Examen TCAE SERGAS 2016: preguntas y respuestas oficiales

Auxiliar Administrativo SERGAS: examen del 8 de noviembre. Plantilla del examen de Auxiliar Administrativo y consulta tu nota

Exámenes TCAE SERGAS › Examen 2016

Todas las preguntas del examen oficial de TCAE del SERGAS de 2016 (OPE 2014/2015), en gallego tal como se publicó, con la respuesta correcta de la plantilla oficial. Las explicaciones de cada pregunta están en la práctica.

¿Quieres saber por qué es esa la respuesta? Practica este examen con cronómetro, tu nota y la explicación de cada pregunta. Practicar gratis

Parte específica · preguntas teóricas

  1. O EPINE fai referencia a:

    1. A prevalencia de infeccións nosocomiais entéricas.
    2. A prevalencia de infeccións nosocomiais externas.
    3. A prevalencia de infeccións nosocomiais en España.
    4. As precaucións universais e de España.

    Respuesta correcta: c)

  2. Cal non é un enema de retención?

    1. Emoliente.
    2. Opaco.
    3. Evacuante.
    4. Antihelmíntico.

    Respuesta correcta: c)

  3. Cal dos seguintes factores non afecta á frecuencia respiratoria dunha persoa adulta?

    1. A alimentación.
    2. A idade.
    3. O exercicio físico.
    4. A altitude xeográfica.

    Respuesta correcta: a)

  4. O lavado xenital feminino:

    1. É indiferente como se realice.
    2. Lavarase en sentido de diante cara atrás.
    3. Lavarase en círculos.
    4. Lavarase en sentido de atrás cara adiante.

    Respuesta correcta: b)

  5. Cal é a dieta apropiada nun ancián desnutrido e con úlceras por presión?

    1. Dieta branda, pobre en glúcidos e hiposódica.
    2. Dieta hiperproteica, pobre en glúcidos e hipersódica.
    3. Dieta branda, hipercalórica e hiperproteica.
    4. Dieta normal, pobre en sal e hipercalórica.

    Respuesta correcta: c)

  6. O WORD, como procesador de texto:

    1. Só traballa con letras e números.
    2. Serve para calcular e realizar operacións de cálculo automaticamente.
    3. É unha ferramenta máis de Microsoft Office.
    4. Só permite corrixir textos ao final do documento.

    Respuesta correcta: c)

  7. Os produtos químicos que inhiben o crecemento das bacterias denomínanse:

    1. Antisépticos.
    2. Bactericidas.
    3. Germicidas.
    4. Ningunha resposta é correcta.

    Respuesta correcta: d)

  8. Que artigo do Capítulo III da Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente establece que: Toda persoa ten dereito a que se respecte o carácter confidencial dos datos referentes á súa saúde, e a que ninguén poida acceder a eles sen previa autorización amparada pola lei?

    1. Artigo 11.
    2. Artigo 7.
    3. Artigo 15.
    4. Artigo 5.

    Respuesta correcta: b)

  9. Que condicións debe ter a habitación dun paciente?

    1. Debe ter luz directa do sol, a ser posible.
    2. Tranquila e sen ruidos.
    3. De fácil ventilación.
    4. Todas as respostas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  10. Que factores predispoñen ou determinan a aparición de úlceras por presión?

    1. Exóxenos e intrínsecos.
    2. Endóxenos e intrínsecos.
    3. Extrínsecos e intrínsecos.
    4. Extrínsecos e endóxenos.

    Respuesta correcta: c)

  11. Na RCP básica en adultos. Cal é a secuencia compresión/ventilación recomendada para un só reanimador?

    1. 15/2.
    2. 15/1.
    3. 30/2.
    4. 10/2.

    Respuesta correcta: c)

  12. Define plano saxital:

    1. O formado polos eixes lonxitudinal e saxital.
    2. O formado polo cruce do eixe transversal e saxital.
    3. A unión do eixe lonxitudinal e transversal.
    4. As respostas A e B son correctas.

    Respuesta correcta: a)

  13. A rotación ou xiro do antebrazo, que coloca a palma da man cara atrás ou cara abaixo e o dorso cara arriba, denomínase:

    1. Pronación.
    2. Supinación.
    3. Flexión.
    4. As respostas A e C son correctas.

    Respuesta correcta: a)

  14. Cal das seguintes localizacións dános unha medición máis exacta na temperatura corporal?

    1. A axilar.
    2. O recto.
    3. A boca.
    4. A vaxina.

    Respuesta correcta: b)

  15. A dieta hiperproteica está indicada en caso de:

    1. Anemias.
    2. Queimaduras.
    3. Úlceras por presión.
    4. Todas as respostas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  16. A eficiencia é:

    1. A cantidade de melloría do estado de saúde dunha poboación cunha práctica determinada.
    2. A relación entre as necesidades dunha poboación e a atención recibida.
    3. A satisfacción do paciente ante unha situación.
    4. A consecución dun nivel de calidade determinado ao menor custo posible.

    Respuesta correcta: d)

  17. Que método debe utilizarse para a limpeza do instrumental de microcirurxía, ofltalmoloxía e en xeral pequenos instrumentos?

    1. Ultrasóns.
    2. Formaldehido.
    3. Glutaraldehido.
    4. As respostas B e C son correctas.

    Respuesta correcta: a)

  18. Nunha tenda de osíxeno, mantendo un fluxo de 15 litros por minuto, obtéñense concentracións de osíxeno do:

    1. 30%-40%.
    2. 20%-30%.
    3. 50%-60%.
    4. 40%-50%.

