pés sen tocar o chan | Altura non regulable |
| Puntuación | 3 | +1 |
Puntuación da altura do asento: A1 = 3 + 1 = 4
| Puntuación inicial | Criterios adicionais | |
| Descrición | Postura neutra: 8 cms entre bordo e perna | Profundidade non regulable |
| Puntuación | 1 | +1 |
Puntuación da profundidade do asento: A2 = 1 + 1 = 2
| Puntuación inicial | Criterios adicionais | |
| Descrición | Postura con desviación: cóbados altos (ombreiros encollidos) | Non regulables |
| Puntuación | 2 | +1 |
Puntuación dos repousabrazos: A3 = 2 + 1 = 3
| Puntuación inicial | Criterios adicionais | |
| Descrición | Postura con desviación: inclinación > 110º | Respaldo non regulable |
| Puntuación | 2 | +1 |
Puntuación do respaldo: A4 = 2 + 1 = 3
Puntuación táboa A1 + A2 = 4 + 2 = 6
Puntuación táboa A3 + A4 = 3 + 3 = 6
| Tempo de uso diario | Puntuación | |
| Descrición | Uso continuo durante máis de 4 horas diarias | +1 |
Puntuación da cadeira traballo (táboa A) = 6 + 1 = 7
Tu puntuación: / 0,3
2) Cal é a puntuación conxunta do teléfono e da pantalla? (0,3 p.)
Solución oficial
Puntuación do teléfono e da pantalla (táboa B)
| Puntuación inicial | Criterios adicionais | Criterios adicionais | |
| Descrición | Postura con desviación: teléfono afastado > 30 cms | Non existe opción de mans libres | Uso continuo durante menos de 30 minutos |
| Puntuación | 2 | +1 | -1 |
Puntuación do teléfono: B1 = 2 + 1 – 1 = 2
| Puntuación inicial | Criterios adicionais | Criterios adicionais | |
| Descrición | Postura neutra: pantalla á altura dos ollos | Non hai portadocumentos e necesítase | Tempo de uso continuo durante máis de 4 horas diarias |
| Puntuación | 1 | +1 | +1 |
Puntuación da pantalla: B2 = 1+ 1 + 1 = 3
Puntuación do teléfono e da pantalla (táboa B) = 3
Tu puntuación: / 0,3
3) Cal é a puntuación conxunta para o rato e o teclado? (0,3 p.)
Solución oficial
Puntuación do rato e do teclado (táboa C):
| Puntuación inicial | Criterios adicionais | Criterios adicionais | |
| Descrición | Postura neutra: rato aliñado co ombreiro | Rato pequeno agarre en pinza | Tempo de uso continuo durante máis de 4 horas diarias |
| Puntuación | 1 | +1 | +1 |
Puntuación do rato: C1 = 1 + 1 + 1 = 3
| Puntuación inicial | Criterios adicionais | Criterios adicionais | |
| Descrición | Postura neutra: pulso recto e ombreiros relaxados | Soporte teclado non axustable | Uso continuo durante menos de 30 minutos |
| Puntuación | 1 | +1 | -1 |
Puntuación do teclado: C2 = 1 + 1 - 1 = 1
Puntuación do rato e do teclado (táboa C) = 3
Tu puntuación: / 0,3
4) Cal é a puntuación conxunta da pantalla e os periféricos? (0,3 p.)
Solución oficial
Puntuación da pantalla e dos periféricos (táboa B = 3 e táboa C = 3) = 3
Tu puntuación: / 0,3
5) Cal é a puntuación final da cadeira de traballo e os periféricos (0,3 p.)
Solución oficial
A puntuación final do método ROSA obtense mediante a táboa E partindo da puntuación final da cadeira (táboa A co axuste adicional do tempo de uso diario igual a 7) e a puntuación final dos periféricos (táboa D e sería igual a 3).
Puntuación final ROSA (táboa A = 7 e puntuación pantalla e periféricos = 3) = 7
Tu puntuación: / 0,3
6) Determine o valor da puntuación final ROSA e interprete o nivel de actuación. (0,5 p.)
