Examen TCAE SERGAS 2016: preguntas y respuestas oficiales
Exámenes TCAE SERGAS › Examen 2016
Todas las preguntas del examen oficial de TCAE del SERGAS de 2016 (OPE 2014/2015), en gallego tal como se publicó, con la respuesta correcta de la plantilla oficial. Las explicaciones de cada pregunta están en la práctica.
Parte específica · preguntas teóricas
O EPINE fai referencia a:
- A prevalencia de infeccións nosocomiais entéricas.
- A prevalencia de infeccións nosocomiais externas.
- A prevalencia de infeccións nosocomiais en España.
- As precaucións universais e de España.
Respuesta correcta: c)
Cal non é un enema de retención?
- Emoliente.
- Opaco.
- Evacuante.
- Antihelmíntico.
Respuesta correcta: c)
Cal dos seguintes factores non afecta á frecuencia respiratoria dunha persoa adulta?
- A alimentación.
- A idade.
- O exercicio físico.
- A altitude xeográfica.
Respuesta correcta: a)
O lavado xenital feminino:
- É indiferente como se realice.
- Lavarase en sentido de diante cara atrás.
- Lavarase en círculos.
- Lavarase en sentido de atrás cara adiante.
Respuesta correcta: b)
Cal é a dieta apropiada nun ancián desnutrido e con úlceras por presión?
- Dieta branda, pobre en glúcidos e hiposódica.
- Dieta hiperproteica, pobre en glúcidos e hipersódica.
- Dieta branda, hipercalórica e hiperproteica.
- Dieta normal, pobre en sal e hipercalórica.
Respuesta correcta: c)
O WORD, como procesador de texto:
- Só traballa con letras e números.
- Serve para calcular e realizar operacións de cálculo automaticamente.
- É unha ferramenta máis de Microsoft Office.
- Só permite corrixir textos ao final do documento.
Respuesta correcta: c)
Os produtos químicos que inhiben o crecemento das bacterias denomínanse:
- Antisépticos.
- Bactericidas.
- Germicidas.
- Ningunha resposta é correcta.
Respuesta correcta: d)
Que artigo do Capítulo III da Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente establece que: Toda persoa ten dereito a que se respecte o carácter confidencial dos datos referentes á súa saúde, e a que ninguén poida acceder a eles sen previa autorización amparada pola lei?
- Artigo 11.
- Artigo 7.
- Artigo 15.
- Artigo 5.
Respuesta correcta: b)
Que condicións debe ter a habitación dun paciente?
- Debe ter luz directa do sol, a ser posible.
- Tranquila e sen ruidos.
- De fácil ventilación.
- Todas as respostas son correctas.
Respuesta correcta: d)
Que factores predispoñen ou determinan a aparición de úlceras por presión?
- Exóxenos e intrínsecos.
- Endóxenos e intrínsecos.
- Extrínsecos e intrínsecos.
- Extrínsecos e endóxenos.
Respuesta correcta: c)
Na RCP básica en adultos. Cal é a secuencia compresión/ventilación recomendada para un só reanimador?
- 15/2.
- 15/1.
- 30/2.
- 10/2.
Respuesta correcta: c)
Define plano saxital:
- O formado polos eixes lonxitudinal e saxital.
- O formado polo cruce do eixe transversal e saxital.
- A unión do eixe lonxitudinal e transversal.
- As respostas A e B son correctas.
Respuesta correcta: a)
A rotación ou xiro do antebrazo, que coloca a palma da man cara atrás ou cara abaixo e o dorso cara arriba, denomínase:
- Pronación.
- Supinación.
- Flexión.
- As respostas A e C son correctas.
Respuesta correcta: a)
Cal das seguintes localizacións dános unha medición máis exacta na temperatura corporal?
- A axilar.
- O recto.
- A boca.
- A vaxina.
Respuesta correcta: b)
A dieta hiperproteica está indicada en caso de:
- Anemias.
- Queimaduras.
- Úlceras por presión.
- Todas as respostas son correctas.
Respuesta correcta: d)
A eficiencia é:
- A cantidade de melloría do estado de saúde dunha poboación cunha práctica determinada.
- A relación entre as necesidades dunha poboación e a atención recibida.
- A satisfacción do paciente ante unha situación.
- A consecución dun nivel de calidade determinado ao menor custo posible.
Respuesta correcta: d)
Que método debe utilizarse para a limpeza do instrumental de microcirurxía, ofltalmoloxía e en xeral pequenos instrumentos?
- Ultrasóns.
- Formaldehido.
- Glutaraldehido.
- As respostas B e C son correctas.
Respuesta correcta: a)
Nunha tenda de osíxeno, mantendo un fluxo de 15 litros por minuto, obtéñense concentracións de osíxeno do:
- 30%-40%.
- 20%-30%.
- 50%-60%.
- 40%-50%.
Respuesta correcta: c)
Unha das características do frío sobre o organismo é:
- O seu efecto antihemorráxico.
