Examen Persoal de servizos xerais (PSX) SERGAS 2020: preguntas y respuestas oficiales

Auxiliar Administrativo SERGAS: examen del 8 de noviembre. Plantilla del examen de Auxiliar Administrativo y consulta tu nota

Exámenes Persoal de servizos xerais (PSX) SERGAS › Examen 2020

Todas las preguntas del examen oficial de Persoal de servizos xerais (PSX) del SERGAS de 2020 (OPE 2019), en gallego tal como se publicó, con la respuesta correcta de la plantilla oficial. Las explicaciones de cada pregunta están en la práctica.

¿Quieres saber por qué es esa la respuesta? Practica este examen con cronómetro, tu nota y la explicación de cada pregunta. Practicar gratis

Parte específica · preguntas teóricas

  1. Das seguintes opcións que se relacionan, indique cal delas é un sistema operativo de PC:

    1. Fedora
    2. Opera
    3. Edge
    4. Explorer

    Respuesta correcta: a)

  2. Cal destas opcións que se mostran a continuación, relacionaríanse co concepto de Intranet:

    1. Un conxunto de ordenadores dispersos e sen conexión entre eles.
    2. Os ordenadores que forman parte dunha rede reducida (casa, edificio, oficina, campus universitario) conectados entre si.
    3. Todos os ordenadores do mundo conectados.
    4. Os ordenadores que teñen módem.

    Respuesta correcta: b)

  3. Conforme á Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e deberes en materia de información e documentación clínica, a titularidade do dereito á información epidemiolóxica corresponde a:

    1. Os pacientes.
    2. O Sergas.
    3. Os cidadáns.
    4. A Consellería de Sanidade.

    Respuesta correcta: c)

  4. Segundo o artigo 4 sobre o dereito de información sanitaria da Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e deberes en materia de información e documentación clínica, a información, que como regra xeral proporcionarase verbalmente, deixando constancia na historia clínica, comprende, como mínimo:

    1. A finalidade e a natureza de cada intervención.
    2. A finalidade e o carácter de cada intervención.
    3. Os seus riscos e efectos secundarios.
    4. Os seus riscos e tratamentos.

    Respuesta correcta: a)

  5. Cal das seguintes medidas provisionais non poderá acordarse segundo a Lei 39/2015?

    1. Depósito, retención ou inmobilización de cousa moble.
    2. Consignación ou constitución de depósito das cantidades que se reclamen.
    3. Retención de ingreso a conta que deban aboar as Administracións Públicas.
    4. Intervención e depósito de ingresos obtidos mediante unha actividade que se considere lícita.

    Respuesta correcta: d)

  6. O aparello que mide a concentración de dióxido de carbono nos gases respiratorios denomínase:

    1. Esfigmomanómetro.
    2. Ecógrafo.
    3. Micrótomo.
    4. Capnógrafo.

    Respuesta correcta: d)

  7. Cal sería a afirmación correcta con respecto a subir unha rampla cun paciente en cadeira de rodas?

    1. Camiñaremos de costas á rampla, colocando ao paciente en contra do sentido da marcha.
    2. Empuxaremos a cadeira desde atrás e colocaremos ao paciente en contra do sentido da marcha.
    3. Camiñaremos de costas á rampla, colocando ao paciente de fronte no sentido da marcha.
    4. Empuxaremos a cadeira dende atrás e colocaremos ao paciente de fronte no sentido da marcha.

    Respuesta correcta: d)

  8. Cal das seguintes pode constituir unha barreira na comunicación?

    1. Unha correcta dicción.
    2. A ausencia de prexuízos.
    3. Uso de xerga profesional.
    4. Todas son barreiras para a comunicación.

    Respuesta correcta: c)

  9. Segundo o artigo 221 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, para ter dereito á pensión de viuvez de parellas de feito, deberase acreditar a existencia de parella de feito mediante certificación da inscrición nalgún dos rexistros cunha antelación mínima de:

    1. Cinco anos con respecto á data do falecemento do causante.
    2. Dous anos con respecto á data do falecemento do causante.
    3. Cinco anos con respecto á data da solicitude.
    4. Dous anos con respecto á data da solicitude.

    Respuesta correcta: b)

  10. Segundo o Decreto 160/1996 o persoal da categoría de persoal de servizos xerais desenvolverá as súas funcións respectando:

    1. Os deberes de secreto e protección de datos persoais.
    2. Os deberes de sixilo e confidencialidade.
    3. Os deberes de trasparencia e acceso á información pública.
    4. O deber de eficiencia dos servizos sanitarios.

    Respuesta correcta: b)

  11. Cal dos seguintes non é un dos elementos que deben intervir na xestión de cita, segundo o Manual de usuario do SIGAP?

    1. Vacacións.
    2. Patróns de axenda.
    3. Servizos.
    4. Festivos.

    Respuesta correcta: a)

  12. Segundo a Lei Orgánica 3/2015, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, o tratamento dos datos de menores de catorce anos require o consentimento de:

    1. O Ministerio Fiscal.
    2. As persoas vinculadas a el por razóns familiares ou de feito.
    3. O titular da patria potestade ou tutela.
    4. Todas son correctas.

    Respuesta correcta: c)

  13. Segundo o Real Decreto 208/1996, do 9 de febreiro, polo que se regulan os servizos de información administrativa e atención ao cidadán, é información particular:

    1. A relativa ao estado ou contido dos procedementos en tramitación.
    2. A referente á tramitación de procedementos.
    3. A referida aos requisitos xurídicos que as disposicións impoñan aos proxectos, actuacións ou solicitudes que os cidadáns se propoñan realizar.
    4. A relativa á identificación, fins, competencia, estrutura, funcionamento e localización de organismos.

    Respuesta correcta: a)

  14. Segundo as súas características e duración, o material empregado nun centro sanitario pode ser:

    1. Funxible e catalogable.
    2. Funxible e inventariable.
    3. Catalogable e inventariable.
    4. Crítico e semicrítico.

    Respuesta correcta: b)

  15. Cal é á función do xestor de correo electrónico, que permite agregar contactos ou destinatarios, de xeito oculto para que reciban unha copia da mensaxe?

    1. CC.
    2. Axenda.
    3. Sky Drive.
    4. CCO.

    Respuesta correcta: d)

  16. Que sistema operativo teremos instalado se o noso disco de arranque ten o sistema de arquivos NTFS (siglas en inglés New Technology File System):

    1. iOS.
    2. Microsoft Windows.
    3. Android.
    4. Linux.

    Respuesta correcta: b)

  17. Segundo o Decreto 38/2015 de residuos sanitarios de Galicia, os residuos citotóxicos e citostáticos e todo material utilizado na súa preparación ou en contacto con eles, estarían dentro da clasificación:

    1. Residuos específicos da actividade sanitaria, clase III.
    2. Residuos saniarios non perigosos, clase IV.
    3. Residuos sanitarios perigosos, clase IV.
    4. Residuos sanitarios perigosos, clase III.