    Respuesta correcta: c)

  19. Unha das características do frío sobre o organismo é:

    1. O seu efecto antihemorráxico.
    2. O seu efecto anestésico.
    3. O seu efecto adstrinxente.
    4. Todas as respostas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  20. Que mostras non se conservan na neveira antes de envialas ao laboratorio?

    1. LCR.
    2. Hemocultivos.
    3. Exudados.
    4. Ningunha das mostras anteriores se garda en neveira.

    Respuesta correcta: d)

  21. No proceso de formación de úlceras de decúbito, a isquemia prodúcese despois de ocorrer:

    1. O arroibamento da pel.
    2. A dor.
    3. A presión prolongada da zona.
    4. A ruptura da pel.

    Respuesta correcta: c)

  22. Cal é o obxectivo fundamental da educación sanitaria?

    1. Aumentar os coñecementos da poboación.
    2. Modificar os comportamentos.
    3. Diminuír a morbilidade.
    4. Aumentar a morbilidade.

    Respuesta correcta: b)

  23. Respecto aos graos de eficacia das medidas de prevención das infeccións nosocomiais, o emprego de guantes está incluído na categoría:

    1. Grao I, eficacia probada.
    2. Grao II, eficacia lóxica.
    3. Grao III, eficacia dubidosa.
    4. Ningunha resposta é correcta.

    Respuesta correcta: a)

  24. A franxa de idade que require máis recursos hospitalarios é a comprendida por:

    1. Os adolescentes.
    2. Os primeiros e os últimos anos de vida.
    3. A puberdade.
    4. A idade adulta.

    Respuesta correcta: b)

  25. Os restos anatómicos humanos de escasa entidade, procedentes de actividades sanitarias pentencen a:

    1. Residuos sanitarios non perigosos clase II a.
    2. Residuos sanitarios non perigosos clase II b.
    3. Residuos sanitarios perigosos clase III.
    4. Residuos sanitarios perigosos clase IV.

    Respuesta correcta: a)

  26. Das seguintes vacinas, cal está totalmente contraindicada no embarazo?

    1. Polio.
    2. Triple vírica.
    3. Hib.
    4. Gripe.

    Respuesta correcta: b)

  27. O proceso de formación de úlceras por presión é:

    1. Erosión, vesícula e eritema.
    2. Eritema, vesícula e erosión.
    3. Hiperoxia, erosión e eritema.
    4. Hipoxia, erosión e eritema.

    Respuesta correcta: b)

  28. A relación coidar-sanar implica o desenvolvemento e a utilización de cualidades como:

    1. Empatía e calidez.
    2. Amor e respecto.
    3. Compaixón e comunicación.
    4. Todas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  29. Cales son os estadios do proceso de morrer?

    1. Período de negación.
    2. Período de aceptación.
    3. Período de depresión.
    4. Todas as respostas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  30. Cal é a función do Marco de Balkan?

    1. Suxeitar poleas e equipos de tracción.
    2. Suxeitar o trapecio, para que o paciente poida axudarse na súa mobilización.
    3. Suxeitar OS soros.
    4. As respostas A e B son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  31. Segundo NAHAS, a clasificación das drogas, en relación coas súas características famacolóxicas, o tabaco entra dentro de:

    1. Grupo de opiáceos.
    2. Grupo psicoestimulantes maiores.
    3. Grupo de solventes.
    4. Grupo de psicoestimulantes menores.

    Respuesta correcta: d)

  32. Cales son as características clínicas da demencia?

    1. Deterioro das funcións intelectuais.
    2. Comportamento e afectividade.
    3. As respostas A e B son correctas.
    4. Ningunha resposta é correcta.

    Respuesta correcta: a)

  33. O período prodrómico dunha enfermidade transmisible caracterízase por:

    1. A aparición de síntomas e sinais que definen a enfermidade.
    2. Paciente asintomático, pero acompañado de alteracións nos datos analíticos.
    3. Aparición de sinais inespecíficas de carácter xeral.
    4. A aparición de gran número de persoas infectadas.

    Respuesta correcta: c)

  34. De que forma podemos aplicar desinfectantes?

    1. Inmersión.
    2. Loción.
    3. Pulverización.
    4. Todas as respostas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  35. Os residuos de vacinas con axentes vivos ou atenuados, a que clase de residuos pertencen?

    1. Residuos sanitarios perigosos clase II.
    2. Residuos sanitarios perigosos clase III.
    3. Residuos sanitarios perigosos clase IV.
    4. Residuos sanitarios perigosos clase V.

    Respuesta correcta: b)

  36. Despois da extracción dunha mostra de LCR, en qué posición colocaremos ao paciente?

    1. Decúbito ventral sen almofada.
    2. Decúbito supino sen almofada.
    3. Fowler modificada.
    4. Como o paciente se sinta mais cómodo.

    Respuesta correcta: b)

  37. Non é unha aplicación de calor seca:

    1. Bolsa de auga quente.
    2. Baño de parafina.
    3. Fomentos.
    4. Quentador eléctrico.

    Respuesta correcta: c)

  38. O instrumental que permite suxeitar os campos cirúrxicos denomínase:

    1. De sutura.
    2. De talla ou campo.
    3. De hemostasia.
    4. De aprehensión.

    Respuesta correcta: b)

  39. Que método utilizaremos para esterilizar material de caucho?

    1. Calor seco en estufa Poupinel.
    2. Por óxido de etileno.
    3. Con hipoclorito sódico.
    4. Con ultrasóns.

    Respuesta correcta: b)

  40. Segundo a regra de Wallace, que porcentaxe da superficie corporal corresponde á extremidade inferior esquerda?

    1. 18%.
    2. 9%.
    3. 36%.
    4. 1%.