- O seu efecto anestésico.
- O seu efecto adstrinxente.
- Todas as respostas son correctas.
Respuesta correcta: d)
Que mostras non se conservan na neveira antes de envialas ao laboratorio?
- LCR.
- Hemocultivos.
- Exudados.
- Ningunha das mostras anteriores se garda en neveira.
Respuesta correcta: d)
No proceso de formación de úlceras de decúbito, a isquemia prodúcese despois de ocorrer:
- O arroibamento da pel.
- A dor.
- A presión prolongada da zona.
- A ruptura da pel.
Respuesta correcta: c)
Cal é o obxectivo fundamental da educación sanitaria?
- Aumentar os coñecementos da poboación.
- Modificar os comportamentos.
- Diminuír a morbilidade.
- Aumentar a morbilidade.
Respuesta correcta: b)
Respecto aos graos de eficacia das medidas de prevención das infeccións nosocomiais, o emprego de guantes está incluído na categoría:
- Grao I, eficacia probada.
- Grao II, eficacia lóxica.
- Grao III, eficacia dubidosa.
- Ningunha resposta é correcta.
Respuesta correcta: a)
A franxa de idade que require máis recursos hospitalarios é a comprendida por:
- Os adolescentes.
- Os primeiros e os últimos anos de vida.
- A puberdade.
- A idade adulta.
Respuesta correcta: b)
Os restos anatómicos humanos de escasa entidade, procedentes de actividades sanitarias pentencen a:
- Residuos sanitarios non perigosos clase II a.
- Residuos sanitarios non perigosos clase II b.
- Residuos sanitarios perigosos clase III.
- Residuos sanitarios perigosos clase IV.
Respuesta correcta: a)
Das seguintes vacinas, cal está totalmente contraindicada no embarazo?
- Polio.
- Triple vírica.
- Hib.
- Gripe.
Respuesta correcta: b)
O proceso de formación de úlceras por presión é:
- Erosión, vesícula e eritema.
- Eritema, vesícula e erosión.
- Hiperoxia, erosión e eritema.
- Hipoxia, erosión e eritema.
Respuesta correcta: b)
A relación coidar-sanar implica o desenvolvemento e a utilización de cualidades como:
- Empatía e calidez.
- Amor e respecto.
- Compaixón e comunicación.
- Todas son correctas.
Respuesta correcta: d)
Cales son os estadios do proceso de morrer?
- Período de negación.
- Período de aceptación.
- Período de depresión.
- Todas as respostas son correctas.
Respuesta correcta: d)
Cal é a función do Marco de Balkan?
- Suxeitar poleas e equipos de tracción.
- Suxeitar o trapecio, para que o paciente poida axudarse na súa mobilización.
- Suxeitar OS soros.
- As respostas A e B son correctas.
Respuesta correcta: d)
Segundo NAHAS, a clasificación das drogas, en relación coas súas características famacolóxicas, o tabaco entra dentro de:
- Grupo de opiáceos.
- Grupo psicoestimulantes maiores.
- Grupo de solventes.
- Grupo de psicoestimulantes menores.
Respuesta correcta: d)
Cales son as características clínicas da demencia?
- Deterioro das funcións intelectuais.
- Comportamento e afectividade.
- As respostas A e B son correctas.
- Ningunha resposta é correcta.
Respuesta correcta: a)
O período prodrómico dunha enfermidade transmisible caracterízase por:
- A aparición de síntomas e sinais que definen a enfermidade.
- Paciente asintomático, pero acompañado de alteracións nos datos analíticos.
- Aparición de sinais inespecíficas de carácter xeral.
- A aparición de gran número de persoas infectadas.
Respuesta correcta: c)
De que forma podemos aplicar desinfectantes?
- Inmersión.
- Loción.
- Pulverización.
- Todas as respostas son correctas.
Respuesta correcta: d)
Os residuos de vacinas con axentes vivos ou atenuados, a que clase de residuos pertencen?
- Residuos sanitarios perigosos clase II.
- Residuos sanitarios perigosos clase III.
- Residuos sanitarios perigosos clase IV.
- Residuos sanitarios perigosos clase V.
Respuesta correcta: b)
Despois da extracción dunha mostra de LCR, en qué posición colocaremos ao paciente?
- Decúbito ventral sen almofada.
- Decúbito supino sen almofada.
- Fowler modificada.
- Como o paciente se sinta mais cómodo.
Respuesta correcta: b)
Non é unha aplicación de calor seca:
- Bolsa de auga quente.
- Baño de parafina.
- Fomentos.
- Quentador eléctrico.
Respuesta correcta: c)
O instrumental que permite suxeitar os campos cirúrxicos denomínase:
- De sutura.
- De talla ou campo.
- De hemostasia.
- De aprehensión.
Respuesta correcta: b)
Que método utilizaremos para esterilizar material de caucho?
- Calor seco en estufa Poupinel.
- Por óxido de etileno.
- Con hipoclorito sódico.