Solución oficial
Interpretación: O resultado final obtido é igual a 7. Este valor é superior ao valor de acción e, segundo o criterio establecido polos autores do método, pon de manifesto a necesidade de realizar cambios inmediatos no posto de traballo.
| Puntuación | Risco | Nivel | Actuación |
| 1 | Inapreciable | 0 | Non é necesaria actuación |
| 2 – 3 – 4 | Mellorable | 1 | Pódense mellorar algúns elementos do posto |
| 5 | Alto | 2 | É necesaria a actuación |
| 6 – 7 – 8 | Moi alto | 3 | É necesaria a actuación canto antes |
| 9 – 10 | Extremo | 4 | É necesaria a actuación urxentemente |
NTP 1173 Modelo para a avaliación de postos de traballo en oficina: Método ROSA (Rapid Office Strain Assessment) - Ano 2022
Tu puntuación: / 0,5
III. Dereito do traballo · Exercicio único (2 p.)
O traballador Federico Alonso ten a categoría profesional de auxiliar administrativo, grupo 7 de cotización e é alta na empresa Formas, S.L dende o 7 de xaneiro de 2009. Con data 11 de abril de 2025 recibe unha carta de despedimento na que se lle comunica o mesmo con data de efectos do 30 de abril. Alégase na mesma como causa xustificativa do despedimento o feito de non ser capaz de manexar o novo programa informático adquirido pola empresa, malia ter transcorridos máis de 2 meses dende a súa introdución e recibir a cargo daquela a oportuna formación.
O despedimento realízase cumprindo todos os trámites legais.
Desconforme con iso, e logo da celebración do acto de conciliación sen avinza, o traballador recorre ao Xulgado do Social, quen declara a improcedencia do despedimento.
A sentenza dítase o 6 de xuño de 2025, comunicándose ás partes o día 10 dese mesmo mes. Ese día o empresario notifica ao traballador que non lle readmite na empresa.
As retribucións do traballador durante o 2025 foron as seguintes, segundo convenio colectivo:
- Salario Base: 1.370 euros/mes.
- Antigüedad: 60 euros/mes.
- Incentivos: 150 euros/mes.
- Plus de transporte (percíbeo de forma reiterada e con independencia do gasto de transporte soportado): 55 euros.
- Cobra 2 pagas extraordinarias prorrateadas de salario basee.
- Tipo de contrato: indefinido.
- IRPF: 13%
Hai que ter en conta ademais, que o traballador gozou de 7 días de vacacións no mes de marzo.
Á vista destes datos, pídese responder ás seguintes preguntas:
1) Indica o tipo de despedimento realizado pola empresa en función da causa alegada. (0,2 p.)
Solución oficial
Despedimento obxectivo ou extinción do contrato por causas obxectivas, por falta de adaptación do traballador ás modificacións técnicas operadas no seu posto de traballo (Art. 52 b) Real Decreto Lexislativo 2/2015 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto de Traballadores).
Tu puntuación: / 0,2
2) Calcula a cantidade neta que lle corresponde percibir ao traballador a data de despedimento. (0,9 p.)
Solución oficial
Por despedimento obxectivo correspóndelle unha indemnización de 20 días de salario por ano de servizo, cun máximo de 12 mensualidades.
Salario diario:
(1.370+60+150+55) * 12= 19.620 euros. Inclúe o plus de transporte xa que se considera salarial ao percibilo de forma reiterada. A este respecto, en sentenza do TS 753/2023 do 17 de outubro, establécese que o plus de transporte pode ter carácter salarial en certos casos, aínda que inicialmente poida ter natureza extrasalarial. Neste caso, percíbese todos os meses e con independencia do gasto incorrido, polo que debe figurar no cálculo do salario diario a efectos de indemnización.
Dúas pagas extra: 1.370*2= 2.740 euros.
Total anual= 22.360/365= 61,26 euros.
Indemnización: 20* (16+4/12)*61,26= 20.011,60 euros. Antigüidade:16 anos e 4 meses.
Tope: 12 mensualidades: 22.360 euros.
Non supera o tope, polo que cobrará 20.011,60 euros de indemnización, exentas de tributación por IRPF e cotización á Seguridade Social.
Liquidación a 30/4/25
Días traballados ata fin de contrato (30/4/25).