    Respuesta correcta: a)

¿Quieres saber por qué es esa la respuesta? Practica este examen con cronómetro, tu nota y la explicación de cada pregunta. Practicar gratis
  1. Cal é un tipo de sonda rectal?

    1. Foley.
    2. Malecot.
    3. Levin.
    4. Todas as respostas son incorrectas.

    Respuesta correcta: d)

  2. O instrumental que oclúe de forma provisoria os vasos sanguíneos chámase:

    1. De hemostasia.
    2. De disección.
    3. De aprehensión.
    4. De exposición.

    Respuesta correcta: a)

  3. Na hixiene do cordón umbilical. Sinale a resposta correcta:

    1. Realizarase a desinfección con alcol de 96º.
    2. Ao realizar o baño non se debe somerxer.
    3. Manter o cordón limpo e seco en todo momento.
    4. As respostas B e C son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  4. Cando está contraindicado a administración dun enema de limpeza?

    1. Antes dunha exploración radiolóxica.
    2. Obstrución intestinal.
    3. Impactación fecal.
    4. Antes e despois do parto.

    Respuesta correcta: b)

  5. Cal das seguintes enfermidades mentais é unha neurose?

    1. Esquizofrenia.
    2. Trastorno de conversión.
    3. Trastorno bipolar.
    4. Demencia.

    Respuesta correcta: b)

  6. Os/as pacientes terminais divídense en:

    1. Adolescentes e adultos/as.
    2. Nenos/as, adolescentes e adultos/as.
    3. Neonatos, lactantes, nenos/as, adolescentes, adultos/as e anciáns/ás.
    4. Adolescentes e anciáns/ás.

    Respuesta correcta: c)

  7. A finalidade xeral da hixiene busca:

    1. Conservar a integridade da pel.
    2. Estimular a circulación sanguínea.
    3. Mellorar o seu confort e benestar.
    4. Todas as respostas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  8. Con cal destes síntomas non está indicada a oxixenoterapia?

    1. Ortopnea.
    2. Cianose.
    3. Eupnea.
    4. Disnea.

    Respuesta correcta: c)

  9. Entre as vantaxes da lactación materna atópanse todas as seguintes excepto:

    1. O leite ten unha temperatura adecuada independentemente do momento da lactación.
    2. Contén anticorpos.
    3. Aumenta a frecuencia de trastornos gastrointestinais.
    4. Diminúe a tendencia á sobrealimentación.

    Respuesta correcta: c)

Parte específica · preguntas teóricas de reserva

  1. Cal é o trastorno mental no que unha persoa, deliberadamente causa lesión, enfermidade ou trastorno a outra persoa ou a si mesmo?

    1. Síndrome de Reye.
    2. Síndrome de Brugada.
    3. Síndrome de Munchhausen.
    4. Síndrome de Cotard.

    Respuesta correcta: c)

  2. Cal das seguintes afirmacións non é correcta respecto da toma de temperatura corporal?

    1. Secar a axila do paciente cunha gasa, xa que a humidade falsea o rexistro.
    2. Colocar o bulbo do termómetro na axila do paciente, cruzar o seu antebrazo sobre o tórax e esperar o tempo necesario.
    3. Na boca colócase o bulbo do termómetro debaixo da lingua do paciente.
    4. No caso de que o paciente estea axitado, tomarase a temperatura na boca.

    Respuesta correcta: d)

  3. Das seguintes drenaxes, cal ten tres luces?

    1. Saratoga.
    2. Jackson-Pratt.
    3. Abramson.
    4. Redón.

    Respuesta correcta: c)

  4. Cando realizamos unha desinfección concomitante?

    1. Ao alta do paciente ingresado.
    2. Cando o paciente permanece ingresado.
    3. Ao exitus do paciente.
    4. Todas as respostas son correctas.

    Respuesta correcta: b)

  5. Sinale a resposta falsa respecto ao enfermo terminal:

    1. O/A paciente terminal ten dereito a morrer en paz e con dignidade.
    2. A medida que a enfermidade avanza, empréganse máis medidas curativas.
    3. Os/as nenos/as entre 5 e 7 anos entenden a morte coma un castigo.
    4. A persoa adulta nunca debe verse coma unha persoa illada.

    Respuesta correcta: b)

Parte específica · supuestos prácticos

  1. Ana ingresa na planta de obstetricia. Qué factores de risco a predispoñen a padecer unha enfermidade nosocomial?

    1. Malnutrición.
    2. Patoloxías de base.
    3. Sondaxe urinaria.
    4. Todos son factores de risco.

    Respuesta correcta: d)

  2. Raúl Peña está ingresado na planta de pneumoloxía; acode a facer unha radiografía. Dipoñémonos a facerlle a cama nese momento. Que tipo de cama é?