- Con ultrasóns.
Respuesta correcta: b)
Segundo a regra de Wallace, que porcentaxe da superficie corporal corresponde á extremidade inferior esquerda?
- 18%.
- 9%.
- 36%.
- 1%.
Respuesta correcta: a)
Cal é un tipo de sonda rectal?
- Foley.
- Malecot.
- Levin.
- Todas as respostas son incorrectas.
Respuesta correcta: d)
O instrumental que oclúe de forma provisoria os vasos sanguíneos chámase:
- De hemostasia.
- De disección.
- De aprehensión.
- De exposición.
Respuesta correcta: a)
Na hixiene do cordón umbilical. Sinale a resposta correcta:
- Realizarase a desinfección con alcol de 96º.
- Ao realizar o baño non se debe somerxer.
- Manter o cordón limpo e seco en todo momento.
- As respostas B e C son correctas.
Respuesta correcta: d)
Cando está contraindicado a administración dun enema de limpeza?
- Antes dunha exploración radiolóxica.
- Obstrución intestinal.
- Impactación fecal.
- Antes e despois do parto.
Respuesta correcta: b)
Cal das seguintes enfermidades mentais é unha neurose?
- Esquizofrenia.
- Trastorno de conversión.
- Trastorno bipolar.
- Demencia.
Respuesta correcta: b)
Os/as pacientes terminais divídense en:
- Adolescentes e adultos/as.
- Nenos/as, adolescentes e adultos/as.
- Neonatos, lactantes, nenos/as, adolescentes, adultos/as e anciáns/ás.
- Adolescentes e anciáns/ás.
Respuesta correcta: c)
A finalidade xeral da hixiene busca:
- Conservar a integridade da pel.
- Estimular a circulación sanguínea.
- Mellorar o seu confort e benestar.
- Todas as respostas son correctas.
Respuesta correcta: d)
Con cal destes síntomas non está indicada a oxixenoterapia?
- Ortopnea.
- Cianose.
- Eupnea.
- Disnea.
Respuesta correcta: c)
Entre as vantaxes da lactación materna atópanse todas as seguintes excepto:
- O leite ten unha temperatura adecuada independentemente do momento da lactación.
- Contén anticorpos.
- Aumenta a frecuencia de trastornos gastrointestinais.
- Diminúe a tendencia á sobrealimentación.
Respuesta correcta: c)
Parte específica · preguntas teóricas de reserva
Cal é o trastorno mental no que unha persoa, deliberadamente causa lesión, enfermidade ou trastorno a outra persoa ou a si mesmo?
- Síndrome de Reye.
- Síndrome de Brugada.
- Síndrome de Munchhausen.
- Síndrome de Cotard.
Respuesta correcta: c)
Cal das seguintes afirmacións non é correcta respecto da toma de temperatura corporal?
- Secar a axila do paciente cunha gasa, xa que a humidade falsea o rexistro.
- Colocar o bulbo do termómetro na axila do paciente, cruzar o seu antebrazo sobre o tórax e esperar o tempo necesario.
- Na boca colócase o bulbo do termómetro debaixo da lingua do paciente.
- No caso de que o paciente estea axitado, tomarase a temperatura na boca.
Respuesta correcta: d)
Das seguintes drenaxes, cal ten tres luces?
- Saratoga.
- Jackson-Pratt.
- Abramson.
- Redón.
Respuesta correcta: c)
Cando realizamos unha desinfección concomitante?
- Ao alta do paciente ingresado.
- Cando o paciente permanece ingresado.
- Ao exitus do paciente.
- Todas as respostas son correctas.
Respuesta correcta: b)
Sinale a resposta falsa respecto ao enfermo terminal:
- O/A paciente terminal ten dereito a morrer en paz e con dignidade.
- A medida que a enfermidade avanza, empréganse máis medidas curativas.
- Os/as nenos/as entre 5 e 7 anos entenden a morte coma un castigo.
- A persoa adulta nunca debe verse coma unha persoa illada.
Respuesta correcta: b)
Parte específica · supuestos prácticos
Ana ingresa na planta de obstetricia. Qué factores de risco a predispoñen a padecer unha enfermidade nosocomial?
- Malnutrición.
- Patoloxías de base.
- Sondaxe urinaria.
- Todos son factores de risco.
Respuesta correcta: d)
Raúl Peña está ingresado na planta de pneumoloxía; acode a facer unha radiografía. Dipoñémonos a facerlle a cama nese momento. Que tipo de cama é?
- Cama aberta desocupada.
- Cama pechada.
- Cama aberta ocupada.
- Cama aberta vacía.
Respuesta correcta: a)
Antes dunha intervención cirúrxica, o técnico en coidados auxiliares de enfermaría debe:
- Comprobar o bo funcionamento do material e aparellos.
- Comprobar a correcta esterilización do instrumental e material.
- Comprobar a iluminación e ventilación.
- Todas as respostas son correctas.
