Practica el examen de FOL de Galicia con la solución oficial

Exámenes FOL Galicia › Práctica › 2026 · Opción B

Examen práctico oficial de FOL de la oposición de Galicia 2026, Opción B (10 puntos). Escribe tu respuesta en cada apartado, pulsa «Ver solución oficial» y puntúate.

Texto oficial, sin cambios: enunciado y soluciones publicados por el tribunal (en gallego). No son preguntas elaboradas por unrepasito.

⏱ 00:00Tu nota: 0 / 10
Instrucións xerais do exame

O nome e apelidos deberán figurar en todas as follas que a persoa aspirante utilice durante a realización do exame.

Lea detidamente os enunciados e as preguntas antes de responder. As respostas ilexibles non serán valoradas.

Non se permite o uso de bolígrafos borrables, lapis, portaminas nin correctores líquidos (Tipp-Ex ou similares). As correccións deberán realizarse poñendo entre paréntese o texto a anular e riscando enriba mediante unha cruz que permita identificar claramente o contido anulado.

Non se permite o uso de dispositivos electrónicos, salvo autorización expresa do tribunal.

A entrega do exame poderá realizarse unha vez transcorridos 45 minutos desde o inicio da proba. Non se permitirá a entrega do exame nin o abandono da aula durante os últimos 15 minutos do tempo establecido para a súa realización. Unha vez finalizado o exame, levante a man e permaneza no seu lugar ata que o persoal responsable lle indique o procedemento de recollida dos exercicios.

O tribunal informará periodicamente ás persoas aspirantes do tempo restante para a finalización do exame.

O exame terá unha duración de tres horas. Unha vez repartidos os exames se concederán 5 minutos para que as persoas aspirantes poidan decidir entre a opción A e a opción B. Durante este tempo as persoas aspirantes non poderán empezar o exame, estando prohibido escribir ata que finalice este tempo e o tribunal dea comezo ao tempo efectivo para a realización da proba.

Este tempo de cinco minutos non computa na duración de tres horas de realización do exame.

Pregunta 1 (2,5 p.)

Vostede é docente de Formación e Orientación Laboral nun Centro Integrado de Formación Profesional de Galicia. Un alumno do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos superou as prácticas en empresa do ciclo e foi convocado para unha entrevista nun concesionario oficial dunha marca de alta gama. O alumno pídelle axuda porque a empresa utiliza técnicas de selección avanzadas. Como parte do seu labor de orientación, debe preparalo para responder cuestións técnicas sobre o perfil do posto e para afrontar unha entrevista por competencias.
Como docente, vostede debe guiar o alumno resolvendo os seguintes puntos:

a) Que é unha entrevista por competencias? (0,75 p.)

b) Defina en que consiste o método STAR na selección de persoal e indique o significado das súas siglas. (0,75 p.)

c) Adestre o seu alumno axudándoo a construír unha resposta seguindo a metodoloxía STAR para a seguinte pregunta: “Fálame dunha situación específica na que un cliente quedou moi insatisfeito cunha reparación electromecánica que realizaches”. Que fixeches para xestionar a súa frustración e como rematou o caso? (1 p.)

Pregunta 2 (2,5 p.)

A empresa Itinerarios S.A. dedícase á xestión e organización de viaxes e eventos para particulares e empresas. O ano pasado obtivo os seguintes resultados:

  • Ingresos por vendas: 500.000 €
  • Custos variables: 350.000 €
  • Custos fixos: 250.000 €
  • Perda neta: -100.000 €

Partindo da premisa de que os seus custos variables representan a mesma porcentaxe sobre as vendas, calcule:

a) O volume de vendas que permita alcanzar o punto morto cando os custos fixos aumentan en 100.000 euros. Comprobe o resultado (1,25 p.)

b) O volume de vendas, co incremento anterior de 100.000 euros nos custos fixos, para obter un beneficio de 50.000 euros. Comprobe o resultado (1,25 p.)