    1. Cama aberta desocupada.
    2. Cama pechada.
    3. Cama aberta ocupada.
    4. Cama aberta vacía.

    Respuesta correcta: a)

  3. Antes dunha intervención cirúrxica, o técnico en coidados auxiliares de enfermaría debe:

    1. Comprobar o bo funcionamento do material e aparellos.
    2. Comprobar a correcta esterilización do instrumental e material.
    3. Comprobar a iluminación e ventilación.
    4. Todas as respostas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  4. Se nos atopamos a unha persoa inconsciente cunha otrorraxia. Como o trasladaríamos ao hospital máis próximo?

    1. En posición de seguridade sobre o oido que sangra.
    2. En decúbito supino.
    3. En posición de seguridade e taponamos o oido que sangra.
    4. En posición de seguridade cara ao lado contrario do oido que sangra.

    Respuesta correcta: a)

  5. Vostede traballa no servizo de Medicina Interna. No lavado dun paciente encamado, observa que a pel se agreta a nivel da epiderme e a derme. En que estadío ou grao encadramos esta úlcera por presión?

    1. Primeiro grao ou estadío.
    2. Segundo grao ou estadío.
    3. Terceiro grao ou estadío.
    4. Cuarto grao ou estadío.

    Respuesta correcta: b)

  6. Ao paciente da habitación 605 vacíaselle a bolsa de ouriños; ten unha diurese de 1.500cc. Onde depositas dito residuo?

    1. Contedor ríxido clase III, por ser maior de 100 cc.
    2. No W.C.
    3. Nunha bolsa opaca ben pechada hermeticamente.
    4. Ningunha resposta é correcta.

    Respuesta correcta: b)

  7. Cando non é posible a lactación materna, recórrese á administración de fórmulas adaptadas para a alimentación do/da lactante. Como actuaría o/a técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría para preparar o biberón?

    1. Lavarse as mans e porse as luvas.
    2. Botar a auga fervida e tépeda no biberón, en función da cantidade de leite que hai que preparar e a idade do neno/a.
    3. Administralo inmediatamente despois de preparalo ou como máximo transcorrida media hora.
    4. Todas as respostas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  8. Que coidados físicos deben aplicarse no enfermo terminal?

    1. Hixiene, alimentación, eliminación, descanso, soño, alivio de síntomas e procedementos asistenciais de rutina.
    2. Hixiene, procedementos asistenciais de rutina, medicación oral e informar á familia.
    3. Hixiene, medicación oral e informar ao persoal de enfermaría e á familia.
    4. Hixiene, medicación oral, informar ao persoal médico e familia.

    Respuesta correcta: a)

  9. Paula é unha técnica en coidados auxiliares de enfermaría da planta de Obstetricia. Indícanlle que ten que recoller unha urina de 24 horas a unha paciente para determinar unha proteinuria. Sinale a actuación incorrecta:

    1. Conservar a mostra en frío.
    2. Incluír a primera micción do día seguinte.
    3. Informar á paciente sobre o procedemento.
    4. Débese incluír a primeira micción da mañá.

    Respuesta correcta: d)

  10. María traballa como técnico en coidados auxiliares de enfermaría no servizo de Medicina Interna, ten que lavarlle o cabelo a Rosa, unha anciá encamada. En que posición poñerá á paciente para realizar esta tarefa?

    1. Posición de Trendelemburg.
    2. Posición de Sims.
    3. Posición de Litotomía.
    4. Posición de Proetz.

    Respuesta correcta: d)

  11. No servizo de medicina interna ingresa José Domínguez de 83 anos de idade, procedente da unidade de coidados intensivos, tras permanecer nela durante vinte días. Á hora de facer ás mobilizacións ao/á paciente, o/a técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría:

    1. Non terá en conta o seu nivel de consciencia.
    2. Non intentará que o/a paciente colabore.
    3. Empregará os músculos das coxas e das pernas, evitando os músculos das costas.
    4. Farao sempre con dous/dúas celadores/as ou con dous/dúas técnicos/as en coidados auxiliares de enfermaría.

    Respuesta correcta: c)

  12. Andrea torceuse un nocello. Cal non será unha actuación correcta pola nosa banda?

    1. Colocar compresas frías.
    2. Repouso e elevación do membro lesionado.
    3. Intentar reducir a torcedura.
    4. Efectuar unha vendaxe de presión.

    Respuesta correcta: c)

  13. Xoan é un paciente que acode a Urxencias e vostede como técnico en coidados auxiliares de enfermaría observa unha incapacidade para respirar e incremento no esforzo cando está en posición horizontal ou deitado. Que nome recibiría?

    1. Eupnea.
    2. Taquipnea.
    3. Ortopnea.
    4. Respiración estertorosa.

    Respuesta correcta: c)

  14. Entre as funciones do técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría que traballa na área de psiquiatría, non se atopa:

    1. Coidado a persoas, familiares e comunidade con problemas de saúde mental.
    2. Fomentar o coidado persoal e a saúde, hixiene, alimentación e o exercicio físico.
    3. Realizar intervencións psicoterapeuticas individuais ou en grupo.
    4. Ensinanza de aspectos da saúde mental a outros traballadores.

    Respuesta correcta: c)

  15. Cando se anota na folla de observacións de Xoán, paciente ingresado en Uroloxía, presenta febrícula. Que cifras de temperatura indican esa situación?

    1. 36-37 °C.
    2. 37,1-37,9 °C.
    3. 38-38,4 °C.
    4. 38,5-39 °C.

    Respuesta correcta: b)

  16. Xosé ten 89 anos, vive coa súa filla, que traballa mañá e tarde; o seu poder adquisitivo é precario. Xosé padece hipertensión aguda, é insulino dependente; e sofre xordeira que o illa socialmente. Cales son os principais indicadores de malnutrición no ancián?

