Practica el examen de FOL de Galicia con la solución oficial

Exámenes FOL Galicia › Práctica › 2025 · Opción 2

Examen práctico oficial de FOL de la oposición de Galicia 2025, Opción 2 (10 puntos). Escribe tu respuesta en cada apartado, pulsa «Ver solución oficial» y puntúate.

Texto oficial, sin cambios: enunciado y soluciones publicados por el tribunal (en gallego). No son preguntas elaboradas por unrepasito.

⏱ 00:00Tu nota: 0 / 10

I. Orientación · Exercicio 1 (1 p.)

1) Explica en que consiste a Teoría de John L. Holland. (0,3 p.)

2) En que ano empezou Holland a desenrolar a devandita teoría. (0,3 p.)

3) Enumera e describe brevemente os seis tipos de personalidade que expón este modelo. (0,4 p.)

I. Orientación · Exercicio 2 (1 p.)

Vostede é titor/a de un alumno de 16 anos, en risco de abandono escolar, que non atopa motivación nos estudos convencionais e está a valorar deixar o sistema educativo. Quere saber que opcións ofrécelle a FP en Galicia e como pode axudarlle o programa FPgal360.

1) Comente a lexislación relevante que apoia a orientación profesional integral no marco da FP galega. (0,2 p.)

2) Explique brevemente que é o programa FPgal360 e cales son os seus obxectivos principais para o alumnado de FP en Galicia. (0,4 p.)

3) Describa os tres eixos principais a través dos que se articula o plan FPgal360. (0,4 p.)

II. Prevención de riscos laborais · Exercicio único (2 p.)

A traballadora Antonia García Fernández de 30 anos de idade, presta os seus servizos na empresa de paquetería Luís Seoane de Pontevedra. No seu posto de traballo realiza unha tarefa de arrastre de cargas para o que dispón dunha carretilla manual, cuxas asas están situadas a 110 cm do chan, para transportar unhas caixas a 10m de distancia. En media realiza 6 operacións de transporte cada 5 minutos. Tendo en conta os datos que se expón a continuación, responda as preguntas formuladas:

SexoTarefaForzaCVRLVSFDHSFFSF
FemininoEmpuxeInicial0.21436,9-0,5304+V/0,3361 − V²/0,69151,0286 - DH/72,22 + DH²/97820,7251 - In(F)/13,19 − In²(F)/197,3
FemininoArrastreInicial0.23436,9-0,5304+V/0,3361 − V²/0,69151,0286 - DH/72,22 + DH²/97820,7251 - In(F)/13,19 − In²(F)/197,3
FemininoEmpuxeSostida0.28625,5-0,6539+V/0,2941 − V²/0,57221,0391 - DH/52,91 + DH²/79750,6086 - In(F)/11,95 − In²(F)/304,4
FemininoArrastreSostida0.29825,5-0,6539+V/0,2941 − V²/0,57221,0391 - DH/52,91 + DH²/79750,6086 - In(F)/11,95 − In²(F)/304,4
Tabla. Parámetros para o calculo do MAL50 en tarefas de empuxe e de arrastre
VARIABLESEXOLÍMITE INFERIORLÍMITE SUPERIOR
VMasculino0,63 m1,44m
VFeminino0,58 m1,33m
DHMasculino / Feminino2,1 m61m
FMasculino / Feminino0,0021 min-110 min-1
Velocidade media (DH.F)Masculino / Feminino-37m.min-1
Tabla. Rangos de validez das variables utilizadas para o cálculo do MAL 50
Porcentaxe empuxe/arrastreProbabilidade Z< ZxZ
750,25-0,674
800,20-0,842
850,15-1,036
900,10-1,282
950,05-1,645
990,01-2,326
Valores da variable estándar Z e a súa correspondente probabilidade acumulada

1) Cales son os límites de forza para esta tarefa? (1 p.)

2) Cales serían os límites se se quere ofrecer unha protección ao 75% da poboación feminina? (0,5 p.)

3) Cales serían os límites se se quere ofrecer unha protección ao 90% da poboación feminina? (0,5 p.)