Pregunta 3 (2,5 p.)

A empresa INNOVACIÓNS TECNOLÓXICAS S.L., dedicada ao desenvolvemento de software empresarial, conta cun cadro de persoal de 150 traballadores. Durante os dous últimos exercicios a empresa iniciou un proceso de reorganización co obxectivo de reducir custos de estrutura e optimizar o uso das súas instalacións.

Segundo a memoria organizativa elaborada pola dirección:

  • O grao medio de ocupación das oficinas sitúase no 42 %.
  • Os custos de alugueiro e mantemento das instalacións aumentaron un 15 %.
  • A implantación de novas ferramentas dixitais permite realizar a maioría das tarefas sen necesidade de presenza física continuada.

Como consecuencia diso, a empresa decide implantar un modelo xeneralizado de traballo a distancia.

Laura, analista informática con contrato indefinido desde 2018, viña prestando servizos de forma totalmente presencial. En abril de 2026 recibe por escrito unha comunicación empresarial na que se lle informa de que, a partir do mes seguinte:
1. Deberá prestar servizos catro días á semana mediante traballo a distancia e unicamente acudirá un día á semana ao centro de traballo.
2. A empresa facilitaralle un ordenador portátil e un teléfono móbil corporativo.
3. Non se prevé ningunha compensación económica polos gastos derivados do traballo a distancia ao considerar que o aforro en desprazamentos compensa os posibles custos domésticos.
4. Implantarase un software que rexistrará o tempo de conexión e realizará capturas automáticas de pantalla cada dez minutos.
5. Os traballadores deberán manter activada a cámara durante as reunións virtuais.
6. A empresa poderá acceder remotamente aos dispositivos corporativos para verificar o cumprimento das obrigas laborais.

Ademais:

  • Laura ten recoñecida unha adaptación de xornada para o coidado dunha filla de sete anos.
  • O comité de empresa manifesta non ter sido informado nin consultado previamente sobre a implantación do novo sistema.
  • Laura oponse expresamente ao cambio e manifesta a súa vontade de continuar prestando servizos de forma presencial.

a) Analice xuridicamente a decisión empresarial de impoñer a Laura a prestación de servizos en réxime de traballo a distancia. (0,63 p.)

b) Analice xuridicamente a decisión empresarial relativa á entrega de medios tecnolóxicos e á ausencia de compensación económica polos gastos derivados do traballo a distancia. (0,63 p.)

c) Analice a legalidade das medidas de control implantadas pola empresa. (0,63 p.)

d) Analice a relevancia xurídica da falta de información ao comité de empresa e da situación de conciliación familiar de Laura. (0,63 p.)

Pregunta 4 (2,5 p.)

A empresa METALGAL, S.L., dedicada á fabricación de estruturas metálicas, conta con 140 traballadores. Tras unha visita da Inspección de Traballo detéctanse as seguintes circunstancias:
1. A avaliación de riscos non se actualizou desde a incorporación de nova maquinaria hai tres anos.
2. O persoal de nova incorporación non recibe formación preventiva específica.
3. A empresa pretende constituír un Servizo de Prevención Mancomunado con outra empresa do mesmo grupo empresarial situada no mesmo polígono industrial sen consultar previamente as persoas delegadas de Prevención.
4. Nos postos de traballo existen riscos derivados da exposición ao ruído e da manipulación manual de cargas.

A dirección solicítalle un informe sobre a situación que conteña os seguintes puntos:

a) Identifique as infraccións preventivas existentes e a normativa vulnerada. (1 p.)

b) Analice a viabilidade de constituír un Servizo de Prevención Mancomunado e as obrigas de consulta e participación que deben respectarse. (1 p.)

c) Indique que especialidades preventivas deberían intervir para xestionar adecuadamente os riscos descritos. (0,5 p.)

Enunciado y soluciones oficiales publicados por la Consellería de Educación de la Xunta de Galicia (consulta pública de oposiciones), reproducidos sin cambios. PDF original.