    Respuesta correcta: c)

  18. Cal é o prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición?

    1. Un mes.
    2. Tres meses.
    3. Seis meses.
    4. Ningunha é correcta.

    Respuesta correcta: a)

  19. Os recipientes crioxénicos están destinados ao almacenamento, transporte e distribución de:

    1. Nitróxeno líquido.
    2. Argón.
    3. Helio.
    4. Todas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  20. Que dereito recolle o artigo 7 da Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigacións, en materia de información e documentación clínica?.

    1. Dereito de confidencialidade.
    2. Dereito á intimidade.
    3. Dereito á intimidade e confidencialidade.
    4. Dereito á información.

    Respuesta correcta: b)

  21. Unha pantalla táctil é un periférico de:

    1. Saída.
    2. Entrada.
    3. Entrada/saída.
    4. Non se considera un periférico.

    Respuesta correcta: c)

  22. Cal das seguintes opcións sería a correcta en relación á distancia social?

    1. É a habitual cos compañeiros de traballo, co xefe, con persoas coas que non temos moita confianza pero si coñecemos. Dáse entre 46 e 120 cm.
    2. É a que mantemos con persoas que non coñecemos. Danse entre 120 e 360 cm.
    3. É a habitual con compañeiros de traballo, co xefe, con persoas coas que non temos moita confianza pero si coñecemos. Dáse entre 125 e 300 cm.
    4. É a que mantemos con persoas que non coñecemos. Dáse entre 125 e 300 cm.

    Respuesta correcta: b)

  23. Para evitar as infeccións nos centros sanitarios úsanse diferentes medidas preventivas. Cal da seguintes non é unha barreira física?

    1. Uso de material desbotable.
    2. Uso de antisépticos.
    3. Filtros de aire.
    4. Desinsectación.

    Respuesta correcta: b)

  24. Que tipo de conector utilizarías para conectar por cable a tarxeta de rede dun PC a un Router doméstico?

    1. RJ12.
    2. RJ54.
    3. RJ45.
    4. RJ11.

    Respuesta correcta: c)

  25. É-Saúde, é unha ferramenta de comunicación integrada no Sergas, esta ferramenta está presente en distintas redes sociais. En cal das seguintes redes sociais que se relacionan, non está presente É-Saúde:

    1. Instagram.
    2. Twitter.
    3. Facebook.
    4. Google Plus.

    Respuesta correcta: a)

  26. Os Arquivos de Xestión:

    1. Poden ser consultados libremente polos particulares.
    2. Non poden ser consultados libremente polos particulares.
    3. Só poden ser consultados por persoas que traballen para a administración como funcionarios ou como persoal laboral contratado.
    4. Poden ser consultados libremente polos particulares, previa solicitude de polo menos 20 días.

    Respuesta correcta: b)

  27. Segundo o Título III da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Cal dos seguintes non é un dereito?.

    1. Dereito de oposición.
    2. Dereito de reposición.
    3. Dereito de rectificación.
    4. Dereito de limitación do tratamento.

    Respuesta correcta: b)

  28. Na hixiene de mans con auga e xabón a duración do proceso será:

    1. Entre 30 e 60 segundos.
    2. Entre 40 e 60 segundos.
    3. Entre 20 e 60 segundos.
    4. Entre 45 e 60 segundos.

    Respuesta correcta: b)

  29. O decreto 160/1996 do 25 de abril que introduciu a categoría estatutaria de persoal de servizos xerais, sinala que dita categoría se inclúe dentro do:

    1. Persoal non sanitario que integran o grupo D (actual C2).
    2. Persoal sanitario que integran o grupo E (actual C2).
    3. Persoal sanitario que integran o grupo D (actual C3).
    4. Persoal non sanitario que integran o grupo E (actual C3).

    Respuesta correcta: a)

  30. Asegurar que a implantación e desenvolvemento do sistema de tarxeta sanitaria en cada centro sanitario se realice segundo as liñas marcadas pola oficina central é unha función que lle corresponde a:

    1. Os directores da área sanitaria.
    2. Os Directores Provinciais do Servizo Galego de Saúde.
    3. O responsable técnico administrativo.
    4. O responsable de implantación do sistema de tarxeta sanitaria do centro sanitario.

    Respuesta correcta: a)

  31. Dentro das funcións do persoal de servizos xerais, cal das seguintes non se inclúe na área de mantemento e apoio ás funcións xerais?

    1. Apertura e peche das unidades e servizos.
    2. Control das instalacións e vixilancia da adecuada limpeza das mesmas durante a xornada laboral.
    3. Tramitación dos pedidos de material necesario para servizo ou unidade.
    4. Procurar o correcto funcionamento das instalacións.

    Respuesta correcta: c)

  32. De acordo co artigo 133 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, non corresponderá especificamente á Inspección de Traballo e Seguridade Social:

    1. A vixilancia no cumprimento das obrigacións que derivan da presente lei e, en especial, das fraudes e morosidade no ingreso e recadación de cotas da Seguridade Social.
    2. A inspección da xestión, funcionamento e cumprimento da lexislación que lles sexa de aplicación ás entidades colaboradoras na xestión.
    3. A asistencia técnica a entidades e organismos da Seguridade Social, cando lles sexa solicitada.
    4. A adaptación, en función dos días e horas traballados, dos topes mínimos e as bases mínimas fixados para cada grupo de categorías profesionais.

    Respuesta correcta: d)

  33. Sinale cal das respostas que se dan a continuación non se corresponde cunha opción da comunicación:

    1. Casual.
    2. Verbal.
    3. Non verbal.
    4. Telefónica.

    Respuesta correcta: a)

  34. Que debe aparecer nas disposicións de creación dun rexistro electrónico xeral?

    1. A data e hora oficial.
    2. Órgano responsable da súa organización.
    3. Días declarados hábiles a efectos do rexistro.
    4. Todas son correctas.

    Respuesta correcta: a)

  35. Segundo a Lei 39/2015, os expedientes administrativos terán formato:

    1. Electrónico e con soporte en papel.
    2. Electrónico.
    3. Físico, en papel e con copia electrónica.
    4. Físico, en papel e opcionalmente electrónico.

    Respuesta correcta: b)

  36. De conformidade coa Lei 39/2015, as resolucións que poñan fin ao procedemento decidirán:

    1. Todas as cuestións expostas polos cidadáns.
    2. Todas as cuestións formuladas polos interesados e por terceiros lexitimados.
    3. Todas as cuestións expostas polos interesados.
    4. Todas as cuestións expostas polos interesados e aqueloutras derivadas do mesmo.

    Respuesta correcta: d)

  37. Segundo o Real Decreto 183/2004, do 30 de xaneiro, que tipo de caracteres pódense gravar en braille, a instancia de parte ou de oficio, naquelas administracións sanitarias que así o prevexan na súa normativa?.

    1. Os caracteres do código de identificación persoal no Sistema de Información de Tarxeta Sanitaria.
    2. Os caracteres das iniciais de Tarxeta Sanitaria Individual.
    3. Os caracteres das iniciais do código de identificación persoal único para todo o Sistema Nacional de Saúde.
    4. Os caracteres de identificación da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Respuesta correcta: b)

  38. Segundo o artigo 1.3 do Decreto 370/2003, do 2 de outubro, en que supostos non é necesaria a presentación da tarxeta sanitaria para a prestación farmacéutica?.