1.370+60+150+55+228,33*= 1.863.33 euros
2*1.370/12= 228,33 euros. Paga extra rateada
Parte proporcional das vacacións.
Para 4 meses traballados (1/1/25 ao 30/4/25) corresponden 10 días de vacacións. Gozou de 7 días polo que lle deben 3 días de vacacións.
Tamén se pode contar por días naturais, de modo que se a 365 días corresponden 30 días naturais de vacacións, a 120 días (do 1/1/25 ao 30/4/25) corresponden 9,86 días. 9,86-7= 2,86 días.
Agora calcúlase a contía a percibir en concepto de vacacións. Computa o plus de transporte debido a que o recibe todos os meses de forma reiterada aínda cando nas vacacións non se desprace.
1.863,33/30=62,11*3 días=186,33 euros que lle deben.
1.863,33/30=62,11*2,86 días= 177,63 euros que lle deben.
Total liquidación bruta (con 3 días de vacacións): 1.863,33 + 186,33= 2.049,66 euros.
Total liquidación bruta (con 2,86 días de vacacións): 1.863,33+ 177,63= 2.040, 96 euros.
Total liquidación máis indemnización= 22.061,26 euros. Ou ben: 22.052,56 euros.
Liquidación neta:
Base de cotización polo mes de abril: 1.863,33*6.48% (4,7+0,13+1,55+0,1)= 120,74 euros.
Base de cotización adicional polas vacacións pendentes: 186,33* 6,48%= 12,07 euros.
Ou ben por 2,86 días: 177,63*6,48%= 11,51 euros
Desconto IRPF: 13% * 2.049,66= 266, 46 euros. Con 2,86 días de vacacións: 2.040,96* 13%=265,32 euros.
Total a deducir: 399,27 euros. Con 2,86 días de vacacións: 397,57 euros.
Líquido a percibir: 2.049,66- 399,27= 1.650,39 euros. Ou ben: 1.643,39 euros.
Tu puntuación: / 0,9
3) Calcula a cantidade a que ten dereito pola declaración de improcedencia do despedimento. (0,9 p.)
Solución oficial
Indemnización por despedimento improcedente (Art.56 TRLET).
O traballador ten unha antigüidade anterior a 12/2/12, polo que ata esa data correspóndenlle 45 días por ano traballado, e a partir de 12/2/12 cobrará 33 días por ano traballado, segundo a Disposición Transitoria XI do TRLET.
Primeiro tramo: polo período anterior do 7/1/09 ao 11/2/12: 3 anos e 2 meses:
45*(3+2/12)= 142,5 días.
Polo tanto: 142,5 días * 61,26= 8.729,55 euros.
Segundo tramo: do 12/2/12 ao 30/4/25:13 anos e 3 meses.
33*(13+3/12)= 437,25 días.
Polo tanto: 437,25 * 61,26= 26.785,93 euros.
Total Indemnización (suma de ámbolos dous tramos): 35.515,48 euros.
437,25+142,5= 579,75 días. O tope inicial desta indemnización segundo o apartado 2 da Disposición Transitoria XI do TRLET son 720 días, salvo que polo período anterior á entrada en vigor do RD Lei 3/ 2012 do 10 de febreiro resulte un número de días superior, nese caso aplicarase este número como importe indemnizador máximo, sen superar en ningún caso 42 mensualidades (1.260 días).
579,75 días (437,25+142,5) é inferior a 720 días polo que cobrará este importe indemnizador: 579,75 * 61,26 de salario diario= 35.515,48 euros.
Con todo, como o traballador xa cobrou 20 días (20.011,60 euros) deberáselle descontar este importe:
35.515,48-20.011,60= 15.503,88 euros pendentes de cobranza, exentos de cotización e tributación por IRPF, ao non tratarse de mellora voluntaria nin superar os 180.000 euros de indemnización).
Non procede a cobranza de salarios de tramitación xa que a empresa non optou pola readmisión do traballador, nin este ostenta ningún cargo de representación das persoas traballadoras (nese caso si tería dereito).
Tu puntuación: / 0,9
IV. Seguridade Social · Exercicio único (2 p.)
Unha traballadora de 27 anos de idade e cun fillo de 3 anos, inicia a súa vida laboral cunha contratación indefinida en data 1 de abril de 2023. Pertence ao grupo 2 de cotización da Seguridade Social.