    1. Alcolismo, síndrome de mala absorción, osteoporose e baixo peso.
    2. Perda de peso de máis de 5 kg, inxesta alimentaria inadecuada, baixo peso/sobrepeso, osteoporose e cambio de estado.
    3. Alcolismo, deterioración cognitiva, síndrome de mala absorción.
    4. Deshidratación, perda de máis de 7 kg, deterioración cognitiva e cambios no hábito intestinal.

    Respuesta correcta: b)

  17. Un/unha paciente, que se vai operar de apendicite, di que ten sede. Cal é a actuación correcta?

    1. Avisar ao persoal de enfermaría, a ver se se pode aumentar a velocidade do soro.
    2. Darlle un pouco de auga.
    3. Darlle un pouco de zume.
    4. Son correctas as respostas Be C.

    Respuesta correcta: a)

  18. Traballando na súa quenda, a/o enfermeira/o dille que o médico/a encargado de Xulio, ordena administrar un fármaco vía rectal. Vostede técnico en coidados auxiliares de enfermaría debe saber, se é posible, en que posición se debe colocar ao paciente:

    1. Decúbito supino.
    2. Decúbito prono.
    3. Decúbito lateral esquerdo.
    4. Decúbito lateral dereito.

    Respuesta correcta: c)

  19. Mario é un neonato, ao que temos que realizarlle o seu baño diario. Indique a técnica incorrecta:

    1. Fregar a pel suavemente para disolver a vérmix caseosa.
    2. Usar un xabón neutro.
    3. Manter unha temperatura ambiente entre os 23 °C - 25 °C.
    4. Secar a pel mediante unha lixeira presión.

    Respuesta correcta: a)

  20. Ana ten que asear a Manuel, que debido á súa patoloxía non pode realizalo por si mesmo. En que orde realizarase o baño a Manuel?

    1. Cara, brazos e mans, tórax, abdome, extremidades inferiores, rexión xenital, costas e nádegas.
    2. Brazos e mans, cara, tórax, abdome, extremidades inferiores, costas e nádegas, rexión xenital.
    3. Cara, brazos e mans, tórax, abdome, extremidades inferiores, costas e nádegas, rexión xenital.
    4. Cara, brazos e mans, costas e nádegas, tórax, abdome, extremidades inferiores, rexión xenital.

    Respuesta correcta: c)

  21. Por que debemos permitir que o/a paciente participe dos seus propios coidados?

    1. Porque así aumenta a súa autoestima e autoimaxe.
    2. Porque o/a paciente sempre o fará mellor que nós.
    3. Porque así nos quita un pouco de traballo.
    4. Ningunha resposta é correcta.

    Respuesta correcta: a)

  22. Vostede atópase traballando e ordénaselle que lle poña a un paciente aplicacións quentes, para lograr?

    1. Causar anestesia local.
    2. Diminuír o metabolismo celular.
    3. Aumentar a supuración.
    4. Reducir a temperatura.

    Respuesta correcta: c)

  23. Na planta onde traballamos a supervisora pídenos colaboración para facer un estudo sobre a relación entre o número de infeccións e o número de pacientes de risco expresado en porcentaxe. O estudo fai referencia a:

    1. Incidencia.
    2. Infección.
    3. Prevalencia.
    4. Prevención.

    Respuesta correcta: c)

  24. Para poñer en marcha os coidados post mortem, é necesario que o/a técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e o resto do persoal que os leve a cabo, empregue as luvas, bata, máscara e gorro:

    1. Cando a enfermidade do/da paciente fose contaxiosa.
    2. Cada hospital ten o seu propio protocolo.
    3. Sempre.
    4. Cando o indique o persoal médico ou o persoal de enfermaría.

    Respuesta correcta: c)

  25. Atopámonos ante un aviso de emerxencia na 3ª planta do hospital; o accidente pode ser controlado e dominado de forma sinxela e rápida polo persoal e medios de protección da planta. Como clasificamos esta emerxencia?

    1. Conato de emerxencia.
    2. Emerxencia parcial.
    3. Emerxencia xeral.
    4. Ningunha resposta é correcta.

    Respuesta correcta: a)

  26. Traballando vostede na planta de Oncoloxía, observa que o paciente, non cre que o diagnóstico que se lle corrobora sexa certo. Como se denomina o mecanismo de defensa empregado?

    1. Negación.
    2. Compensación.
    3. Proxección.
    4. Regresión.

    Respuesta correcta: a)

¿Quieres saber por qué es esa la respuesta? Practica este examen con cronómetro, tu nota y la explicación de cada pregunta. Practicar gratis
  1. Se ten que realiza a manobra de Heimlich, a que nos estamos referindo?

    1. Manobra de resucitación.
    2. Manobra de obstrución da vía aérea.
    3. Manobra de diminución da frecuencia cardíaca.
    4. Manobra de desobstrución da vía aérea.

    Respuesta correcta: d)

  2. Ana acode ao seu centro de saúde. O seu médico recoméndalle, entre outras cousas, autoexplorarse os peitos. Que tipo de prevención sería?

    1. Cuaternaria.
    2. Secundaria.
    3. Terciaria.
    4. Primaria.

    Respuesta correcta: b)

  3. Edelmiro non pode deixar de comer terra, o seu médico dixólle que ten un trastorno de Pica. Que nome recibe devandito trastorno en relación coa substancia inxerida?

