Test del examen de TCAE del SERGAS 2023 (OPE 2022)
Exámenes oficiales de TCAE del SERGAS › Examen de 2023
Test con las preguntas oficiales del examen de TCAE del Servizo Galego de Saúde de 2023 (OPE 2022), con la respuesta de la plantilla del tribunal y una explicación de cada pregunta. Plantilla definitiva. Cuadernillo en gallego.
- 110 preguntas del ejercicio específico
- 12 de la parte común
- 12 de lengua gallega
- 2 anuladas señaladas
Hacer el test con cronómetro Ver el examen completo
Qué cayó en el examen de 2023
Reparto por materia de las 110 preguntas del ejercicio específico:
- Constantes, eliminación y muestras · 22 (20 %)
- Higiene, movilización y posiciones · 17 (15 %)
- Geriatría, paliativos y post mortem · 12 (11 %)
- Salud mental y psicología · 10 (9 %)
- Úlceras por presión y heridas · 8 (7 %)
- Farmacología y administración · 8 (7 %)
Comparado con los otros exámenes de TCAE que tenemos, este tuvo más preguntas de constantes, eliminación y muestras (20 % frente al 6 % de media) y menos de higiene, movilización y posiciones (15 % frente al 27 %).
El tribunal anuló 2 preguntas (E19, E27), que aparecen señaladas y no puntúan. Plantilla definitiva. Cuadernillo en gallego.
Primeras 15 preguntas del ejercicio específico
Tal como aparecen en el cuadernillo oficial. Elige una opción para corregirla al momento.
Aciertos: 0 de 0
E1
Sinale a resposta INCORRECTA en relación coas Úlceras por Presión (UPP).
- Cando un paciente está en posición de sedestación debe reposicionarse cada 15 minutos.
- A presenza de temperatura corporal elevada está asociada coa aparición de UPP.
- As zonas de aparición de UPP máis frecuentes en neonatos son glúteos e talóns.
- Nos doentes con risco de desenvolver UPP débense rexistrar os cambios posturais especificando a frecuencia e a posición, incluíndo unha avaliación dos resultados observados.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: C. É incorrecta porque nos neonatos as UPP aparecen sobre todo na rexión occipital e en zonas de apoio de dispositivos (nariz, orellas), non principalmente en glúteos e talóns.
E2
Cal é a primeira acción a levar a cabo ante unha queimadura eléctrica?
- Iniciar manobra RCP.
- Comprobar pulso e respiración.
- Cubrir a zona queimada.
- Desconectar a corrente antes de tocar á vítima.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: D. Ante unha queimadura eléctrica o primeiro é garantir a seguridade: cortar a corrente antes de tocar a vítima para evitar a electrocución do reanimador; despois valórase consciencia, respiración e pulso.
E3
Donabedian clasifica os criterios de calidade en función de varias características. Segundo o grao de especificación estes criterios poden ser:
- Encadeados ou transversais.
- Ponderados ou isovalentes.
- Implícitos ou explícitos.
- Específicos ou xerais.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: C. Donabedian clasifica os criterios de calidade, segundo o seu grao de especificación, en implícitos (baseados no xuízo profesional non escrito) e explícitos (establecidos previamente por escrito).
E4
As necesidades básicas segundo Virginia Henderson son:
- Comunicarse.
- Comer, beber e descansar.
- Evitar perigos e recrearse.
- Todas as anteriores son correctas.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: D. Entre as 14 necesidades básicas de Virginia Henderson figuran comunicarse, comer e beber, durmir e descansar, evitar perigos e recrearse, polo que todas son correctas.
E5
A canto equivale 1 ml nos sistemas de perfusión normais?
- 30 gotas.
- 20 gotas.
- 60 gotas.
- Ningunha é correcta.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: B. Nos sistemas de perfusión (macrogoteo) estándar, 1 ml equivale a 20 gotas; os de microgoteo proporcionan 60 microgotas/ml.
E6
A Diatermia consiste en:
- Aplicación de calor de forma superficial.
- Aplicación de calor mediante baños de parafina.
- Aplicación de calor de forma profunda.
- Aplicación de calor mediante convección.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: C. A diatermia é unha técnica de termoterapia que produce calor profundo nos tecidos mediante correntes de alta frecuencia (onda curta, microondas).
E7
Ó método curativo que utiliza o traballo manual na reeducación dos pacientes psiquiátricos, para a súa reinserción na vida social, chamámolo:
- Ludoterapia.
- Socioterapia.
- Ergoterapia.
- TEC.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: C. A ergoterapia (terapia ocupacional) emprega o traballo manual e actividades produtivas para reeducar e facilitar a reinserción social do paciente psiquiátrico.
E8
A achega de substancias nutrientes dixeridas, por vía oral, denomínase:
- Nutrición parenteral.
- Nutrición forzada.
- Nutrición enteral.
- Nutrición nasogástrica.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: C. A nutrición enteral é o aporte de nutrientes a través do tubo dixestivo, incluída a vía oral; a parenteral é por vía venosa.
E9
Para que son útiles as habilidades de comunicación na práctica clínica?
- Son necesarias desde o mero feito da análise ao paciente como unha unidade integral, (bio-psico, social, espiritual e cultural).
- Son necesarias desde o mero feito da análise ao paciente como unha unidade independente, (bio-psico, local, espiritual e cultural).