Respuesta correcta: d)
Se nos atopamos a unha persoa inconsciente cunha otrorraxia. Como o trasladaríamos ao hospital máis próximo?
- En posición de seguridade sobre o oido que sangra.
- En decúbito supino.
- En posición de seguridade e taponamos o oido que sangra.
- En posición de seguridade cara ao lado contrario do oido que sangra.
Respuesta correcta: a)
Vostede traballa no servizo de Medicina Interna. No lavado dun paciente encamado, observa que a pel se agreta a nivel da epiderme e a derme. En que estadío ou grao encadramos esta úlcera por presión?
- Primeiro grao ou estadío.
- Segundo grao ou estadío.
- Terceiro grao ou estadío.
- Cuarto grao ou estadío.
Respuesta correcta: b)
Ao paciente da habitación 605 vacíaselle a bolsa de ouriños; ten unha diurese de 1.500cc. Onde depositas dito residuo?
- Contedor ríxido clase III, por ser maior de 100 cc.
- No W.C.
- Nunha bolsa opaca ben pechada hermeticamente.
- Ningunha resposta é correcta.
Respuesta correcta: b)
Cando non é posible a lactación materna, recórrese á administración de fórmulas adaptadas para a alimentación do/da lactante. Como actuaría o/a técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría para preparar o biberón?
- Lavarse as mans e porse as luvas.
- Botar a auga fervida e tépeda no biberón, en función da cantidade de leite que hai que preparar e a idade do neno/a.
- Administralo inmediatamente despois de preparalo ou como máximo transcorrida media hora.
- Todas as respostas son correctas.
Respuesta correcta: d)
Que coidados físicos deben aplicarse no enfermo terminal?
- Hixiene, alimentación, eliminación, descanso, soño, alivio de síntomas e procedementos asistenciais de rutina.
- Hixiene, procedementos asistenciais de rutina, medicación oral e informar á familia.
- Hixiene, medicación oral e informar ao persoal de enfermaría e á familia.
- Hixiene, medicación oral, informar ao persoal médico e familia.
Respuesta correcta: a)
Paula é unha técnica en coidados auxiliares de enfermaría da planta de Obstetricia. Indícanlle que ten que recoller unha urina de 24 horas a unha paciente para determinar unha proteinuria. Sinale a actuación incorrecta:
- Conservar a mostra en frío.
- Incluír a primera micción do día seguinte.
- Informar á paciente sobre o procedemento.
- Débese incluír a primeira micción da mañá.
Respuesta correcta: d)
María traballa como técnico en coidados auxiliares de enfermaría no servizo de Medicina Interna, ten que lavarlle o cabelo a Rosa, unha anciá encamada. En que posición poñerá á paciente para realizar esta tarefa?
- Posición de Trendelemburg.
- Posición de Sims.
- Posición de Litotomía.
- Posición de Proetz.
Respuesta correcta: d)
No servizo de medicina interna ingresa José Domínguez de 83 anos de idade, procedente da unidade de coidados intensivos, tras permanecer nela durante vinte días. Á hora de facer ás mobilizacións ao/á paciente, o/a técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría:
- Non terá en conta o seu nivel de consciencia.
- Non intentará que o/a paciente colabore.
- Empregará os músculos das coxas e das pernas, evitando os músculos das costas.
- Farao sempre con dous/dúas celadores/as ou con dous/dúas técnicos/as en coidados auxiliares de enfermaría.
Respuesta correcta: c)
Andrea torceuse un nocello. Cal non será unha actuación correcta pola nosa banda?
- Colocar compresas frías.
- Repouso e elevación do membro lesionado.
- Intentar reducir a torcedura.
- Efectuar unha vendaxe de presión.
Respuesta correcta: c)
Xoan é un paciente que acode a Urxencias e vostede como técnico en coidados auxiliares de enfermaría observa unha incapacidade para respirar e incremento no esforzo cando está en posición horizontal ou deitado. Que nome recibiría?
- Eupnea.
- Taquipnea.
- Ortopnea.
- Respiración estertorosa.
Respuesta correcta: c)
Entre as funciones do técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría que traballa na área de psiquiatría, non se atopa:
- Coidado a persoas, familiares e comunidade con problemas de saúde mental.
- Fomentar o coidado persoal e a saúde, hixiene, alimentación e o exercicio físico.
- Realizar intervencións psicoterapeuticas individuais ou en grupo.
- Ensinanza de aspectos da saúde mental a outros traballadores.
Respuesta correcta: c)
Cando se anota na folla de observacións de Xoán, paciente ingresado en Uroloxía, presenta febrícula. Que cifras de temperatura indican esa situación?
- 36-37 °C.
- 37,1-37,9 °C.
- 38-38,4 °C.
- 38,5-39 °C.
Respuesta correcta: b)
Xosé ten 89 anos, vive coa súa filla, que traballa mañá e tarde; o seu poder adquisitivo é precario. Xosé padece hipertensión aguda, é insulino dependente; e sofre xordeira que o illa socialmente. Cales son os principais indicadores de malnutrición no ancián?