    1. Cando o titular da tarxeta áchese imposibilitado para acudir ao momento de dispensación e fágao no seu nome outra persoa.
    2. Só nos casos de urxencia, e así se fará constar na receita.
    3. Só nos casos de urxencia, e así se fará constar con informe médico.
    4. É obrigatoria a presentación da tarxeta sanitaria e dun documento identificativo.

    Respuesta correcta: b)

  39. Segundo o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no Rexistro Electrónico Xeral de cada Administración:

    1. Deberase anotar a saída dos documentos oficiais dirixidos a outros órganos ou particulares.
    2. Poderase anotar a saída dos documentos oficiais dirixidos a outros órganos ou particulares.
    3. Deberase anortar a saída dos documentos oficiais dirixidos unicamente a particulares.
    4. Deberase anotar a saída dos documentos oficiais dirixidos unicamente a outros órganos.

    Respuesta correcta: b)

  40. O conxunto de signos combinados xunto cunhas regras que permiten utilizalos, que ademais permite ao emisor elaborar a mensaxe e ao receptor interpretalo, como se chama?

    1. Contexto.
    2. Código.
    3. Canle.
    4. Transmisor.

    Respuesta correcta: b)

¿Quieres saber por qué es esa la respuesta? Practica este examen con cronómetro, tu nota y la explicación de cada pregunta. Practicar gratis
  1. En base á Orde do 8 de novembro de 1996 pola que se desenvolven determinadas materias da regulamentación da categoría de persoal de servizos xerais, que prazas poden transformarse en prazas da categoría de persoal de servizos xerais?

    1. As unidades de atención primaria que requiran o exercicio das funcións inherentes á categoría de servizos xerais e pertenzan a outras categorías de persoal.
    2. As unidades de atención especializada que requiran o exercicio das funcións inherentes á categoría de servizos xerais e pertenzan a outras categorías de persoal.
    3. A e B son correctas.
    4. Dita transformación non é posible.

    Respuesta correcta: a)

  2. Segundo a Lei 39/2015, respecto ás actuacións complementarias, sinale a resposta correcta:

    1. Antes de ditar resolución, o órgano competente para resolver poderá decidir, mediante acordo motivado, a realización das actuacións complementarias indispensables para resolver o procedemento.
    2. Os informes que preceden inmediatamente á resolución final do procedemento terán a consideración de actuacións complementarias.
    3. A realización das actuacións complementarias non suporá a suspensión do prazo para resolver o procedemento.
    4. Todas son correctas.

    Respuesta correcta: a)

  3. De acordo co establecido no artigo 6 da Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e deberes en materia de información e documentación clínica, o dereito á información epidemiolóxica non se difundirá en termos:

    1. Verdadeiros.
    2. Precisos.
    3. Comprensibles.
    4. Adecuados.

    Respuesta correcta: b)

  4. A contía dos tipos de cotización por accidentes de traballo e enfermidades profesionais, poderá aumentarse no caso de empresas que incumpran as súas obrigacións en materia de Seguridade e Saúde no traballo. Esta contía:

    1. Non poderá exceder do 10% dos tipos de cotización, aínda que o aumento poderá chegar ata un 20% en caso de reiterado incumprimento das aludidas obrigacións.
    2. Non poderá exceder do 15% dos tipos de cotización, aínda que o aumento poderá chegar ata un 20% en caso de reiterado incumprimento das aludidas obrigacións.
    3. Poderá exceder do 10% dos tipos de cotización, aínda que o aumento non poderá chegar ata un 20% en caso de reiterado incumprimento das aludidas obrigacións.
    4. Non poderá exceder do 20% dos tipos de cotización, aínda que o aumento poderá chegar ata un 40% en caso de reiterado incumprimento das aludidas obrigacións.

    Respuesta correcta: a)

  5. Segundo a Lei 39/2015, cando a Administración non teña por certos os feitos alegados polos interesados ou a natureza do procedemento esíxao, o instrutor do mesmo acordará a apertura dun período de proba por un prazo:

    1. Non superior a vinte días nin inferior a cinco.
    2. Non superior a vinte días nin inferior a dez.
    3. Non superior a trinta días nin inferior a cinco.
    4. Non superior a trinta días nin inferior a dez.

    Respuesta correcta: d)

  6. A Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, esixe que os datos sexan:

    1. Seguros.
    2. Exactos.
    3. Obxectivos.
    4. Responsables.

    Respuesta correcta: b)

  7. Segundo o artigo 16 "Dereito á limitación do tratamento", da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, o feito de que o tratamento dos datos persoais estea limitado, debe constar claramente:

    1. Nos sistemas de información do responsable.
    2. No rexistro de actividades do tratamento.
    3. Na Axencia Española de Protección de Datos.
    4. Nos ficheiros de protección de datos.

    Respuesta correcta: a)

  8. O material que require total asepsia e que vai quedar no organismo temporal ou definitivamente denomínase:

    1. Semicrítico.
    2. Funxible.
    3. Non crítico.
    4. Crítico.

    Respuesta correcta: d)

  9. A ferramenta do Sergas de comunicación co cidadán, accesible desde calquera lugar e dispositivo (ordenador, móbil, tableta...) que lle permite o acceso a servizos e contidos de saúde persoalizados, chámase:

    1. Fides.
    2. É-Saúde.
    3. Contacte.
    4. O Sergas non dispón de momento ningún tipo de ferramenta do tipo que se describe no enunciado da pregunta.

    Respuesta correcta: b)

  10. Cal sería a secuencia correcta nunha marcha con muletas con dous puntos de apoio.

    1. A secuencia sería muleta esquerda, pé esquerdo e muleta dereita, pé dereito.
    2. As muletas adiántanse ao mesmo tempo e a persoa balancea o corpo sobre un ou ambos os pés.
    3. Adiantar simultaneamente ambas as muletas e balancear o corpo ata que os pés cheguen a elas ou un pouco máis adiante.
    4. Adiantar o pé esquerdo e a muleta dereita ao mesmo tempo e a continuación o pé dereito e a muleta esquerda.

    Respuesta correcta: d)

Parte específica · preguntas teóricas de reserva

  1. No reverso da tarxeta sanitaria está a banda magnética que consta de tres pistas. Cal é a enumeración correcta?.

    1. Pista 1 alfanumérica, Pista 2 numérica, Pista 3 regravable.
    2. Pista 1 aritmética, Pista 2 numérica, Pista 3 regravable.
    3. Pista 1 alfanumérica, Pista 2 numérica, Pista 3 programable.
    4. Pista 1 aritmética, Pista 2 numérica, Pista 3 programable.

    Respuesta correcta: a)

  2. Segundo a Lei 39/2015, sinale a resposta incorrecta respecto ao período de información pública:

    1. A comparecencia no trámite de información pública non outorga, por si mesma, a condición de interesado.
    2. A incomparecencia neste trámite impedirá aos interesados interpoñer os recursos procedentes contra a resolución definitiva do procedemento.
    3. O anuncio sinalará o lugar de exhibición e determinará o prazo para formular alegacións.
    4. O órgano ao que corresponda a resolución do procedemento, poderá acordar un período de información pública.