    1. Tricofaxia.
    2. Coprofaxia.
    3. Geofaxia.
    4. Geomelofaxia.

    Respuesta correcta: c)

  4. Cando un paciente ingresado en Pneumoloxía cun aumento das secrecións bronquiais, observamos que ao respirar emite ruídos roncantes anormais. De que tipo de respiración se trata?

    1. Respiración de Biot.
    2. Respiración estertorosa.
    3. Respiración de Bouchut.
    4. Respiración de Cheyne-Stokes.

    Respuesta correcta: b)

  5. Como profesional sanitario, vostede debe saber que pode romper o segredo profesional:

    1. Nunca.
    2. Cando declare como testemuña nun xuízo.
    3. Cando haxa perigo para a saúde pública ou estea en xogo a vida de terceiras persoas.
    4. As respostas B e C son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  6. Indalecio acode a unha sesión de diálise. Unha vez finalizado o tratamento, como eliminamos os filtros utilizados?

    1. Como residuos sanitarios non perigosos clase IIa.
    2. Como residuos sanitarios non perigosos clase IIb.
    3. Como residuos sanitarios perigosos clase III.
    4. Como resiudos sanitarios perigosos clase IV.

    Respuesta correcta: a)

  7. Como procedemos a realizar os primeiros auxilios ante unha sospeita dunha hemorraxia interna?. Sinale a resposta incorrecta.

    1. Cubrir cunha manta.
    2. Non dar nunca nada por vía oral.
    3. Facer presión directa sobre a hemorraxia.
    4. Controlar a respiración e o pulso.

    Respuesta correcta: c)

  8. Fernando sae do quirófano e pasa á sala de reanimación. Onde se coloca o profesional encargado de trasladar ao paciente?

    1. Aos pés da cama, empuxando a cama.
    2. Na cabeceira da cama, empuxando a cama.
    3. Na cabeceira da cama, tirando da cama.
    4. É indiferente o lugar no que se sitúe.

    Respuesta correcta: a)

  9. Que elementos son imprescindibles para acadar unha boa comunicación co/ca enfermo/a terminal e a súa familia?

    1. Saber escoitar.
    2. Respecto aos xuízos confidenciais e crenzas do/da paciente e familiares.
    3. Ningunha resposta é correcta.
    4. As respostas A e B son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  10. José acode ao servizo de urxencias cunha dor no cuadrante superior do abdome. Que estruturas comprende dito cuadrante?

    1. Epigastrio e hipocondrios.
    2. Vacíos e epigastrio.
    3. Fosas ilíacas e hipocondrios.
    4. As respostas A e B son correctas.

    Respuesta correcta: a)

  11. No plan de coidados dun paciente con esquizofrenia, entre os obxectivos de enfermaría non se encontra:

    1. Asegurar un medio ambiente de seguridade para o enfermo.
    2. Orientar ao enfermo na realidade.
    3. Avaliar as manifestacións sómaticas e tratalas.
    4. Axudar ao enfermo a superar a súa conduta regresiva.

    Respuesta correcta: c)

  12. Vostede como técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría ten que recoller unha mostra de esputo. Sinale a resposta incorrecta:

    1. Recollerase á primeira hora da mañá.
    2. Pode conservarse a temperatura ambiente.
    3. Débese obter un volume entre 5 e 10 ml.
    4. Débese recoller nun recipiente estéril.

    Respuesta correcta: b)

  13. Axudamos á enfermeira na sondaxe vesical. Das siguientes accións, cal non debe realizar antes de empezar coa sondaxe?

    1. Proporcionar intimidade ao paciente.
    2. Lavado de mans.
    3. Realizar a hixiene xenital.
    4. Colocarse luvas estériles.

    Respuesta correcta: d)

  14. Atopámonos no quirófano de traumatoloxía, pídennos unha protese de cadeira. Como se clasifica dito material según a súa perigosidade infectiva?

    1. Crítico.
    2. Semicrítico.
    3. Non crítico.
    4. Ningunha resposta é correcta.

    Respuesta correcta: a)

  15. A señora Josefa de 65 anos de idade, acode á consulta de cirurxía, remitida polo seu médico de atención primaria, ao presentar falta de apetito, dispepsia, cansanzo, sensación de ardor no esófago ao agacharse, dor de estómago e feces moi escuras dende fai un mes. A vostede, que traballa como técnico en coidados auxiliares de enfermaría nesa consulta, o médico dille que prepare á enferma para unha exploración física abdominal.Que é o que non faría?

    1. Explicarlle á enferma que vai ser examinada.
    2. Proporcionar luz suficiente á sala de exploracións, abrindo as cortinas e a xanela, e colocando unha luz auxiliar se non fose suficiente.
    3. Axudar á enferma a desvestirse.
    4. Instalala sobre a padiola de exploracións e cubrila cunha ou dúas sabas, deixando só descuberta a zona a explorar.

    Respuesta correcta: b)

  16. Con respecto ao/á enfermo/a terminal:

    1. A familia debe participar na medida das súas posibilidades.
    2. Débese explicar a todos os membros da familia os coidados que deben levar a cabo.
    3. As respostas A e B son correctas.
    4. Debemos conseguir resolver os seus problemas persoais.

    Respuesta correcta: c)

  17. Cal das seguintes medidas non empregaría para previr a aparición dunha úlcera por presión na zona sacra dun paciente encamado no servizo de Medicina Interna?