III. Dereito laboral · Exercicio único (2 p.)

O convenio colectivo vixente nun sector establece as seguintes condicións:

  • A liquidación mensual das retribucións determinarase en base a mensualidades de 30 días para todo o persoal tanto de taller como de oficina.
  • Dúas gratificacións extraordinarias semestrais, que se abonan unha en xullo e outra en decembro, na contía, cada unha delas, de 30 días de salario base.
  • As vacacións serán de 23 días laborais.
  • As empresas abonarán á finalización do contrato e polo concepto de indemnización ás persoas traballadoras con contratos non indefinidos, un importe de 20 días de salario por ano traballado.

En dúas empresas do sector prodúcense as seguintes situacións:

  • María, enxeñeira do grupo profesional 1, foi contratada o 1 de marzo do 2025 mediante un contrato por circunstancias da produción de 2 meses de duración. O seu salario base é de 3.041,33 €/mes. Durante o mes de abril realizou 10 horas extraordinarias (hora extraordinaria: 40,51 €/hora) e utilizou o seu vehículo persoal para tarefas laborais, percorrendo 700 km. en total (quilómetro vehículo propio: 0,37 €/km.). O 30 de abril finalizou o contrato sen gozar as vacacións anuais. A empresa declárase insolvente e débelle as nóminas de marzo e abril, e a liquidación.
  • Óscar, oficial de 1ª taller do grupo profesional 5, é despedido en 2025. A súa antigüidade na empresa é de 12 anos. A empresa, en procedemento concursal, débelle 26.912,16 € correspondentes á indemnización por despedimento disciplinario improcedente.

1) Que contía abonaralle o Fondo de Garantía Salarial a María e por que conceptos? (0,9 p.)

2) Que contía cubrirá o Fondo de Garantía Salarial no caso de Óscar? (0,9 p.)

3) Indique as referencias normativas. (0,2 p.)

IV. Seguridade Social · Exercicio único (2 p.)

Antonio prestou servizos nunha empresa estando encadrado no Réxime Xeral da Seguridade Social desde o 8 de xaneiro de 2003 ata o 28 de xaneiro de 2024, nesta data falece por mor de enfermidade común.

Antonio estivo casado en dúas ocasións, a primeira con Clara dende o 4 de xullo de 2007 ata o 12 de maio de 2012 (1774 días) e nunha segunda ocasión con Teresa dende o 6 de agosto de 2012 ao 15 de agosto de 2015, data na que se separou (1.105 días).

A base reguladora da prestación por morte e supervivencia ascende a 1.658,37 €. Clara solicita a pensión de viuvez que lle puidese corresponder o 14 de xuño de 2024. Teresa, que satisfixo os gastos de enterro, solicita o 25 de abril de 2024, auxilio por defunción e pensión de viuvez.

Ambas as beneficiarias son traballadoras por conta allea e recibían pensión compensatoria do seu excónxuxe, ao amparo do contido do artigo 97 do código Civil e atopábanse separados.

1) Determinar a contía da pensión de viuvez de Clara e a data de efectos económicos. (0,8 p.)

2) Establecer as prestacións ás que ten dereito Teresa indicando a data de efectos económicos das mesmas. (0,8 p.)

3) No caso de que o pai de Antonio convivise con el dende o 1 de abril de 2021 e tendo en conta que ten 82 anos de idade, que non ten dereito a pensión e que só percibe 500€ mensuais polo alugueiro dunha vivenda que posúe. Tería dereito a algunha pensión? En caso afirmativo, cal sería a contía? (0,4 p.)

V. Economía e empresa · Exercicio único (2 p.)

Unha empresa lanza un novo produto de gran calidade para o cal se fixou un prezo de venda ao público de 150 €/ unidade.

A empresa ten dous métodos para a fabricación do devandito produto. No primeiro método de fabricación ascéndese a uns custos fixos de 50.000 € e custo variable unitario de 60 €. No segundo método de fabricación ascéndese a uns custos fixos de 70.000 € e custo variable unitario de 50 €.

Logo dun estudo de mercado, chégase ás seguintes estimacións de mercado.

Volume de vendasProbabilidade
1500 ud.35%
2500 ud.50%
500 ud.30%

Pídese:

1) Constrúe a matriz de resultados. (0,25 p.)

2) Calcula o resultado para cada alternativa e mellor valor esperado. (0,25 p.)

3) Calcula a matriz de pesares. (0,75 p.)

4) Calcula o custo de incerteza ou VEIP. (0,75 p.)

Enunciado y soluciones oficiales publicados por la Consellería de Educación de la Xunta de Galicia (consulta pública de oposiciones), reproducidos sin cambios. PDF original.