    Respuesta correcta: b)

  3. Segundo o seu funcionamento, os almacéns clasificanse en:

    1. Abertos e pechados.
    2. Central, xeral e pequeno.
    3. De material funxible e inventariable.
    4. Críticos, semicríticos e non críticos.

    Respuesta correcta: a)

  4. De conformidade co previsto no Real Decreto 836/2012 do 25 de maio, indica con que dotación mínima de persoal debe de contar unha ambulancia de clase C:

    1. Un/unha condutor/a que estea en posesión do título de formación profesional de técnico en emerxencias sanitarias ou a habilitación prevista na lexislación e un/unha médico/a.
    2. Un/unha condutor/a que estea en posesión do título de formación profesional de técnico en emerxencias sanitarias ou a habilitación prevista na lexislación, un/unha enfermeira e un/unha médico/a.
    3. Un/unha condutor/a que estea en posesión do título de formación profesional de técnico en emerxencias sanitarias ou a habilitación prevista na lexislación, un/unha médico/a e, cando a asistencia a prestar o requira, un/unha enfermeiro/a.
    4. Un/unha condutor/a que estea en posesión do título de formación profesional de técnico en emerxencias sanitarias ou a habilitación prevista na lexislación, un/unha enfermeiro/a e, cando a asistencia a prestar o requira, un/unha médico/a.

    Respuesta correcta: d)

  5. A Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, ten por obxecto garantir os dereitos dixitais da cidadanía conforme ao mandato establecido no artigo:

    1. 18.2 da Constitución.
    2. 18.4 da Constitución.
    3. 16.4 da Constitución.
    4. 16.2 da Constitución.

    Respuesta correcta: b)

Parte específica · supuestos prácticos

  1. LVC, atópase en situación de baixa por incapacidade temporal, debida a un período de observación por enfermidade profesional, cal é a duración máxima que poderá estar nesta situación?.

    1. 365 días, prorrogables por outros 180 días.
    2. Seis meses, prorrogables por outros seis meses.
    3. Doce meses, prorrogables por outros seis meses.
    4. 180 días, prorrogables por outros 90 días.

    Respuesta correcta: b)

  2. A imaxe que aparece xusto antes desta pregunta, está tomada dun documento escrito co LibreOffice Writer, en relación ao formato de parágrafo aplicado no texto que aparece, na imaxe, que opcións do formato de párrafo aplicáronse?

    1. Sangría pola esquerda.
    2. Aliñamento xustificado.
    3. Aliñamento esquerda.
    4. As opcións a) e b) son correctas.

    Respuesta correcta: b)

  3. En calquer aplicación que esteamos executando, na contorna do sistema operativo Windows, ao realizar dobre clic sobre a barra de títulos da fiestra desa aplicación, o que conseguimos é:

    1. Maximizar ou restaurar a fiestra da aplicación segundo o estado en que se atope.
    2. Minimizar a fiestra.
    3. Restaurala sempre.
    4. Nada, non fai ningunha función.

    Respuesta correcta: a)

  4. RFB decide facer unha viaxe por Europa, ten nacionalidade peruana, traballa e reside en España. En que país non ten dereito a recibir as prestacións sanitarias coa Tarxeta Sanitaria Europea?.

    1. Dinamarca.
    2. Bélxica.
    3. Suecia.
    4. Finlandia.

    Respuesta correcta: a)

  5. Atópase vostede un sábado realizando unha garda e un paciente vén solicitando asistencia por un accidente de tráfico, que datos debería cubrir no correspondente parte de facturación?

    1. Cumprimentaría os datos administrativos do usuario.
    2. Cumprimentaría os datos clínicos do usuario.
    3. Non cumprimentaría nada, iso é función do persoal sanitario.
    4. Cumprimentaría todos os datos do usuario, tanto clínicos como administrativos.

    Respuesta correcta: a)

  6. Segundo a imaxe anterior, no sistema operativo Windows 10, na barra de tarefas móstrase a icona que está sinalada coa frecha, ao premer nesa icona, que é o que executamos?

    1. Ao premer esta icona, volvemos ao escritorio de modo automático, minimizando o resto de aplicacións ou tarefas abertas.
    2. Ao premer esta icona, accedemos á vista das tarefas ou aplicacións que temos abertas.
    3. Ao premer esta icona, pechamos a fiestra da aplicación que estabamos executando anteriormente.
    4. Ao premer esta icona, pechamos a fiestra da aplicación que estamos executando actualmente.

    Respuesta correcta: b)

  7. Conforme ao Regulamento (UE) 2016/679, como se denomina o dereito da persoa interesada a recibir os datos persoais que lle incumban, que facilitase a un responsable do tratamento, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento, sen que o impida o responsable ao que llos facilitou?.

    1. Dereito á portabilidade dos datos.
    2. Dereito de rectificación.
    3. Dereito de acceso do interesado.
    4. Dereito á limitación do tratamento.

    Respuesta correcta: a)

  8. Analizando a imaxe que aparece sobre o texto desta pregunta, usando o LibreOffice Calc, en que fila dirías que está situado o cursor?.

    1. D7
    2. D
    3. 7D
    4. 7

    Respuesta correcta: d)

  9. Un menor de doce anos de idade falece nun accidente, segundo a Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, quen poderá solicitar o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais?

    1. Persoas vinculadas ao falecido por razóns familiares ou de feito.
    2. Os seus representantes legais.
    3. O Ministerio Fiscal.
    4. Todas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  10. JGC, ten concedida unha prestación económica por exercicio corresponsable do coidado da súa filla lactante, prevista no texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social. Esta prestación extinguirase cando a menor cumpra:

    1. 12 meses de idade.
    2. 9 meses de idade.
    3. 3 anos de idade.
    4. 24 meses de idade.

    Respuesta correcta: a)

  11. Nun documento de LibreOffice Writer, cantos tipos distintos de tabulacións podemos poñer?.

    1. Catro.
    2. Os que nos caiban na regra.
    3. Non hai límite, podemos poñer os que queiramos deixando sempre entre eles unha separación mínima de medio centímetro.
    4. Dous, esquerda e dereita.

    Respuesta correcta: a)

  12. Un facultativo accede a unha historia clínica dun paciente transcorridos dez anos desde a última asistencia prestada. Que información non ten a obrigatoriedade de conservarse na devandita historia?.

    1. Informes de necropsia.
    2. Follas de consentimento informado.
    3. Follas de evolución e planificación de enfermaría.
    4. A aplicación terapéutica de enfermaría.

    Respuesta correcta: d)

  13. Segundo a Lei 39/2015, os interesados poderán solicitar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial:

    1. Cando non prescribise o seu dereito para reclamar.
    2. Incluso prescribindo o seu dereito para reclamar.
    3. Se exerceron o seu dereito para reclamar con anterioridade á resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial.
    4. A e C son correctas.

    Respuesta correcta: a)

  14. Nun centro de saúde, no que estamos desempeñando as nosas tarefas, acaban de instalar un dispositivo multifunción, que tipo de periférico é o que nos acaban de instalar?.

    1. Periférico de entrada.
    2. Periférico de entrada/saída.
    3. Periférico de saída.
    4. Non é un periférico, é un dispositivo para enviar e recibir FAX.