    1. Control da dieta do paciente encamado.
    2. Férula de arco.
    3. Todas as respostas son correctas.
    4. Ningunha resposta é correcta.

    Respuesta correcta: b)

  18. Miguel é un paciente alcohólico, que se lle presenta un conxunto de alteracións físicas e psíquicas, que lle aparecen por deixar bruscamente de tomar alcol. Que lle pasa neste momento a Miguel?

    1. Ten un delirium tremens.
    2. Ten síndrome de abstinencia.
    3. Ten dependecia de alcol.
    4. Ten un abuso de alcol.

    Respuesta correcta: b)

  19. Que actitude debemos ter ante un paciente agonizante?

    1. Procurar que se sinta acompañado.
    2. Atendelo en todas as súas necesidades básicas.
    3. Facer que se sinta axudado.
    4. Todas as respostas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  20. Debemos esterilizar material no Forno Pasteur a 180 °C. Cantos minutos necesita?

    1. 15 minutos.
    2. 30 minutos.
    3. 60 minutos.
    4. 120 minutos.

    Respuesta correcta: b)

  21. Pedro está ingresado na unidade de Cirurxía. Ten indicado tratamento con calor. Sinale cal das respostas é incorrecta:

    1. Está indicado no tratamento de abscesos, para favorecer a cicatrización.
    2. Está contraindicado en pacientes que toman medicación anticoagulante.
    3. Está indicado para diminuír o peristaltismo.
    4. Está indicado en dores musculares.

    Respuesta correcta: c)

  22. Xoán é un paciente ingresado con escasa mobilidade. Vostede debe saber que as zonas de maior incidencia de úlceras cando se atopa en decúbito prono son:

    1. Nocellos, xeonllos, costelas e ombreiros.
    2. Dedos do pé, cóbados, costelas e caluga.
    3. Glúteos, cóbados, talóns e caluga.
    4. Dedos do pé, xeonllos, ombreiros e fazulas. Preguntas de reserva

    Respuesta correcta: d)

Parte específica · supuestos prácticos de reserva

  1. Temos que realizar os primeiros auxilios a unha persoa que sufriu unha lipotimia. Como non debemos actuar?

    1. Tumbala en posición antishock.
    2. Afrouxarlle a ropa, para facilitarlle a respiración.
    3. Darlle a beber auga a pequenos grolos.
    4. Levala a un ambiente fresco.

    Respuesta correcta: c)

  2. Alfredo ingresa na habitación 207 diagnosticado de rubéola. Que illamento necesita?

    1. Cutáneo.
    2. Respiratorio.
    3. Inverso.
    4. Non precisa illamento.

    Respuesta correcta: b)

  3. Andrés é un paciente psíquiatrico que esta en estado de agresividade, o médico Índicanos realizar unha contención mecánica. Cal será o número óptimo de persoas necesarias para levala a cabo?

    1. 3 persoas.
    2. 5 persoas.
    3. 2 persoas.
    4. 7 persoas.

    Respuesta correcta: b)

  4. Que aspectos teremos en conta na relación cos familiares do paciente?

    1. Reforzar os puntos fortes da familia.
    2. Evitar tópicos e consellos vagos.
    3. Manter á familia informada sobre os coidados que recibe o/a paciente, horarios de información médica, etc.
    4. Todas as respostas son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  5. Procedemos a realizar a hixiene da boca dun enfermo inconsciente. Cal dos seguintes procedementos non é correcto?

    1. Valorar e limpar, lingua, enxivas, dentes e labios.
    2. Se ten prótese dental, limpar e volver colocar na boca.
    3. Colocalo en posición de Fowler coa cabeza de lado, se non hai contraindicación.
    4. Secar ben os beizos e aplicar vaselina.

    Respuesta correcta: b)

Parte común

  1. A Lei 14/1986 do 25 de abril, xeral de sanidade, establece no seu artigo 10.13, que todos teñen dereito con respecto ás distintas administracións públicas sanitarias:

    1. A elixir soamente o médico.
    2. A elixir o médico e os demáis sanitarios titulados.
    3. A elixir todos os profesionais que traballan no ámbito da saúde.
    4. Ningunha das resposta é correcta.

    Respuesta correcta: b)

  2. Indique cal dos seguintes NON constitúe un dereito colectivo do persoal estatutario, segundo o artigo 18 do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde:

    1. O dereito á folga.
    2. O dereito á libre sindicación.
    3. O dereito á negociación colectiva.
    4. O dereito á mobilidade voluntaria.

    Respuesta correcta: d)

  3. De conformidade co artigo 9 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, a función de vixilancia e control da normativa sobre prevención de riscos laborais corresponde a:

    1. Instituto Nacional da Seguridade Social.
    2. Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
    3. Tesourería Xeral da Seguridade Social.
    4. Inspección de Traballo e Seguridade Social.

    Respuesta correcta: d)

  4. A Constitución española de 1978, establece no seu artigo 41, que os poderes públicos manterán:

    1. Un réxime público de seguridade social para todos os españois.
    2. Un réxime público de seguridade social para todos os cidadáns.
    3. Un réxime público ou privado de seguridade social para todos os españois.
    4. Un réxime público ou privado de seguridade social para todos os cidadáns.

    Respuesta correcta: b)

  5. Indique cales das seguintes son retribucións básicas do persoal estatutario dos servizos de saúde:

    1. Soldo, trienios e complemento de produtividade fixa.
    2. Soldo, trienios e pagas extraordinarias.
    3. Soldo, complemento de destino e complemento específico.
    4. Soldo, trienios e complemento de atención continuada.