- Alcolismo, síndrome de mala absorción, osteoporose e baixo peso.
- Perda de peso de máis de 5 kg, inxesta alimentaria inadecuada, baixo peso/sobrepeso, osteoporose e cambio de estado.
- Alcolismo, deterioración cognitiva, síndrome de mala absorción.
- Deshidratación, perda de máis de 7 kg, deterioración cognitiva e cambios no hábito intestinal.
Respuesta correcta: b)
Un/unha paciente, que se vai operar de apendicite, di que ten sede. Cal é a actuación correcta?
- Avisar ao persoal de enfermaría, a ver se se pode aumentar a velocidade do soro.
- Darlle un pouco de auga.
- Darlle un pouco de zume.
- Son correctas as respostas Be C.
Respuesta correcta: a)
Traballando na súa quenda, a/o enfermeira/o dille que o médico/a encargado de Xulio, ordena administrar un fármaco vía rectal. Vostede técnico en coidados auxiliares de enfermaría debe saber, se é posible, en que posición se debe colocar ao paciente:
- Decúbito supino.
- Decúbito prono.
- Decúbito lateral esquerdo.
- Decúbito lateral dereito.
Respuesta correcta: c)
Mario é un neonato, ao que temos que realizarlle o seu baño diario. Indique a técnica incorrecta:
- Fregar a pel suavemente para disolver a vérmix caseosa.
- Usar un xabón neutro.
- Manter unha temperatura ambiente entre os 23 °C - 25 °C.
- Secar a pel mediante unha lixeira presión.
Respuesta correcta: a)
Ana ten que asear a Manuel, que debido á súa patoloxía non pode realizalo por si mesmo. En que orde realizarase o baño a Manuel?
- Cara, brazos e mans, tórax, abdome, extremidades inferiores, rexión xenital, costas e nádegas.
- Brazos e mans, cara, tórax, abdome, extremidades inferiores, costas e nádegas, rexión xenital.
- Cara, brazos e mans, tórax, abdome, extremidades inferiores, costas e nádegas, rexión xenital.
- Cara, brazos e mans, costas e nádegas, tórax, abdome, extremidades inferiores, rexión xenital.
Respuesta correcta: c)
Por que debemos permitir que o/a paciente participe dos seus propios coidados?
- Porque así aumenta a súa autoestima e autoimaxe.
- Porque o/a paciente sempre o fará mellor que nós.
- Porque así nos quita un pouco de traballo.
- Ningunha resposta é correcta.
Respuesta correcta: a)
Vostede atópase traballando e ordénaselle que lle poña a un paciente aplicacións quentes, para lograr?
- Causar anestesia local.
- Diminuír o metabolismo celular.
- Aumentar a supuración.
- Reducir a temperatura.
Respuesta correcta: c)
Na planta onde traballamos a supervisora pídenos colaboración para facer un estudo sobre a relación entre o número de infeccións e o número de pacientes de risco expresado en porcentaxe. O estudo fai referencia a:
- Incidencia.
- Infección.
- Prevalencia.
- Prevención.
Respuesta correcta: c)
Para poñer en marcha os coidados post mortem, é necesario que o/a técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e o resto do persoal que os leve a cabo, empregue as luvas, bata, máscara e gorro:
- Cando a enfermidade do/da paciente fose contaxiosa.
- Cada hospital ten o seu propio protocolo.
- Sempre.
- Cando o indique o persoal médico ou o persoal de enfermaría.
Respuesta correcta: c)
Atopámonos ante un aviso de emerxencia na 3ª planta do hospital; o accidente pode ser controlado e dominado de forma sinxela e rápida polo persoal e medios de protección da planta. Como clasificamos esta emerxencia?
- Conato de emerxencia.
- Emerxencia parcial.
- Emerxencia xeral.
- Ningunha resposta é correcta.
Respuesta correcta: a)
Traballando vostede na planta de Oncoloxía, observa que o paciente, non cre que o diagnóstico que se lle corrobora sexa certo. Como se denomina o mecanismo de defensa empregado?
- Negación.
- Compensación.
- Proxección.
- Regresión.
Respuesta correcta: a)
Se ten que realiza a manobra de Heimlich, a que nos estamos referindo?
- Manobra de resucitación.
- Manobra de obstrución da vía aérea.
- Manobra de diminución da frecuencia cardíaca.
- Manobra de desobstrución da vía aérea.
Respuesta correcta: d)
Ana acode ao seu centro de saúde. O seu médico recoméndalle, entre outras cousas, autoexplorarse os peitos. Que tipo de prevención sería?
- Cuaternaria.
- Secundaria.
- Terciaria.
- Primaria.
Respuesta correcta: b)
Edelmiro non pode deixar de comer terra, o seu médico dixólle que ten un trastorno de Pica. Que nome recibe devandito trastorno en relación coa substancia inxerida?