En data 19 de outubro de 2024, na mesma empresa na que empezou a súa vida laboral, inicia un proceso de IT derivado de continxencia común (tendinite de Quervain). Permanece nesta situación ata o 30 de outubro de 2024.
Datos:
BCCC setembro 2024: 3.178 €
BCCP setembro 2024: 3.178 €
Durante o ano anterior a esta baixa percibiu 550 € pola realización de horas extras.
O 7 de marzo de 2025 inicia outro proceso de IT polo mesmo motivo (tendinite de Quervain) permanecendo nesta situación ata o 19 de abril de 2025.
Datos:
BCCC febreiro 2025:3.290 €
BCCP febreiro 2025: 3.390 €
Durante o ano anterior a esta baixa percibiu 650 € pola realización de horas extras.
O día 31 de marzo do 2025 extínguese o seu contrato de traballo por amortización do posto de traballo.
A suma das BCCP (sen horas extras) dos últimos 180 días cotizados ascende a 19.740 €
Calcula e analiza:
1) A prestación de IT que lle corresponde durante o segundo período de baixa (7/03/2025 a 19/04/2025). (0,2 p.)
Solución oficial
Analizamos a situación antes de proceder aos cálculos:
- A segunda baixa debe ser tratada como unha recaída do proceso de IT anterior, polo que a segunda baixa debe ser considerada como a continuación da primeira.
“Considerarase que existe recaída nun mesmo proceso de incapacidade temporal cando se produza unha nova baixa médica pola mesma ou similar patoloxía dentro dos 180 días naturais seguintes á data de efectos da alta médica anterior, agás nos procesos por baixas médicas por menstruación incapacitante secundaria nos que cada proceso se considerará novo sen computar aos efectos do período máximo de duración da situación de incapacidade temporal, e da súa posible prórroga.”
Art 169.2 Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
- En canto ao cómputo das Bases reguladoras no caso de recaída, terase en conta a STS nº 1046/2024, do 11 de setembro do 2024, onde se indica que a base reguladora debe ser a do mes anterior á recaída e non a do anterior proceso de incapacidade temporal.
- Estando en período de IT, finaliza o contrato, polo que, a partir da data de fin de contrato, a traballadora seguiría cobrando a IT, pero pasaría a cobrar a cantidade á que tería dereito se tivese desemprego, descontando o tempo da prestación de desemprego consumido ao vir derivada dunha IT por enfermidade común.
“Cando o traballador se atope en situación de incapacidade temporal derivada de continxencias comúns e durante a mesma se extinga o seu contrato, seguirá percibindo a prestación por incapacidade temporal en cantidade igual á prestación por desemprego ata que se extinga dita situación, pasando entón á situación legal de desemprego no suposto de que a extinción se produza por algunha das causas previstas no artigo 267.1 e a percibir, se reúne os requisitos necesarios, a prestación por desemprego contributivo que lle corresponda de ter iniciado a percepción da mesma na data de extinción do contrato de traballo, ou o subsidio por desemprego.
Neste caso, descontarase do período de percepción da prestación por desemprego, como xa consumido, o tempo que tería permanecido na situación de incapacidade temporal a partir da data da extinción do contrato de traballo.”
Art 283.1 Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
Cálculo prestación:
➔ Cumpre requisitos para cobrar a prestación de IT:
- Afiliada e en alta na SS desde o 01/04/2023.
- Ten máis de 180 días cotizados nos últimos 5 anos (enfermidade común).
➔ Base reguladora da prestación por IT:
Hai que distinguir varias franxas dende o 7/03/2025 ao 19/04/2025.
- Por unha banda, dende o 7/03/2025 ao 31/03/2025 (data de extinción do contrato).
A BR será a BCCC do mes anterior á baixa / nº de días do mes anterior. Ao ser traballadora do grupo 2, é traballadora mensual, polo que a BR divídese entre 30.
BR = 3.290 / 30 = 109,67
- Por outra banda, desde o 1/04/2025 ao 19/04/2025 (data fin da IT).