    Respuesta correcta: b)

  6. De conformidade co artigo 9 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, para poder participar nos procesos de selección de persoal estatutario fixo, será preciso reunir o seguinte requisito:

    1. Posuir a titulación exixida na convocatoria ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.
    2. Posuir a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do correspondente nomeamento.
    3. Non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, nos seis anos anteriores á convocatoria.
    4. Todas as respostas anteriores son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  7. De conformidade co artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os interesados aos que se lles soliciten datos persoais deberán ser previamente informados:

    1. Das consecuencias da obtención dos datos ou da negativa a facilitalos.
    2. Da posibilidade de exercitar, entre outros, os dereitos de acceso e cancelación.
    3. Da identidade e dirección do responsable do tratamento ou, de ser o caso, do seu representante.
    4. Todas as respostas anteriores son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  8. Segundo o artigo 30 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, o sistema público de saúde de Galicia é:

    1. Parte integrante do Sistema Nacional de Saúde.
    2. Un sistema independente do Sistema Nacional de Saúde.
    3. Un sistema independente que debe coordinarse co Sistema Nacional de Saúde.
    4. Ningunha das respostas é correcta.

    Respuesta correcta: a)

  9. De conformidade co artigo 2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, a provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde réxese polos seguintes principios básicos:

    1. Igualdade e capacidade.
    2. Mérito.
    3. Publicidade.
    4. Todas as respostas anteriores son correctas.

    Respuesta correcta: d)

  10. Segundo o artigo 11 do Estatuto de Autonomía de Galicia, Lei orgánica 1/1981 do 6 de abril, o Parlamento estará contituído por diputados elixidos por:

    1. Sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto.
    2. Sufraxio restrinxido.
    3. Sufraxio universal, igual, libre, directo e público.
    4. Sufraxio universal, igual, libre e indirecto.

    Respuesta correcta: a)

Parte común · reserva

  1. De conformidade co artigo 45 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, os postos de supervisor/a de área de enfermaría cóbrense polo procedemento de:

    1. Concurso de méritos.
    2. Avaliación colexiada.
    3. Libre designación.
    4. Concurso de traslados.

    Respuesta correcta: c)

  2. A Constitución española de 1978, no seu artigo 15 establece que:

    1. Todos os españois teñen dereito á vida e á integridade física e moral.
    2. Todos teñen dereito á vida e á integridade física e mental.
    3. Todos os españois teñen dereito á vida e á integridade física e mental.
    4. Todos teñen dereito á vida e á integridade física e moral.

    Respuesta correcta: d)

Lengua gallega

  1. Sinale a forma verbal incorrecta:

    1. El di.
    2. Nos vamos.
    3. El sabe.
    4. Ti dis.

    Respuesta correcta: b)

¿Quieres saber por qué es esa la respuesta? Practica este examen con cronómetro, tu nota y la explicación de cada pregunta. Practicar gratis
  1. Sinale a opción incorrecta:

    1. Tumores renais.
    2. Alerxia e inmunoloxía.
    3. Cirurxía de cabeza e pescozo.
    4. Cirurxía de toras.

    Respuesta correcta: d)

  2. Dos seguintes substantivos e adxectivos, sinale o feminino incorrecto:

    1. Xuíz/xuíza.
    2. Compostelán/compostelana.
    3. Folgazán/folgazana.
    4. Catalán/catalá

    Respuesta correcta: b)

  3. Sinale a opción incorrecta:

    1. Un libro.
    2. Unhos libros.
    3. Unha casa.
    4. Unhas casas.

    Respuesta correcta: b)

  4. Sinale a opción correcta:

    1. Abogado.
    2. Concexal.
    3. Cadeira.
    4. Alquiler.

    Respuesta correcta: c)

  5. Sinale a opción incorrecta:

    1. Lencería e vestiario.
    2. Agullas e xiringas.
    3. Vendas.
    4. Esparatrapo

    Respuesta correcta: d)

  6. Sinale a opción correcta:

    1. Décimo septimo.
    2. Decimo séptimo.
    3. Decimo octavo.
    4. Décimo oitavo.

    Respuesta correcta: d)

  7. Sinale a opción incorrecta:

    1. A sangue.
    2. O leite.
    3. A análise.
    4. A hepatite.

    Respuesta correcta: a)

  8. Sinale a opción correcta:

    1. Enxeñeiro.
    2. Albañel.
    3. Labandeiro.
    4. Conductor.

    Respuesta correcta: a)

  9. Sinale a opción incorrecta:

    1. Bronquite.
    2. Doazón.
    3. Contratura.
    4. Caluga.

    Respuesta correcta: c)

Lengua gallega · reserva

  1. Dos seguintes verbos, sinale o participio incorrecto:

    1. Pagar/pagado.
    2. Prender/preso.
    3. Dicir/dito.
    4. Escribir/escrito.

    Respuesta correcta: a)

  2. Sinale a opción incorrecta:

    1. Leis.
    2. Azuis.
    3. Textís.
    4. Animais.

    Respuesta correcta: c)

¿Quieres saber por qué es esa la respuesta? Practica este examen con cronómetro, tu nota y la explicación de cada pregunta. Practicar gratis

Preguntas y respuestas de la plantilla publicadas por el Servizo Galego de Saúde. unrepasito.com no está vinculado al SERGAS.