- Tricofaxia.
- Coprofaxia.
- Geofaxia.
- Geomelofaxia.
Respuesta correcta: c)
Cando un paciente ingresado en Pneumoloxía cun aumento das secrecións bronquiais, observamos que ao respirar emite ruídos roncantes anormais. De que tipo de respiración se trata?
- Respiración de Biot.
- Respiración estertorosa.
- Respiración de Bouchut.
- Respiración de Cheyne-Stokes.
Respuesta correcta: b)
Como profesional sanitario, vostede debe saber que pode romper o segredo profesional:
- Nunca.
- Cando declare como testemuña nun xuízo.
- Cando haxa perigo para a saúde pública ou estea en xogo a vida de terceiras persoas.
- As respostas B e C son correctas.
Respuesta correcta: d)
Indalecio acode a unha sesión de diálise. Unha vez finalizado o tratamento, como eliminamos os filtros utilizados?
- Como residuos sanitarios non perigosos clase IIa.
- Como residuos sanitarios non perigosos clase IIb.
- Como residuos sanitarios perigosos clase III.
- Como resiudos sanitarios perigosos clase IV.
Respuesta correcta: a)
Como procedemos a realizar os primeiros auxilios ante unha sospeita dunha hemorraxia interna?. Sinale a resposta incorrecta.
- Cubrir cunha manta.
- Non dar nunca nada por vía oral.
- Facer presión directa sobre a hemorraxia.
- Controlar a respiración e o pulso.
Respuesta correcta: c)
Fernando sae do quirófano e pasa á sala de reanimación. Onde se coloca o profesional encargado de trasladar ao paciente?
- Aos pés da cama, empuxando a cama.
- Na cabeceira da cama, empuxando a cama.
- Na cabeceira da cama, tirando da cama.
- É indiferente o lugar no que se sitúe.
Respuesta correcta: a)
Que elementos son imprescindibles para acadar unha boa comunicación co/ca enfermo/a terminal e a súa familia?
- Saber escoitar.
- Respecto aos xuízos confidenciais e crenzas do/da paciente e familiares.
- Ningunha resposta é correcta.
- As respostas A e B son correctas.
Respuesta correcta: d)
José acode ao servizo de urxencias cunha dor no cuadrante superior do abdome. Que estruturas comprende dito cuadrante?
- Epigastrio e hipocondrios.
- Vacíos e epigastrio.
- Fosas ilíacas e hipocondrios.
- As respostas A e B son correctas.
Respuesta correcta: a)
No plan de coidados dun paciente con esquizofrenia, entre os obxectivos de enfermaría non se encontra:
- Asegurar un medio ambiente de seguridade para o enfermo.
- Orientar ao enfermo na realidade.
- Avaliar as manifestacións sómaticas e tratalas.
- Axudar ao enfermo a superar a súa conduta regresiva.
Respuesta correcta: c)
Vostede como técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría ten que recoller unha mostra de esputo. Sinale a resposta incorrecta:
- Recollerase á primeira hora da mañá.
- Pode conservarse a temperatura ambiente.
- Débese obter un volume entre 5 e 10 ml.
- Débese recoller nun recipiente estéril.
Respuesta correcta: b)
Axudamos á enfermeira na sondaxe vesical. Das siguientes accións, cal non debe realizar antes de empezar coa sondaxe?
- Proporcionar intimidade ao paciente.
- Lavado de mans.
- Realizar a hixiene xenital.
- Colocarse luvas estériles.
Respuesta correcta: d)
Atopámonos no quirófano de traumatoloxía, pídennos unha protese de cadeira. Como se clasifica dito material según a súa perigosidade infectiva?
- Crítico.
- Semicrítico.
- Non crítico.
- Ningunha resposta é correcta.
Respuesta correcta: a)
A señora Josefa de 65 anos de idade, acode á consulta de cirurxía, remitida polo seu médico de atención primaria, ao presentar falta de apetito, dispepsia, cansanzo, sensación de ardor no esófago ao agacharse, dor de estómago e feces moi escuras dende fai un mes. A vostede, que traballa como técnico en coidados auxiliares de enfermaría nesa consulta, o médico dille que prepare á enferma para unha exploración física abdominal.Que é o que non faría?
- Explicarlle á enferma que vai ser examinada.
- Proporcionar luz suficiente á sala de exploracións, abrindo as cortinas e a xanela, e colocando unha luz auxiliar se non fose suficiente.
- Axudar á enferma a desvestirse.
- Instalala sobre a padiola de exploracións e cubrila cunha ou dúas sabas, deixando só descuberta a zona a explorar.
Respuesta correcta: b)
Con respecto ao/á enfermo/a terminal:
- A familia debe participar na medida das súas posibilidades.
- Débese explicar a todos os membros da familia os coidados que deben levar a cabo.
- As respostas A e B son correctas.
- Debemos conseguir resolver os seus problemas persoais.