- Son necesarias desde o mero feito da análise ao paciente como unha unidade individual, (bio-psico, social, espiritual e cultural).
- Son necesarias desde o mero feito da análise ao paciente como unha unidade incompleta, (bio-psico, social espiritual e cultural).
Ver respuesta y explicación
Respuesta: A. As habilidades de comunicación son necesarias porque o paciente debe abordarse como unha unidade integral bio-psico-social, espiritual e cultural.
E10
Dos seguintes accesorios, cal ten como obxectivo previr que os pacientes se caian ou golpeen contra as varandas?
- Arcos de cama.
- Reixas de seguridade.
- Barras de tracción.
- Protectores de varandas da cama.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: D. Os protectores de varandas son accesorios acolchados que se colocan nas varandas da cama para evitar caídas e golpes do paciente contra elas.
E11
Un paciente que ten TA 190/110 mmHg e unha frecuencia cardíaca de 110 lpm, presenta:
- Hipotensión e bradicardia.
- Hipertensión e taquicardia.
- Normotensión e taquicardia.
- Hipertensión e pulso normal.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: B. Unha TA de 190/110 mmHg supera claramente os 140/90 mmHg (hipertensión) e unha FC de 110 lpm supera os 100 lpm no adulto (taquicardia).
E12
NON é certo do Proceso de Atención de Enfermería (PAE) que:
- Consta de cinco etapas
- Forma parte da historia de enfermería
- É un proceso lineal
- Está informatizado
Ver respuesta y explicación
Respuesta: C. O PAE consta de cinco etapas (valoración, diagnóstico, planificación, execución e avaliación) e é un proceso cíclico e dinámico, non lineal.
E13
Os residuos de vacinas con axentes vivos ou atenuados son clasificados como:
- Clase IV: residuos de citotóxicos e citostáticos.
- Clase IIa: residuos específicos da actividade sanitaria.
- Clase IIb: residuos non específicos da actividade sanitaria.
- Clase III: residuos sanitarios biocontaminados.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: D. Os residuos de vacinas con axentes vivos ou atenuados considéranse residuos sanitarios de risco biolóxico (biocontaminados, clase III) na normativa galega de residuos sanitarios.
E14
No balance hídrico, onde os líquidos ingresados son iguais aos perdidos, o paciente atópase no estado:
- Hipervolémico.
- Hipovolémico.
- Euvolémico.
- Todas son falsas.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: C. Cando os ingresos de líquidos igualan as perdas o balance hídrico é neutro e o paciente está en estado euvolémico.
E15
En cal das seguintes situacións debería realizar a manobra fronte-queixo?
- Ante un enfermo consciente que presenta respiración espontánea.
- Ante un enfermo con posible obstrución da vía aérea.
- Ante un enfermo con posible obstrución severa das vías respiratorias.
- Nunha vítima inconsciente que non responde a estímulos.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: D. A manobra fronte-queixo emprégase para abrir a vía aérea nunha vítima inconsciente que non responde, na que a lingua pode obstruíla (sen sospeita de lesión cervical).
Preguntas de la parte común (legislación)
C1
A Lei Xeral de Sanidade establece no seu artigo terceiro que os medios e actuacións do sistema sanitario estarán orientados prioritariamente:
- Á promoción do benestar social.
- Á educación sanitaria e a rehabilitación.
- Á vixilancia e control dos posibles riscos para a saúde.
- Á promoción da saúde e á prevención das enfermidades.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: D. A LXS (Lei 14/1986, art. 3.1) dispón que os medios e actuacións do sistema sanitario estarán orientados prioritariamente á promoción da saúde e á prevención das enfermidades.
C2
Indique cal das seguintes NON é unha situación administrativa do persoal estatutario:
- Servizo activo.
- Servizos especiais.
- Excedencia voluntaria.
- Incapacidade permanente
Ver respuesta y explicación
Respuesta: D. O Estatuto Marco (Lei 55/2003, art. 62) recolle como situacións servizo activo, servizos especiais, servizos baixo outro réxime, excedencias, suspensión de funcións e promoción interna temporal; a incapacidade permanente é causa de perda da condición de persoal estatutario fixo (art. 21).
C3
Segundo o artigo 42 do Estatuto Marco, as retribucións básicas son:
- O soldo, os trienos e o complemento de destino.
- O soldo e os trienios e o complemento de carreira.
- O soldo, os trienios e as pagas extraordinarias.
- O soldo, os trienos e o complemento específico.
Ver respuesta y explicación
Respuesta: C. Segundo o art. 42.1 do Estatuto Marco, as retribucións básicas son o soldo, os trienios e as pagas extraordinarias; destino, específico e carreira son complementarias.
El test completo, con corrección real
En unrepasito.com tienes las 134 preguntas de este examen con los tres ejercicios, cronómetro de 150 + 15 + 15 minutos, nota con la penalización del SERGAS (acierto +0,5, error −0,125), práctica por materias y repaso de fallos. Puedes probar gratis con 15 preguntas oficiales; el examen completo se incluye en el Pase opositor.
Más test de TCAE del SERGAS
Todos los exámenes de TCAE Examen de 2020 Examen de 2016
unrepasito.com no está vinculado al Servizo Galego de Saúde. Las preguntas proceden de los cuadernillos y plantillas oficiales publicados por el SERGAS; las explicaciones son nuestras.