Neste período percibiría a baixa en cantidade de desemprego, polo que haberá que ver se ten dereito:
◦ Ten mínimo 360 días cotizados nos últimos 6 anos. (comezou a traballar o 01/04/2023).
◦ Atópase en situación legal de desemprego. (extinción: despedimento por causas obxectivas, amortización do posto de traballo).
◦ Non ten a idade de xubilación.
Cumpre requisitos para cobrar prestación de desemprego e polo tempo cotizado (dende o 01/04/2023 ao 31/03/2025 ten 730 días) corresponde unha prestación de 240 días.
BR desemprego: BCCP (sen HE) dos 6 últimos meses / 180 días = 19.740 / 180 = 109,67.
180 primeiros días: 70% de 109,67 = 76,77.
181 ata o día 240: 60% de 109,67 = 65,80.
Comprobamos cos límites con 1 fillo:
Cantidade mínima da prestación contributiva: 107% IPREM incrementado nun 1/6: 749,00 € (24,97 €/día).
Cantidade máxima da prestación contributiva: 200% IPREM incrementado nun 1/6 1.400,00 € (46,67 €/día).
Supera o límite máximo, polo que se colle o máximo ao día: 46,67 euros/día.
➔ Contía:
- Por unha banda, dende o 7/03/2025 ao 31/03/2025 (data de extinción do contrato):
Do 07/03/2025 ao 31/03/2025:
8 días (do 7 ao 14 de marzo) ao 60% de 109,67 = 526,40 €.
17 días (do 15 ao 31 de marzo) ao 75% de 109,67 = 1.398,25 €.
- Por outra banda, dende o 1/04/2025 ao 19/04/2025 (data fin da IT):
19 días * 46,67 = 886,73 €
Cantidade total de IT = 526,40 + 1.398,25 + 886,73 = 2.811,38 €.
Tu puntuación: / 0,2
2) A prestación por desemprego que lle corresponderá no mes de novembro de 2025. (0,9 p.)
Solución oficial
Ten unha prestación concedida de 240 días.
Novembro será o último mes de prestación. Como chega ao límite cobrará a contía de 1.400,00€.
Tu puntuación: / 0,9
3) Que ocorrería no caso de que no mes de novembro incorrese de novo en baixa por IT derivada dun accidente de coche, tendo en conta que dita situación se prolonga ata xaneiro do 2026. (0,9 p.)
Solución oficial
Neste caso, ao non ser unha IT por recaída, unha vez finalizado o período de duración establecido inicialmente para a prestación por desemprego, seguirá percibindo a prestación por incapacidade temporal en cantidade igual ao 80 % do indicador público de rendas de efectos múltiples mensual, é dicir, 480 €/mes.
Art 283.2 Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
Normativa a ter en conta no exercicio
Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
Tu puntuación: / 0,9
V. Economía e empresa · Exercicio único (2 p.)
Dúas empresas, dentro do seu plan de viabilidade económica e análise do mercado e competencia, deben elixir a cantidade de produción que maximiza os seus beneficios, tomando en consideración a cantidade producida polo seu competidor:
A demanda de mercado dun ben é xᴰ = 100 − P, sendo P o prezo de venda do ben. No mercado actuarían estas dúas empresas que producirían coas funcións de custos C₁ = 4X₁ e C₂ = 2X₂², onde X₁ e X₂ indican a cantidade do ben X que producirían as empresas 1 e 2, respectivamente.
1) Calcule o equilibrio no modelo de Cournot e o beneficio para cada empresa. (1 p.)
Solución oficial
EQUILIBRIO DE COURNOT: As empresas toman decisións simultaneamente e compiten en cantidades.