    Respuesta correcta: b)

  15. Que tecla, ou combinación de teclas, temos que premer, estando no escritorio de Windows 10, para que nos saia a fiestra que se mostra na imaxe que aparece antes deste enunciado?.

    1. Control + F4.
    2. Control + F2.
    3. Alt + F2.
    4. Alt + F4.

    Respuesta correcta: d)

  16. Cal é a extensión dun ficheiro creado co Calc de LibreOffice?.

    1. .xls
    2. .ods
    3. .odt
    4. .doc

    Respuesta correcta: b)

  17. Temos que realizar unha procura dun paciente en SIGAP, o seu nome é BENEFICIARIO, apelidos FICTICIO PRUEBAS, NASI: 4419720 e a súa data de nacemento é 3 de xuño de 2013, cal das seguintes procuras non sería correcta na opción "procura detallada"?

    1. Campo apelido 1: FICTICIO campo apelido 2: PRUEBAS campo nome: BENEFICIO
    2. Campo apelido 1: FICTIC campo apelido 2: PRUEB
    3. Campo apelido 1: FICTIC campo apelido 2: PRUEB campo TIS: 130603
    4. Todas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  18. O P.S.X. dun centro de saúde avisa a un usuario de que o número do seu DNI non corresponde co que ten na base de datos de Tarxeta Sanitaria e este procede a modificalo. Que afirmación é correcta?

    1. Xerarase unha tarxeta sanitaria de forma automática, sen necesidade de pagar taxas.
    2. O cambio de DNI nunca xera unha tarxeta sanitaria nova.
    3. O usuario terá que abonar as taxas para que lle envíen unha tarxeta sanitaria.
    4. O cambio de DNI soamente xera tarxeta sanitaria se este xa está impreso na tarxeta sanitaria.

    Respuesta correcta: d)

  19. Empregando o explorador de arquivos de Windows, desexamos seleccionar un gran número de arquivos e/ou cartafois, que están colocados consecutivamente, ademais do rato, que tecla ou teclas poden empregarse para facer esta selección?.

    1. As teclas maiúscula e Ctrl.
    2. As teclas Alt e maiúscula.
    3. A tecla maiúscula.
    4. As teclas Alt e Ctrl.

    Respuesta correcta: c)

  20. Dos soportes de almacenamento que se relacionan a continuación, cal deles é un soporte de almacenamento magnético?.

    1. CD-R.
    2. DVD-RW.
    3. Cinta.
    4. Disco SSD.

    Respuesta correcta: c)

  21. Cal é a validez do usuario de CHAVE365?

    1. Un ano desde a alta.
    2. Dous anos desde a alta.
    3. Catro anos desde a alta.
    4. A validez do usuario é permanente, só será necesario actualizar a contrasinal polo menos unha vez ao ano.

    Respuesta correcta: c)

  22. Unha parte das súas funcións como persoal de servizos xerais é a mobilización e carga de pacientes. Das seguintes afirmacións sinala a que non é unha práctica adecuada nin recomendada.

    1. Virar o corpo mentres sostés unha carga pesada.
    2. Empuxar mellor que tirar, para transportar ou mover cargas (padiolas, cadeiras...).
    3. Manter as pernas flexionadas e as costas rectas.
    4. Manter a carga preto do corpo tanto como sexa posible.

    Respuesta correcta: a)

  23. Segundo o Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, un traballador por conta allea, pode instar por si mesmo a súa alta directamente ao organismo competente da Administración da Seguridade Social?.

    1. Non pode darse de alta en por si, é o empresario quen ten a obrigación.
    2. Está facultado para levar a cabo a súa alta, no caso de que o empresario incumpra as súas obrigacións.
    3. Está facultado para levar a cabo a súa alta, no caso de que así llo solicite a Tesourería Xeral da Seguridade Social.
    4. Sempre, xa que é suxeito facultado.

    Respuesta correcta: b)

  24. No Código EAN-13 (GTIN-13), o prefixo indica:

    1. O tipo de empresa.
    2. O tipo de producto.
    3. O país de orixe do producto.
    4. O país que otorgou o código.

    Respuesta correcta: d)

  25. Respecto ao contrasinal que o usuario escolla para identificarse con CHAVE365:

    1. Debe ter polo menos seis caracteres.
    2. Debe ter polo menos seis caracteres nos que ten que haber polo menos un número e unha letra.
    3. Debe ter polo menos oito caracteres.
    4. Debe ter polo menos oito caracteres nos que ten que haber polo menos un número y unha letra.

    Respuesta correcta: a)

¿Quieres saber por qué es esa la respuesta? Practica este examen con cronómetro, tu nota y la explicación de cada pregunta. Practicar gratis
  1. Temos que realizar unha procura dun paciente en SIGAP, o seu nome é BENEFICIARIO, apelidos FICTICIO PRUEBAS, NASI: 4419720 e a súa data de nacemento é 3 de xuño de 2013, que teriamos que escribir na opción "procura avanzada" para encontralo?

    1. 030613
    2. FICTICIO PRUEBA
    3. FICTICIO, BENEFICIA
    4. 4419720

    Respuesta correcta: c)

  2. En SIGAP, segundo a imaxe precedente, indique cal é a afirmación correcta respecto á icona sinalada coa frecha:

    1. Permite consultar as citas que ten o paciente seleccionado en Atención Especializada.
    2. Permite consultar as peticións do GPE do paciente seleccionado.
    3. Se está en cor vermella, significa que o paciente seleccionado ten algunha petición pendente.
    4. Todas son correctas.

    Respuesta correcta: b)

  3. Contra a resolución dun recurso de alzada, que recurso poderemos interpoñer?

    1. Non caberá ningún outro recurso administrativo, ao terse posto fin á vía administrativa e quedar aberta a vía contencioso-administrativa.
    2. Non caberá ningún outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordinario de reposición, nos casos establecidos.
    3. Non caberá ningún outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordinario de revisión, nos casos establecidos.
    4. Cabe recurso potestativo de súplica.

    Respuesta correcta: c)

  4. Se se declara un incendio nunha das plantas do centro de saúde onde vostede traballa, en que orde debería de evacuar aos pacientes do centro sanitario?

    1. Pacientes dependentes máis próximos á porta de saída, pacientes dependentes máis afastados da porta de saída e pacientes ambulantes.
    2. Pacientes ambulantes que poidan desprazarse por si mesmos, pacientes dependentes máis próximos á porta de saída e pacientes dependentes máis afastados da porta de saída
    3. Pacientes ordenados de máis grave a menos grave, con respecto ao seu estado de saúde.
    4. Pacientes ambulantes, pacientes dependentes máis afastados da porta de saída e pacientes dependentes máis próximos á porta de saída.

    Respuesta correcta: d)

  5. Un paciente con tarxeta sanitaria doutra Comunidade Autónoma, acode a un centro de saúde do SERGAS e solicita que lle asignen un médico como desprazado. Ao realizar a alta en SIGAP, indique a resposta correcta:

    1. En SIGAP nunca poderemos asignar un período de estadía temporal superior a 6 meses.
    2. Dos datos que capturemos desde a base de datos do SNS, non poderemos modificar en SIGAP ningún dato.
    3. É obrigatorio encher o campo "teléfono" en SIGAP.
    4. Todas son correctas.