Respuesta correcta: c)
Cal das seguintes medidas non empregaría para previr a aparición dunha úlcera por presión na zona sacra dun paciente encamado no servizo de Medicina Interna?
- Control da dieta do paciente encamado.
- Férula de arco.
- Todas as respostas son correctas.
- Ningunha resposta é correcta.
Respuesta correcta: b)
Miguel é un paciente alcohólico, que se lle presenta un conxunto de alteracións físicas e psíquicas, que lle aparecen por deixar bruscamente de tomar alcol. Que lle pasa neste momento a Miguel?
- Ten un delirium tremens.
- Ten síndrome de abstinencia.
- Ten dependecia de alcol.
- Ten un abuso de alcol.
Respuesta correcta: b)
Que actitude debemos ter ante un paciente agonizante?
- Procurar que se sinta acompañado.
- Atendelo en todas as súas necesidades básicas.
- Facer que se sinta axudado.
- Todas as respostas son correctas.
Respuesta correcta: d)
Debemos esterilizar material no Forno Pasteur a 180 °C. Cantos minutos necesita?
- 15 minutos.
- 30 minutos.
- 60 minutos.
- 120 minutos.
Respuesta correcta: b)
Pedro está ingresado na unidade de Cirurxía. Ten indicado tratamento con calor. Sinale cal das respostas é incorrecta:
- Está indicado no tratamento de abscesos, para favorecer a cicatrización.
- Está contraindicado en pacientes que toman medicación anticoagulante.
- Está indicado para diminuír o peristaltismo.
- Está indicado en dores musculares.
Respuesta correcta: c)
Xoán é un paciente ingresado con escasa mobilidade. Vostede debe saber que as zonas de maior incidencia de úlceras cando se atopa en decúbito prono son:
- Nocellos, xeonllos, costelas e ombreiros.
- Dedos do pé, cóbados, costelas e caluga.
- Glúteos, cóbados, talóns e caluga.
- Dedos do pé, xeonllos, ombreiros e fazulas. Preguntas de reserva
Respuesta correcta: d)
Parte específica · supuestos prácticos de reserva
Temos que realizar os primeiros auxilios a unha persoa que sufriu unha lipotimia. Como non debemos actuar?
- Tumbala en posición antishock.
- Afrouxarlle a ropa, para facilitarlle a respiración.
- Darlle a beber auga a pequenos grolos.
- Levala a un ambiente fresco.
Respuesta correcta: c)
Alfredo ingresa na habitación 207 diagnosticado de rubéola. Que illamento necesita?
- Cutáneo.
- Respiratorio.
- Inverso.
- Non precisa illamento.
Respuesta correcta: b)
Andrés é un paciente psíquiatrico que esta en estado de agresividade, o médico Índicanos realizar unha contención mecánica. Cal será o número óptimo de persoas necesarias para levala a cabo?
- 3 persoas.
- 5 persoas.
- 2 persoas.
- 7 persoas.
Respuesta correcta: b)
Que aspectos teremos en conta na relación cos familiares do paciente?
- Reforzar os puntos fortes da familia.
- Evitar tópicos e consellos vagos.
- Manter á familia informada sobre os coidados que recibe o/a paciente, horarios de información médica, etc.
- Todas as respostas son correctas.
Respuesta correcta: d)
Procedemos a realizar a hixiene da boca dun enfermo inconsciente. Cal dos seguintes procedementos non é correcto?
- Valorar e limpar, lingua, enxivas, dentes e labios.
- Se ten prótese dental, limpar e volver colocar na boca.
- Colocalo en posición de Fowler coa cabeza de lado, se non hai contraindicación.
- Secar ben os beizos e aplicar vaselina.
Respuesta correcta: b)
Parte común
A Lei 14/1986 do 25 de abril, xeral de sanidade, establece no seu artigo 10.13, que todos teñen dereito con respecto ás distintas administracións públicas sanitarias:
- A elixir soamente o médico.
- A elixir o médico e os demáis sanitarios titulados.
- A elixir todos os profesionais que traballan no ámbito da saúde.
- Ningunha das resposta é correcta.
Respuesta correcta: b)
Indique cal dos seguintes NON constitúe un dereito colectivo do persoal estatutario, segundo o artigo 18 do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde:
- O dereito á folga.
- O dereito á libre sindicación.
- O dereito á negociación colectiva.
- O dereito á mobilidade voluntaria.
Respuesta correcta: d)
De conformidade co artigo 9 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, a función de vixilancia e control da normativa sobre prevención de riscos laborais corresponde a:
- Instituto Nacional da Seguridade Social.
- Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
- Tesourería Xeral da Seguridade Social.
- Inspección de Traballo e Seguridade Social.
Respuesta correcta: d)
A Constitución española de 1978, establece no seu artigo 41, que os poderes públicos manterán:
- Un réxime público de seguridade social para todos os españois.
- Un réxime público de seguridade social para todos os cidadáns.
- Un réxime público ou privado de seguridade social para todos os españois.