Datos:
xᴰ=100-P
Función custos Empresa 1: C₁=4X₁
Función custos Empresa 2: C₂=2X₂²
Comezamos calculando a función de reacción da empresa 1:
IT₁ = P * x₁
P = 100-X = 100-X₁- X₂
Polo tanto, IT₁= P * x₁ = (100-X₁- X₂) * X₁ = 100X₁- x₁²- x₁*x₂
Agora calculamos IMg₁ (que é a derivada de IT₁) = 100 - 2x₁ - x₂
Agora calculamos CMg₁ (que é a derivada da función de custos da empresa 1:C₁=4X₁ ) = 4
Con estes datos podemos calcular a función de reacción da empresa 1:
IMg₁ = CMg₁ (onde a empresa maximiza os seus beneficios)
100 - 2x₁ - x₂ = 4
X₁= 48 - x₂/2 FUNCIÓN REACCIÓN EMPRESA 1
Agora calculamos a función de reacción da empresa 2:
IT₂= P * x₂= (100 -X₁- X₂)* x₂= 100X₂ – X₂² - X₁* X₂
Agora calculamos IMg₂ (que é a derivada de IT₂) = 100 - 2 X₂ - X₁
Agora calculamos CMg₂ (que é a derivada da función de custos da empresa 2: C₂=2X₂² ) = 4 X₂
Con estes datos podemos calcular a función de reacción da empresa 2:
IMg₂ = CMg₂ (onde a empresa maximiza os seus beneficios)
100- 2 X₂ - X₁ = 4 X₂
X₂= (100- X₁)/6 FUNCIÓN REACCIÓN EMPRESA 2
Polo tanto, para calcular o Equilibrio de Cournot utilizamos as dúas funcións de reacción:
X₁= 48 - x₂/2
X₂= (100- X₁)/6
X₂= (100- X₁)/6 = (100-(48 - x₂/2))/6 = (52+ x₂/2)/6
6X₂= 52+ x₂/2
X2=9,45 unidades físicas
X₁= 48 - x₂/2= 48 - 9,45/2 X₁=43,27 unidades físicas
Tamén nos piden calcular o beneficio:
B₁= (P* X₁)- C₁= (47,28 * 43.27) - 4X₁ = (47,28 * 43.27) - 4*43,27=
B₁=1.872,72 unidades monetarias
*P= 100-X₁- X₂= 100 – 43,27 – 9,45= 47,28
B₂= (P* X₂)- C₂=(47,28 * 9,45) -2X₂² → B₂ = 268,19 unidades monetarias
Tu puntuación: / 1
2) Calcule o equilibrio no modelo de Stackelberg se a empresa 2 actúa como seguidora, e o beneficio obtido por cada empresa. (1 p.)
Solución oficial
EQUILIBRIO DE STACKELBERG: Aquí as empresas non toman decisións simultáneas, a empresa líder decide a súa cantidade sabendo que a empresa se sitúa na súa curva de reacción.
Datos:
xᴰ=100-P → P=100- x = 100 -X₁- X₂
Función custos Empresa 1: C₁=4X₁
Función custos Empresa 2: C₂=2X₂²
Do apartado anterior xa temos a Curva Función de Reacción da empresa 2:
X₂= (100- X₁)/6 FUNCIÓN REACCIÓN EMPRESA 2
Agora a empresa 1 maximiza a súa función de beneficio sabendo que a empresa seguidora se sitúa sobre a curva :X₂= (100- X₁)/6
FUNCIÓN BENEFICIOS EMPRESA 1:
B₁= (P* X₁)- C₁
B₁= (100 -X₁- X₂)* X₁-4X₁
B₁=100X₁- X₁²- X₁* X₂ - 4X₁
B₁=96X₁-X₁²- X₁* X₂
Substituímos X₂= (100- X₁)/6 e quedaría B₁=-5X₁² + 476X₁ Función que hai que maximizar. Para maximizar hai que derivar e igualar a 0 a dita función:
dB₁/dX₁= -10X₁ + 476 ;-10X₁ + 476= 0
X₁=47,6 unidades físicas
X₂= (100- X₁)/6 = (100- 47,6)/6 = 8,73 unidades físicas
estas son as cantidades de equilibrio de Stackelber.
Agora imos calcular o Bº, e o prezo ao que van vender as 2 empresas:
*P = 100-X₁- X₂= 100 – 47,6 – 8,73= 43,67 unidades monetarias
B₁= (P* X₁)- C₁ = (43,67 * 47,6) – 4 * 47,6 = 1.888,29 unidades monetarias
B₂=(8,73 * 43,67) – 2*8,73² = 288,81 unidades monetarias
Tu puntuación: / 1
Enunciado y soluciones oficiales publicados por la Consellería de Educación de la Xunta de Galicia (consulta pública de oposiciones), reproducidos sin cambios. PDF original.