    Respuesta correcta: c)

  6. IFB de catorce anos de idade e alumno de segundo da ESO, acode ao seu centro de saúde ao día seguinte de lesionarse en clase de educación física. Con que documentos debería acudir ao centro de saúde?.

    1. Soamente coa tarxeta sanitaria.
    2. Tarxeta sanitaria, DNI e copia do seguro escolar obrigatorio, xa que ten catorce anos e está en segundo da ESO.
    3. Tarxeta sanitaria e DNI; o seguro escolar non é obrigatorio, xa que está en segundo da ESO.
    4. Un menor non necesita levar tarxeta sanitaria.

    Respuesta correcta: c)

  7. Un facultativo avísalle de que ten na súa consulta un halóxeno fundido. Que debería facer segundo as súas funcións como persoal de servizos xerais?

    1. Avisar ao superior xerárquico para que dea parte a quen corresponda.
    2. Se dispón de reposto, cambialo directamente.
    3. Solicitar os servizos do persoal de mantemento.
    4. Ningunha das anteriores é correcta.

    Respuesta correcta: c)

  8. Instruído o procedemento, cal dos seguintes prazos poderíase dar aos interesados para alegar e presentar documentos e xustificacións que estimen pertinentes?

    1. 7 días.
    2. 13 días.
    3. 20 días.
    4. Un mes.

    Respuesta correcta: b)

  9. Empregando calquer aplicación, baixo o sistema operativo Windows. Que significa que o botón Cortar estea atenuado?.

    1. Que o portapapeis está cheo.
    2. Que aínda non realizou unha selección que poida situarse no portapapeis.
    3. Que o comando non funcionará porque a selección é de só lectura.
    4. Que é necesario comprobar o contraste do seu monitor.

    Respuesta correcta: b)

  10. Se se atopa a dous pacientes discutindo pola orde de entrada á consulta, cal sería a actitude máis correcta por parte do PSX?

    1. Con voz enérxica, indicar que calen e marchen.
    2. Avisar a seguridade ou, na súa falta, chamar á policía.
    3. Non lle dá importancia e non fai nada.
    4. Escoitalos, acougalos e tentar resolver o conflito.

    Respuesta correcta: d)

  11. A ferramenta que o Sergas ten de comunicación co cidadán, accesible dende calquera lugar e dispositivo (ordenador, móbil, tableta...) que lle permite o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados, chámase:

    1. Contacte.
    2. Saúde en liña.
    3. IANUS.
    4. E-Saúde.

    Respuesta correcta: d)

  12. Se ten que abrir unha botella de osíxeno, cal sería a afirmación correcta?

    1. A válvula da botella ábrese virando en sentido inverso ao das agullas dun reloxo.
    2. A válvula da botella ábrese virando no sentido das agullas dun reloxo.
    3. O manómetro marca a presión da botella.
    4. As respostas a e c son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  13. En SIGAP, que significa o aviso coas letras "DA" en vermello á dereita do nome do Paciente?

    1. Paciente Desprazado doutra Autonomía.
    2. Paciente con necesidades especiais de acceso/acompañamento por Demencia/Alzheimer.
    3. Paciente con Discapacidade sensorial Auditiva.
    4. Ningunha é correcta.

    Respuesta correcta: c)

  14. Mándannos redactar un correo electrónico de aviso para un total de 155 destinatarios. En cumprimento da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, temos que enviar o correo electrónico aos destinatarios indicados, pero sen que ningún deles saiba a quen máis se lle enviou e sobre todo que non vexan os enderezos de correo do resto dos destinatarios. Como debemos proceder para realizar este envío do mellor xeito posible e optimizando o noso tempo?.

    1. Escribindo os enderezos dos destinatarios no campo CCO.
    2. Non é posible enviar un mesmo correo electrónico a máis de 150 usuarios. Teriamos que redactar dous correos iguais, un para 78 destinatarios e outro para 77, escribindo os enderezos dos destinatarios no campo PARA.
    3. Escribindo todas os enderezos dos destinatarios no campo CC.
    4. Para que o resto de destinatarios do correo non poida saber a quen máis se enviou este correo electrónico, deberemos enviar destinatario a destinatario o correo, escribindo os enderezos no campo PARA.

    Respuesta correcta: a)

  15. Conforme á Lei Orgánica 3/2018, o tratamento de datos persoais, relativos a un condenado por unha infracción penal, para fins distintos dos de prevención, investigación, detección ou axuizamento de infraccións penais ou de execución de sancións penais:

    1. Require a autorización do xuíz ou tribunal que teña atribuído o coñecemento da causa.
    2. Esixe o consentimento do afectado ou do seu representante legal.
    3. Só poderá levar a cabo cando se atope amparado nunha norma de Dereito da Unión, nesta Lei Orgánica ou noutras normas de rango legal.
    4. Todas son correctas.

    Respuesta correcta: c)

  16. JMVC de 59 anos de idade, ten recoñecida unha incapacidade permanente total desde hai 3 anos, segundo o artigo 200 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, cando pasará a súa pensión a denominarse pensión de xubilación?.

    1. Cando cumpra sesenta e sete anos e posúa os anos esixidos de cotización para a xubilación.
    2. Cando cumpra sesenta e cinco anos e así o solicite.
    3. Cando cumpra sesenta e sete años.
    4. Cando cumpra sesenta e cinco anos.

    Respuesta correcta: c)

  17. Desde o departamento de subministracións solicítanlle que faga unha listaxe co material inventariable do que dispón a sala de urxencias. Que é o que incluiría nel?

    1. As caixas de luvas.
    2. As máscaras.
    3. As vitrinas onde se gardan as medicacións.
    4. O material de curas.

    Respuesta correcta: c)

  18. Segundo a norma ISO sobre embalaxe, o símbolo consistente nunha copa negra significa:

    1. Este lado arriba.
    2. Resgárdese da humidade.
    3. Manter de pé.
    4. Ningunha é correcta.

    Respuesta correcta: d)

  19. Un paciente acode á consulta do seu médico de familia. Ten dereito á totalidade da información sobre o estado da súa saúde?.

    1. Si, en todo caso.
    2. Non, cando as persoas vinculadas ao paciente consideren que esa información lle poida prexudicar.
    3. Non, se existe acreditación dun estado de necesidade terapéutica.
    4. Si, o dereito á información sanitaria está garantido por Lei.

    Respuesta correcta: c)

  20. No noso ordenador de traballo, en certas ocasións, dependendo da aplicación que esteamos executando, móstranos unha fiestra do Windows, na que se indica que a memoria virtual estase esgotando. Que deberiamos solicitar que nos amplíen ou melloren?.

    1. A capacidade da memoria ROM e/ou disco duro.
    2. A capacidade de memoria RAM e/ou disco duro.
    3. A capacidade de proceso do disco duro do ordenador.
    4. A capacidade de memoria gráfica para contornas virtuais.