- Un réxime público ou privado de seguridade social para todos os cidadáns.
Respuesta correcta: b)
Indique cales das seguintes son retribucións básicas do persoal estatutario dos servizos de saúde:
- Soldo, trienios e complemento de produtividade fixa.
- Soldo, trienios e pagas extraordinarias.
- Soldo, complemento de destino e complemento específico.
- Soldo, trienios e complemento de atención continuada.
Respuesta correcta: b)
De conformidade co artigo 9 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, para poder participar nos procesos de selección de persoal estatutario fixo, será preciso reunir o seguinte requisito:
- Posuir a titulación exixida na convocatoria ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.
- Posuir a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do correspondente nomeamento.
- Non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, nos seis anos anteriores á convocatoria.
- Todas as respostas anteriores son correctas.
Respuesta correcta: d)
De conformidade co artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os interesados aos que se lles soliciten datos persoais deberán ser previamente informados:
- Das consecuencias da obtención dos datos ou da negativa a facilitalos.
- Da posibilidade de exercitar, entre outros, os dereitos de acceso e cancelación.
- Da identidade e dirección do responsable do tratamento ou, de ser o caso, do seu representante.
- Todas as respostas anteriores son correctas.
Respuesta correcta: d)
Segundo o artigo 30 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, o sistema público de saúde de Galicia é:
- Parte integrante do Sistema Nacional de Saúde.
- Un sistema independente do Sistema Nacional de Saúde.
- Un sistema independente que debe coordinarse co Sistema Nacional de Saúde.
- Ningunha das respostas é correcta.
Respuesta correcta: a)
De conformidade co artigo 2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, a provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde réxese polos seguintes principios básicos:
- Igualdade e capacidade.
- Mérito.
- Publicidade.
- Todas as respostas anteriores son correctas.
Respuesta correcta: d)
Segundo o artigo 11 do Estatuto de Autonomía de Galicia, Lei orgánica 1/1981 do 6 de abril, o Parlamento estará contituído por diputados elixidos por:
- Sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto.
- Sufraxio restrinxido.
- Sufraxio universal, igual, libre, directo e público.
- Sufraxio universal, igual, libre e indirecto.
Respuesta correcta: a)
Parte común · reserva
De conformidade co artigo 45 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, os postos de supervisor/a de área de enfermaría cóbrense polo procedemento de:
- Concurso de méritos.
- Avaliación colexiada.
- Libre designación.
- Concurso de traslados.
Respuesta correcta: c)
A Constitución española de 1978, no seu artigo 15 establece que:
- Todos os españois teñen dereito á vida e á integridade física e moral.
- Todos teñen dereito á vida e á integridade física e mental.
- Todos os españois teñen dereito á vida e á integridade física e mental.
- Todos teñen dereito á vida e á integridade física e moral.
Respuesta correcta: d)
Lengua gallega
Sinale a forma verbal incorrecta:
- El di.
- Nos vamos.
- El sabe.
- Ti dis.
Respuesta correcta: b)
Sinale a opción incorrecta:
- Tumores renais.
- Alerxia e inmunoloxía.
- Cirurxía de cabeza e pescozo.
- Cirurxía de toras.
Respuesta correcta: d)
Dos seguintes substantivos e adxectivos, sinale o feminino incorrecto:
- Xuíz/xuíza.
- Compostelán/compostelana.
- Folgazán/folgazana.
- Catalán/catalá
Respuesta correcta: b)
Sinale a opción incorrecta:
- Un libro.
- Unhos libros.
- Unha casa.
- Unhas casas.
Respuesta correcta: b)
Sinale a opción correcta:
- Abogado.
- Concexal.
- Cadeira.
- Alquiler.
Respuesta correcta: c)
Sinale a opción incorrecta:
- Lencería e vestiario.
- Agullas e xiringas.
- Vendas.
- Esparatrapo
Respuesta correcta: d)
Sinale a opción correcta:
- Décimo septimo.
- Decimo séptimo.
- Decimo octavo.
- Décimo oitavo.
Respuesta correcta: d)
Sinale a opción incorrecta:
- A sangue.
- O leite.
- A análise.
- A hepatite.
Respuesta correcta: a)
Sinale a opción correcta:
- Enxeñeiro.
- Albañel.
- Labandeiro.
- Conductor.
Respuesta correcta: a)
Sinale a opción incorrecta:
- Bronquite.
- Doazón.
- Contratura.
- Caluga.
Respuesta correcta: c)
Lengua gallega · reserva
Dos seguintes verbos, sinale o participio incorrecto:
- Pagar/pagado.
- Prender/preso.
- Dicir/dito.
- Escribir/escrito.
Respuesta correcta: a)
Sinale a opción incorrecta:
- Leis.
- Azuis.
- Textís.
- Animais.
Respuesta correcta: c)
Preguntas y respuestas de la plantilla publicadas por el Servizo Galego de Saúde. unrepasito.com no está vinculado al SERGAS.