    Respuesta correcta: b)

  21. Para poder acceder a E-Saúde con seguridade alta, cales son os pasos que se teñen que realizar?:

    1. Estar en posesión da tarxeta sanitaria galega.
    2. Rexistrarse previamente en É-Saúde, e identificarse a través do DNI electrónico. Se se quixese utilizar outro certificado dixital ou identificarse a través da súa clave de CHAVE365, deberá comunicalo no seu centro de saúde.
    3. Estar en posesión da tarxeta sanitaria europea.
    4. Acceder en É-Saúde, á opción de «acceder con seguridade alta», identificarse a través do DNI electrónico. Pode utilizar calquera certificado dixital válido como CHAVE365 ou o expededido pola FNMT.

    Respuesta correcta: b)

  22. As reclamacións ou suxestións, poderanse presentar ante o Servizo Galego de Saúde dos seguintes xeitos. Indicar a resposta correcta.

    1. Non é posible presentar suxestións, só se poderán presentar reclamacións.
    2. Verbalmente expresadas, expoñendo a mesma ante o servizo responsable da recepción das reclamacións ou suxestións no centro correspondente.
    3. De modo telemático no apartado correspondente na páxina web do Segas.
    4. As respostas b) e c) son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  23. O persoal sanitario atópase atendendo a un paciente que entrou cunha dor no peito e ao que lle teñen que realizar unha RCP. Cal sería o carro correcto para poder realizar unha reanimación cardiopulmonar?

    1. Carro de curas.
    2. Carro de parada.
    3. Carro de medicación.
    4. Carro de RCP.

    Respuesta correcta: b)

  24. José traballa como auxiliar de enfermaría e ten que lavarlle o pelo a unha anciá encamada. Cal sería a posición máis adecuada?

    1. Litotomía.
    2. Proetz.
    3. Trendelemburg.
    4. Sims.

    Respuesta correcta: b)

  25. Quen pode solicitar a CHAVE365?

    1. Maiores de 18 anos.
    2. Menores de idade comprendida entre 14 e 18 que estean emancipados xudicialmente.
    3. Menores de idade, maiores de 14 anos previa autorización de representante ou tutor legal.
    4. Todas as respostas son correctas.

    Respuesta correcta: a)

Parte específica · supuestos prácticos de reserva

  1. Segundo a imaxe anterior, indique que icona pulsaría para poder citar ao paciente co Traballador/a Social:

    1. Frecha A.
    2. Frecha B.
    3. Frecha C.
    4. Frecha D.

    Respuesta correcta: c)

  2. Cal das seguintes afirmacións non é correcta respecto á opción de asignar Representante/Tutor legal a un paciente en SIGAP?

    1. O representante/tutor legal non ten que ter CIP activo no SIPGA.
    2. Para cada paciente, nunca poderá haber mais dun representante/tutor legal.
    3. Para realizar o trámite, é necesario que a dirección do paciente estea normalizada en Tarxeta Sanitaria.
    4. Todas son correctas.

    Respuesta correcta: c)

  3. Cal destas accións pode utilizarse para conmutar entre programas en execución, utilizando o sistema operativo Windows?.

    1. As teclas de desprazamento do teclado.
    2. A combinación de teclas Alt-Mayús.
    3. A combinación de teclas Alt-F5.
    4. A combinación de teclas Alt-Tab.

    Respuesta correcta: d)

  4. Preséntase un paciente polo mostrador do centro de saúde preocupado por unhas consultas que ten pendentes e que non sabe que fixo cos volantes nin cos tickets das citas. Cal dos seguintes xestos sería máis apropiado para demostrarlle que temos interese e atención no que nos está contando?

    1. Inclinar o corpo cara atrás.
    2. Inclinar o corpo cara adiante.
    3. Non mirando aos ollos.
    4. Manterse en silencio e non realizar xestos.

    Respuesta correcta: b)

  5. Usando LibreOffice Calc, temos valores numéricos en todas as celas, desde a A1 á A12. Desexamos calcular a media aritmética dos valores situados en todas as celas, desde a A1 á A12, incluíndo os valores existentes en devanditas celas. Cal das expresións que se citan a continuación é a correcta?.

    1. =MEDIA(A1:A12).
    2. =SUMA(A1;A12)/12.
    3. =PROMEDIO(A1:A12).
    4. =MEDIA(A1;A12).

    Respuesta correcta: a)

Parte común

  1. Sinale a opción incorrecta, segundo o definido no Estatuto de Autonomía de Galicia, respecto da Xunta de Galicia:

    1. a Xunta poderá interpor recursos de insconstitucionalidade
    2. a Xunta responde políticamente ante o Parlamento de forma solidaria
    3. a Xunta de Galicia sempre está composta exclusivamente polo Presidente e os Conselleiros
    4. a Xunta cesa trala celebracion de eleccións ao Parlamento Galego

    Respuesta correcta: c)

  2. Dacordo ao establecido no Decreto 206/2005, de provisión de plazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, con respecto ao sistema de selección concurso-oposición, sinale a resposta correcta:

    1. a puntuación máxima da fase de concurso non poderá exceder do sesenta por cento da puntuación máxima acadable no proceso selectivo
    2. a puntuación acadada na fase de concurso poderá ser aplicada para superar a fase de oposición
    3. só poderá acceder por este sistema persoal estatutario que estea ou teña estado vinculado nalgún momento no Servizo Galego de Saúde
    4. consiste na realización sucesiva, e na orde que a convocatoria determine, dos dous sistemas (concurso e oposición)

    Respuesta correcta: d)

  3. Atendendo ao establecido no artigo 10 da Constitución Española, sinale cal dos seguintes ítems non constitúe un fundamento da orde política e da paz social:

    1. o dereito á protección da saúde
    2. a dignidade da persoa
    3. o libre desenvolvemento da persoalidade
    4. o respecto á lei e aos dereitos dos demáis

    Respuesta correcta: a)

  4. Segundo o artigo 67 da Lei de Saúde de Galicia, a ordeación territorial do sistema público de saúde de Galicia será:

    1. en áreas sanitarias, distritos sanitarios e zonas básicas de sanidade
    2. en áreas sanitarias, zonas sanitarias e zonas básicas de saúde
    3. en zonas básicas sanitarias e distritos sanitarios
    4. en áreas sanitarias, distritos sanitarios e zonas sanitarias

    Respuesta correcta: d)

  5. Sinale a resposta incorrecta, dacordo co establecido no artigo 69 da Lei 14/1986, Xeral de Sanidade:

    1. todos os hospitais deberán posibilitar ou facilitar ás unidades de control de calidade externo o cumprimento dos seus cometidos
    2. os médicos e demais profesionais titulados do centro non participarán nos órganos encargados da avaliación da calidade asistencial do mesmo
    3. nos servizos sanitarios públicos tenderase cara a autonomía e control democrático da súa xestión, implantando unha dirección participativa por obxectivos
    4. a avaliación da calidade da asistencia prestada deberá ser un proceso continuado que informará todas as actividades do persoal de saúde e dos servizos sanitarios do Sistema Nacional de Saúde

    Respuesta correcta: b)

  6. Segundo o establecido no Estatuto Marco, o incumprimento dos prazos ou outras disposicións de procedemento en materia de incompatibilidades, cando non supoña o mantemento dunha situación de incompatibilidade, tipifícase como:

    1. falta moi grave
    2. falta grave
    3. falta leve
    4. non se tipifica como falta

    Respuesta correcta: b)

  7. Segundo o artigo 67 do Estatuto Marco do persoal estatutario, para acceder á situación de excedencia voluntaria, é preciso ter prestado servizos efectivos en calquera das Administracións Públicas durante:

    1. os 2 anos inmediatamente anteriores
    2. os 3 anos inmediatamente anteriores
    3. os 5 anos inmediatamente anteriores
    4. os 10 anos inmediatamente anteriores

    Respuesta correcta: c)

  8. Segundo o establecido na Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, respecto da información médica de caracter persoal non é correcto:

    1. limitarase ao persoal médico a ás autoridades sanitarias que leven a cabo a vixiancia da saúde dos traballadores
    2. en ningún caso poderá facilitarse ao empresario
    3. o empresario e as persoas ou órganos con responsabilidades en materia de prevención serán informados das súas conclusións que se deriven dos recoñecementos efectuados
    4. as medidas de vixilancia e control da saúde dos traballadores levaranse a cabo por persoal sanitario con competencia técnica, formación e capacidade acreditada

    Respuesta correcta: b)

  9. Respecto do regulado no Decreto 70/2017, de 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, non é certo que:

    1. establecense tres niveis de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero: básico, medio e superior
    2. establecese que a formación do nivel básico debe ter unha duración mínima de 40 horas, a do nivel medio, 300 e a da superior, 600
    3. toda persoa que acceda á condición de persoal fixo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun proceso selectivo, terá que realizar con caracter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses, as actividades formativas para a obtención do nivel básico
    4. crease unha comisión de seguimento que ten como obxecto o seguimento da aplicación e desenvolvemento práctico do decreto

    Respuesta correcta: b)

  10. Segundo o establecido no Decreto 206/2005, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, respecto da selección de persoal fixo, sinale a resposta incorrecta:

    1. a selección efectuarase con caracter xeral polo procedimiento de concurso-oposición
    2. a selección poderá realizarse a través do sistema de oposicion cando este resulte máis adecuado en función das características socio-profesionais do colectivo que poida acceder ás probas ou das funcións que estea chamado a desenvolver
    3. en cada convocatoria reservarase un número de prazas que representen como mínimo un dez por cento, en número enteiro, das prazas convocadas, ou a porcentaxe que se atope vixente con caracter xeral para a función pública de Galicia, para ser cubertas entre persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33 por cento, de modo que progresivamente se acade o cinco por cento dos efectivos do Servizo Galego de Saúde
    4. no suposto de que algún aspirante da cota de reserva por discapacidade supere as probas correspondentes e non obtivera praza, e a súa puntuación definitiva no proceso sexa superior á obtida por outros aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluido pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral

    Respuesta correcta: c)

Parte común · reserva

  1. No artigo 43 da Constitución Española recóllese o dereito á protección da saúde, enmarcado dentro dos principios reitores da política social e económica. O recoñecemento, respecto e protección deste principio garantirase, segundo o artigo 53.3, da seguinte forma:

    1. vincula a todos os poderes públicos
    2. informará a lexislación positiva, a práctica xudicial e a actuación dos poderes públicos
    3. só se poderá regular por lei o seu exercicio
    4. este dereito tutelarase dacordo co recurso de insconstitucionalidade ante o Tribunal Constitucional

    Respuesta correcta: b)

  2. Que complemento retribúe o especial rendemento, o interese ou a iniciativa do titular do posto, así como a súa participación en programas ou actuacións concretas e a contribución do persoal á consecución dos obxectivos programados, previa avaliación dos resultados acadados?

    1. o complemento de destino
    2. o complemento de productividade
    3. o complemento de carreira
    4. o complemento específico

    Respuesta correcta: b)

Lengua gallega

  1. En castelán “tutear”, e en galego:

    1. Titear
    2. Atiar
    3. Atuar
    4. Tutiar

    Respuesta correcta: c)

  2. En canto ao xénero dos seguintes substantivos, identifique a secuencia correcta:

    1. o legume, a sinal, a sangue, o arte
    2. o legume, o sinal, o sangue, a arte
    3. a legume, a sinal, a sangue, o arte
    4. a legume, o sinal, o sangue, a arte

    Respuesta correcta: b)

  3. Identifique a serie coa ortografía correcta:

    1. conduta, respecto, dicionario, estrutura
    2. conducta, respecto, diccionario, estructura
    3. conduta, respeto, diccionario, estructura
    4. conducta, respeto, dicionario, estrutura

    Respuesta correcta: a)

  4. Sinale a serie correcta:

    1. Bacharelato. Romería. Dibuxar. Epiderme
    2. Bachirelato. Romaría. Debuxar. Epidermes
    3. Bachirelato. Romería. Dibuxar. Epidermis
    4. Bacharelato. Romaría. Debuxar. Epiderme

    Respuesta correcta: d)

  5. Escolla a serie de sinónimos correspondente ao verbo feder:

    1. abafar, gafar, apestar
    2. alcatrear, recender, cheirar
    3. abafar, gafar, arrecender
    4. recender, alcatrear, apestar

    Respuesta correcta: a)

  6. Sinale cal non é sinónimo de “artimaña”:

    1. estrataxema
    2. argucia
    3. artista feminina
    4. maña

    Respuesta correcta: c)

  7. Persoa que dirixe un negocio bancario ou que se dedica a operacións bancarias:

    1. banqueiro
    2. bancario
    3. banceiro
    4. bancal

    Respuesta correcta: a)

  8. Primeira luz do día:

    1. Amanexo
    2. Amainado
    3. Amanecer
    4. Anoitada

    Respuesta correcta: a)

  9. O significado da palabra “monllos” é:

    1. Ferramentas agrícolas
    2. Animal da familia dos bóvidos
    3. Brazados de vides, trigo, herba seca, etc. atados
    4. Verzas para o gando

    Respuesta correcta: c)

  10. Galicia, A Coruña e Santiago de Compostela son:

    1. Antropónimos
    2. Topónimos
    3. Hidrónimos
    4. Xentilicios

    Respuesta correcta: b)

Lengua gallega · reserva

  1. Sinale o significado da palabra “marfalleiro”:

    1. que fai mal as cousas, sen orde, con precipitación e mesturando todo
    2. que contén materia ósea dura e compacta de cor branca, da que está composta a parte máis resistente dos dentes dos mamíferos
    3. mar moi axitado, que pode facer perigosa a navegación
    4. espazo en branco que se deixa ao lado dereito ou esquerdo, ou a ambos, dunha folla

    Respuesta correcta: a)

  2. Preparado natural ou químico, líquido e de sabor agradable que se toma como medicina:

    1. sirope
    2. xarope
    3. xarabe
    4. xarelo

    Respuesta correcta: b)

¿Quieres saber por qué es esa la respuesta? Practica este examen con cronómetro, tu nota y la explicación de cada pregunta. Practicar gratis

Preguntas y respuestas de la plantilla publicadas por el Servizo Galego de Saúde. unrepasito.com no está vinculado al SERGAS.